X.M.– Sermos Galiza 14.11.17
É o irmao mais novo dun mito, mais el propio ten unha historia fascinante que contar: a da súa militancia no Partido Revolucionario dos Traballadores e a de preso político durante 8 anos nas cadeas da ditadura militar arxentina. Juan Martín Guevara de la Serna (Córdoba, 1943) é co-autor do volume Meu irmao Che e visitou o país convidado por Agora Galiza para oferecer palestras en Vigo (Libraría Cartabón) Compostela (Centro Social das Fontiñas) e A Coruña (Centro Social Gomes Gaioso) Juan Martín Guevara explícase por si só, mais vive o compromiso de dar a coñecer en plenitude a figura de Ernesto, a de que se viaxe alén da lenda, a de humanizar e retratar Guevara como un revolucionario co fusil na man, si, mais tamén como un dos pensadores máis potentes do marxismo do século XX.
