Foro de VIH das Nacións Unidas – Redación de Terra Sen Amos
Mariela Castro Espín denunciou na ONU o dano causado polo bloqueo dos Estados Unidos na batalla de Cuba contra o andácio do Sida en todo o mundo. A deputada cubana, sexóloga e directora do Centro Nacional de Educación Sexual de Cuba (Cenesex) dixo na Asemblea Xeral que a inxustiza do sistema internacional de dominación é o atranco maior para erradicar efectivamente o VIH-Sida, contra o que Cuba avanzou mediante unha revolucionária estratexia integral de desenvolvemento que sitúa ao ser humano no centro dos seus obxectivos. “O bloqueo non nos deu parado, endebén non poida ignorarse o seu dano no devezo noso de cumprir a meta internacional de derrotar a doenza para 2030» dixo a parlamentária. A comunidade internacional ten distinguido repetidamente os sobresaintes resultados de Cuba contra o Sida, unha doenza que ten causado máis de 34 millóns de mortes dende 1981. A seguir reproducimos a intervención de Mariela Castro no foro da ONU.
Resumen Latinamericano – Terra Sen Amos “En Cuba non temos feminicidios. Porque Cuba non é un país violento e iso si qué é un efecto da Revolución”, di Mariela Castro Espín nunha entrevista realizada por Lucia Álvarez para Resumen Latinoamericano. A directora do Centro Nacional de Educación Sexual de Cuba (CENESEX) coida que o feito de estaren as mulleres organizadas na Revolución “dá moita forza: hai moitas campañas, programas de televisión, de radio, espacios científicos; traballamos polo empoderamento e hoxe somos o terceiro ou cuarto país con maior presenza de mulleres no Parlamento; medrou o número de graduadas universitarias e temos paridade salarial dende 1959”. Sobre os atrancos no camiño, a responsábel do CENESEX di que os principais foran “os prexuizos que aprendimos dos nosos ancestros españois e dos africanos tamén e dos que estaban no mundo enteiro. Eses lugares comúns estorbaban para a definición dunha política clara. Había reflexións mais non propostas. A sexualidade estivo decote marcada polas relacións de poder e por ideas, leis, doutrinas basadas nesas relacións. Cómo cambiar ese modelo non sempre foi claro mais agora a cada é máis evidente. O noso enfoque a enfoque da educación sexual procura amosar como se foi criando esa diferenza en detrimento de outras identidades de xénero e sexo.