Cómpre volver a un vello tema, a un tema de hai décadas: a decisión unilateral dos Estados Unidos de converter a Cuba nunha illa á que non chegue axuda de ningún tipo, que é un xeito de limitar angustiosamente as posibilidades dunha sociedade, duns millóns de seres humanos que estaban protagonizando unha experiencia política inédita nas Américas. Este bloqueo foi decretado por un país moi poderoso, que incluso o impuxo a moitos dos seus aliados, países, no fondo, cúmplices da iniquidade, dunha indecencia moral. Que sería da experiencia cubana sen este pesadelo, sen esta camisa de forza, sen este asedio económico por terra, mar e aire?Seguir lendo Resposta galega ao Bloqueo de Cuba→
Representantes da cultura e a política dirixiron a Mesa do Parlamento unha carta na que reclaman a declaración do pleno sobre a necesidade do fin do Bloqueo. Da sanción deste escrito pola cámara, pode resultar unha contribución expresiva da condena manifestada pola maioria do País contra o ilegal inxerencismo político, económico e comercial dos Estados Unidos contra a Revolución Cubana, causante dende 1961 de derramas materiais cifradas nun billón de dólares e graves consecuencias para a sociedade da illa. A orixe do escrito é unha carta promovida pola asociación “Haydee Santamaría”, encabezada polo premio Nobel da Paz, Adolfo Pérez Esquivel, o voceiro de AGE Xosé Manuel Beiras e o ex-voceiro do BNG Xavier Vence.