O VI Cumio do CARICOM, celebrado en San Xoán, capital de Antigua e Barbuda, honrou a memoria de Fidel e o protagonismo de Cuba na unidade do Caribe. Nicholas Steele, representante de Granada dixo que interpretaba o sentir da Asemblea ao recoñecer que a Revolución Cubana derramara o seu sangue por liberar povos desamparados. “Nunca un pequeño pais alcanzara tal altura no mundo e nunca un povo con tan poucos recursos e malia un bloqueo criminal, fixera tanto para tantos con tan pouco”. Raúl Castro dixo que o seu pais “non poderá esquecer nunca a decisión Errol Barrow, de Barbados; Forbes Burnham, de Guyana; Michael Manley, de Xamaica, e Eric Williams, de Trinidade e Tobago, de estableceren relacións diplomáticas con Cuba, asi que os primeiros catro países do Caribe anglófono accederan a súa independencia no 66”. Unha porta aberta contra o Bloqueo e un paso decisivo na integración solidaria do Caribe, fronte o imperialismo dos muros, da explotación e do colonialismo.
TSA – Redacción Por Cuba votou martes o pleno da Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Como promotor do bloqueo dende 1960, só queda EUA, que leva hoxe a guerra a Oriente Próximo, África, Siria e Afganistán, que ocupa Palestina (por man dun seu subalterno) e intervén contra os governos democráticos en todo o mundo. A Revolución Cubana recibiu onte o máis amplo respaldo internacional das 24 votacións promovidas dende 1992 na ONU contra o Bloqueo. O Chanceler cubano Bruno Rodríguez Parrilla, chamou a non confundir realidade e desexos «pois os feitos proban con claridade -explicou- que o Bloqueo persiste. O representante de EUA declarouse ainda “comprometido na cooperación con Cuba” e na Asemblea seguiron verbas de ánimo e solidariedade coa Revolución e de crítica ao cinismo norteamericano.Seguir lendo O mundo con Cuba, contra o Bloqueo→
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"