Fracasou o goberno de Washington ao retentar a expulsión de Venezuela da Organización de Estados Americanos (OEA) pois que, para a moción prosperar, EUA precisaba o voto do 70% mais resultou que abstencións e votos en contra representaron o 44%. A OEA votaba en tempos coma un obediente “Ministerio das Colonias”, sempre a prol dos intereses do Imperio, mais dende a fronteira do novo século, non lle saen as contas.Seguir lendo EUA fracasa nun novo intento de expulsar Venezuela da OEA→
O escritor canadiano Arnold August pediu a solidariedade do Reino Unido para intensificar a loita contra o bloqueo unilateral imposto por EUA á Cuba hai máis de cinco décadas. “Once millóns de habitantes de Cuba son prisioneiros do Bloqueo estadounidense”, dixo August perante a audiencia reunida no salón Bolívar desta capital, atendendo a convocatoria da Campaña de Solidariedade con Cuba no Reino Unido.
O libro de Arnold August sobre o Bloqueo vendese sobre todo nos Estados Unidos. A versión española editada en Cuba foi un éxito na Feira Internacional do Libro da Habana.
O xornalista musical Diego Manrique, recorda nunha semblanza comovida de Ramón Chao Rego, que Cuba foi sempre interese vital para o autor Galego de a pouco finado en Barcelona. “Cuba era asunto prioritario para Ramón –explica Manrique- e só, ou de ganchete con Ignacio Ramonet, publicóu textos belixerantes sobre Cuba e globalización”. A pouco de se reformar en Radio France, onde traballara corenta anos, Ramón foi conferenciante no Conservatorio de Vigo e falando da música de Cuba, chamou ao Bloqueo peste da fulgurante criatividade artística da illa. A Ramón Chao debemos o libro Conversaciones con Alejo Carpentier (1985) fundamental para entender o valor central do compromiso coa independencia na obra do grande autor cubano, asi como o seu protagonismo na fundación do Grupo Minorista (1923) con Fernando Ortiz, Marinello, Martínez Villena, Mella e Nicolás Guillén. (A seguir reproducimos o artigo Cuba frente al Imperio (o al revés) publicado por Ramón Chao no seu Blog en abril de 2012)
O Concello da cidade estadounidense de Minneápolis, no Estado de Minnesota, requeriu do Congreso e do presidente Donald Trump o cese do bloqueo económico, comercial e financeiro contra Cuba. A resolución do goberno da cidade tamén demanda ao titular da Casa Branca o progreso da política de achegamento á illa iniciada pola seu predecesor, Barack Obama. A moción, unanimemente aprobada polos 13 membros do Concello, reclama igualmente o remate das restricións impostas aos estadounidenses para viaxar a Cuba e insta a reincorporar a diplomáticos de Estados Unidos e Cuba nas súas embaixadas de Habana e Washington, respectivamente.
O bloqueo de recursos médicos de ultima xeración, é particularmente dañino para as doentes de Cuba.
Francisco J. Jiménez, entrevista en La Opinión de A Coruña, a Mirian Almanza, revolucionaria cubana que depois de ter combatido a beira do Che, manifesta que a pegada do guerrilleiro non poderá ser ignorada, nin as súas ideas deturpadas. Nacida en Santa Clara en 1940. Almanza asegura que todo o que a humanidade faga en homenaxe ao Che é pouco “porque estamos a falar dun home irrepetibel que marcou o devir histórico en materia de xustiza social, e a dignidade das persoas”. No seu ver, a figura do Che transcendeu fronteiras xeográficas e temporais co seu exemplo revelador da necesidade de transformación social . A entrevista coa guerrilleira cubana, enmárcanse na lembranza internacional do Che ao se cumpriren 50 anos do seu asesinato pola CIA en Bolivia.