Arquivo da etiqueta: Asemblea Xeral das Nacións Unidas

Encontro solidario de Porto e Galiza contra o bloqueo, 25 e 26 en Compostela

O bloqueo político, financeiro e comercial decretado polos Estados Unidos contra Cuba é o máis prolongado e inxusto da historia das relacións internacionais. É, ao mesmo tempo, a inxerencia máis desigual, perpetrada polo imperio máis armado e poderoso que teña existido no planeta, contra un país incomparabelmente inferior en poboación e en recursos económicos.

Contra esta situación, recrudecida nos últimos tempos, militantes da solidariedade de Porto e Galiza celebrarán os dias 25 e 26 de xuño en Compostela un encontro convocado pola asociación Porto com Cuba e a Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”. Seguir lendo Encontro solidario de Porto e Galiza contra o bloqueo, 25 e 26 en Compostela

Máis personalidades de todo o mundo reclaman a liberdade de Os Cinco

Iroel Sánchez – La pupila insomne.

Celebridades e eminencias de todo o mundo expresan o seu apoio aos Cinco anti-terroristas cubanos presos nos Estados Unidos. Endosando a carta dirixida por un coro de notábeis norteamericanos ao presidente Obama, estas novas personalidades erguen a súa voz para que remate a tortura dos Cinco.

“Pedímoslle que despois de revisar os feitos deste caso e tomar en consideración o longo tempo pasado por estes homes na cadea, outorgue aos Cinco Cubanos unha Clemencia Executiva para poideren regresar ao seu país, aos seus fogares e as súas familias,” reza a misiva avalada pola escritora Alice Walker e a súa conterránea a ex congresista estadounidense Cynthia MacKinney e máis por nomes do mundo a representación coma os actores Danny Glover, Martin Sheen, Susan Sarandon, Sean Penn e Benicio del Toro; os directores de cinema Oliver Stone e Michael Moore, os músicos borincanos Olga Tañón, Andy Montañés e Calle 13 amais de Miguel Bosé e Willy Toledo. Seguir lendo Máis personalidades de todo o mundo reclaman a liberdade de Os Cinco

A CONVENCIÓN DOS DEREITOS DA INFANCIA

A CONVENCIÓN DOS DEREITOS DO NENO E A ESPERANZA DO MUNDO por Wilkie Delgado Correa

Somalia e EE.UU., únicos países que non a ratificaron.

A Convención Dos Dereitos do Neno, só non foi ratificada por dous dos 192 países da ONU: Somalia e Estados Unidos, di unha noticia verídica. Pode Ud. crelo?

Non son fáciles os tempos que corren e vívese en crise permanente, xa sexa económica, climática e doutros tipos, pero crise en fin do desenvolvemento humano. Todo ten a súa orixe. Para estas son a opulencia e o malgaste duns poucos, sustentada nunha superexplotación feroz do home ou do ambiente, e a miseria e a carencia de moitos, explotados até o infinito, que representan a maior parte da humanidade. Seguir lendo A CONVENCIÓN DOS DEREITOS DA INFANCIA