No entanto Cuba segue minuto a minuto a información sobre a fogueira xigante da la Base de Supertanqueros de Matanzas e a torre de fume irrespirabel que o vento nordés dobrega sobre a terra nunha fronte de 30 quilómetros e impide calquer actividade. Arredor dos catro tanques de fuel afectados, bombeiros cubanos traballan a beira de brigadas de Mexico e Venezuela formadas na intervención en bases de petróleo. As estratexias de intervención varían segundo a procedencia e intensidade do vento e a temperatura dos focos que determinan o tipo de extinción a aplicar. Até as 07:00 p.m. do 8 de agosto foron atendidas 125 persoas, 24 están hospitalizadas e 101 recibiran alta médica. O número de persoas desaparecidas logo de unha hora de prender o primeiro depósito pola caída dun lóstrego, era de 17 mais as identificacións seguintes permitiron rebaixar aquela cifra a 14. Non hai precedentes na historia do pais dun lume desta magnitude.