Rosalia Naveira – Terra Sen Amos
O xornalista musical Diego Manrique, recorda nunha semblanza comovida de Ramón Chao Rego, que Cuba foi sempre interese vital para o autor Galego de a pouco finado en Barcelona. “Cuba era asunto prioritario para Ramón –explica Manrique- e só, ou de ganchete con Ignacio Ramonet, publicóu textos belixerantes sobre Cuba e globalización”. A pouco de se reformar en Radio France, onde traballara corenta anos, Ramón foi conferenciante no Conservatorio de Vigo e falando da música de Cuba, chamou ao Bloqueo peste da fulgurante criatividade artística da illa. A Ramón Chao debemos o libro Conversaciones con Alejo Carpentier (1985) fundamental para entender o valor central do compromiso coa independencia na obra do grande autor cubano, asi como o seu protagonismo na fundación do Grupo Minorista (1923) con Fernando Ortiz, Marinello, Martínez Villena, Mella e Nicolás Guillén. (A seguir reproducimos o artigo Cuba frente al Imperio (o al revés) publicado por Ramón Chao no seu Blog en abril de 2012)
![](https://terrasenamos.org/wp-content/uploads/2018/05/chao_842425_manual-300x200.jpg)
Cuba fronte ao Imperio (ou ao revés)
RAMON CHAO
20 de Abril de 2012
Para min, o título desta crónica e do libro que lle dá razón de ser, é capicúa. Eu púxenlle O Imperio fronte a Cuba ao revés, mais mírese por onde se mire, o resultado é idéntico: os yanquis queren que os cubanos adopten a actitude do castor perante os seus perseguidores, como ao final lles explicarei. Asina este libro que acaba de saír en Francia, o investigador da Sorbona, Selim Lamrani, e prológao Noam Chomsky.
Trátase dun resumo da actitude de Cuba fronte a propaganda, a guerra económica e terrorismo de Estado a que a somete EUA. Thomas Jefferson dicíao en 1805 coa súa caralavada: España podía seguir gobernando a Cuba “até que o país estea abondo avanzado e arrincarlle a illa anaco por anaco”.
Os españois continuamos a engordar a presa que cobizaban os veciños. Fins do século XIX, o presidente Grover Cleveland bota cálculos: “investimos en Cuba entre 30 e 40 millóns de dólares en sembrados, ferrocarrís, minas e outras actividades. O volume dos intercambios comerciais pasou de 64 millóns de dólares en 1889 a perto de 103 millóns en 1893”. A ocupación dos portos cubanos por navíos de guerra yanquis constitúe o primeiro paso. Oficialmente trátase de “protexer os intereses e cidadáns norteamericanos”. Como a democracia no Iraq.
O Maine instálase en porto da Habana e explota 15 de febreiro de 1898 causando a morte de 260 mariños do exército americano. Notemos que ningún oficial achábase esa noite no navío. O único informe oficial corre a cargo de EUA que acusa decontado a España.
A Casa Branca inicia as hostilidades 25 de abril de 1898, ben antes de Mac Kinley obter autorización do Congreso. Xa sabemos o que segue: creación dunha república mediatizada (como a que intentan impoñer en Iraq) longa lista de dictadores pagados co refugallo ( hoteis, salas de xogo, prostitución, Machado, Batista)… e en xaneiro de 1959 chega Fidel.
Cuba toma medidas que disgustan ao presidente Eisenhower (Reforma Agraria, nacionalización da industria do sucre e do petróleo e, colmo de atrevemento, a Shell). O Gran Veciño decreta o bloqueo da illa en 1960 e un ano despois a ruptura de relacións diplomáticas.
Asi que sobe ao poder Kennedy, descobre un plano secreto da CIA que prevé o derrocamento de Fidel mercé a 13 millóns de dólares concedidos polo seu predecesor para formación de mercenarios en Guatemala. Acepta a Operation Mangosta que remata, como sabemos, coa derrota humillante dos invasores.
Dende aquela, producíronse máis de setenta intentos de asasinato de Fidel Castro, avións derrubados con centenares de mortos e impunidade garantida do seu autor, o mercenario Posada Carriles; a detención de cidadáns cubanos con desprezo das leis internacionais.
A maiores, Bush decreta que Cuba é un Estado Terrorista, con todas as consecuencias. Qué esperan os promotores da Comisión de Asistencia a Cuba Libre (os ultradereitistas idos Aznar e Albrigth, entre outros), os rabiosos de Reporteros sen Fronteiras e outros librecambistas cúmplices da agresión secular contra a nosa querida Illa? Soñan con que Cuba se comporte coma os castores, moi apreciados polas secrecións das súas glándulas sexuais, coas que os romanos facían ungüentos.
Conta o escritor latino Eliano, que cando estes animaliños presinten a presenza de cazadores, déitanse patas para arriba para que lles corten os testículos e asi ficar vivos, ainda que capados.