A pobreza só ten solución por medidas políticas.
Vencer a pobreza e o atraso mediante innovación e o coñecemento, sen solucionar as desigualdades, é un soño. No Cumio de Lisboa, a voz crítica do Secretario de Estado de Cuba, Bruno Rodríguez Parrilla, puxo a arela da liberación científico-técnica ao nivel da realidade da Nosa América. fixo pousar na realidade a arela de foi a no Cumio de Lisboa O representante de Cuba, díxoo cunha pregunta de Xosé Saramago “Qué caste de mundo é este que pode mandar máquinas a Marte e non fai nada para deter o asasinato dun ser humano “?
“A innovación e o coñecemento -dixo o Secretario de Estado- formulan oportunidades para promover o desenvolvemento, para impulsar o crecemento económico, para reducir a desigualdade, para curar as enfermidades curabeis e atopar solución ás hoxe incurabeis, para mellorar as condicións de vida de miles de millóns de seres humanos, para darlle oportunidade aos minusválidos, para erradicar a fame do mundo, para conseguir a xustiza e para protexer ao planeta do efecto depredador da nosa propia acción. Ora tamén poden usarse para promover a exclusión, privar aos máis pobres da tecnoloxía e o adianto, perpetuar na miseria miles de millóns de persoas, contribuír ao acaparamento e a exclusividade do coñecemento, concentrar o dominio das fontes e recursos para a produción de alimentos e explotar máis intensamente os recursos esgotabeis do planeta. Seguir lendo Discurso do Secretario de Estado de Cuba no XIX Cumio Iberoamericano →