Non lle interesa ao goberno de Mariano Rajoy respaldar o proceso de integración da Nosa América? Izquierda Unida (IU) chama ao executivo central a se involucrar no proxecto de autonomía económica do continente e a exixir aos Estados Unidos o cese do bloqueo de máis de medio século contra Cuba.
Joan Josep Nuet, voceiro de IU na comisión de Asuntos Exteriores do Congreso, invocóu o acervo das relacións coa Nosa América para reclamar a solidariedade do Goberno coa integración regional, en particular para a Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños (Celac) e a Unasur.
O deputado dixo que Rajoy estaba na obriga de honrar a onda de auto-defensa da Nosa América contra o imperialismo e de sair en defensa da divisa do comercio xusto, sen interferir na pluralidade, asimetría e complementariedade do proceso.
Depois de reclamar o remate do bloqueo contra Cuba, o voceiro de IU lembrou unha declaración de condena da inxerencia norteamericana, aprobada en decembro último en Caracas, durante o cumio dos 33 Estados da Celac. Nese contexto, dixo que debería cesar o infame anacronismo colonial de Guantánamo.
Nuet avisou ao ministro de Estado García-Margallo, contra a idea, defendida dentro do partido neo-franquista, de recompor a chamada Posición Común sancionada en 1996 pola UE a proposta de Aznar. O Deputado advirte ao PP que a defensa desta idea daría ao governo Rajoy vela na procesión do filo-nazismo húngaro.
Na fotografía, o deputado de IU Joan Josep Nuet intervén na Festa do Avante.