Arquivo da etiqueta: Bill Clinton

Yoani Sanchez recibe 60.000 dólares de Yahoo para estudar xornalismo nunha universidade dominada pola CIA

Alina Maceda-Terra sen Amos

Yoani Sánchez ven de recibir de Yahoo unha bolsa de sesenta mil dólares para ampliación de estudos na universidade de Georgetown. Promovida polo exilio contra-revolucionario de Miami e a CIA, Sánchez recebera cantidades millonarias por reclamar para Cuba mediante crónicas en Internet a urxente adopción do modelo norteamericano de consumo e propaganda.yoanisanchezusa Seguir lendo Yoani Sanchez recibe 60.000 dólares de Yahoo para estudar xornalismo nunha universidade dominada pola CIA

Campaña urxente de axuda para reparar danos do furacán Sandy

É urxente axuda para reparar os danos causados en Santiago e Holguín polo paso do furacán Sandy.

A extraordinaria violencia do meteoro puido máis ca previsión experta e abnegada do Estado cubano e deixou once mortos asi como perdas e estragos en edificios e servizos.

Campaña urxente de axuda para reparar danos do furacán SandyA Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” invita a ingresar achegas que faciliten a recuperación con carácter emerxente na seguinte conta:

Bankia, 2038-1016-30-6000618857

Facede constar FURACÁN no apartado “concepto” do ingreso bancario.