RUBIO EN CAMPAÑA A PROL DO VOTO CONTRA CUBA NA ONU

Rosa Miriam Elizalde – La Jornada (México)

O ministro de Estado Marco Rubio desata unha agresiva campaña de mentiras e chantaxe para que a condena do Bloqueo dos EUA contra Cuba, que logo cumprirá 63 anos, non sexa de novo aprobada por aclamación pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas, como acontece anualmente por estas datas. A unha semana da votación o Ministerio de Exteriores de Washington  puxo en marcha unha frenética campaña para tentar mover o taboleiro: non tanto para sumar “nons” como para transformar votos afirmativos en abstencións ou ausencias.

O voto contra do cruel Bloqueo que Cuba sofre dende hai case 63 anos, recibe da Asemblea Xeral da ONU unha conmovedora aclamación, mália a teimosa contra dos governos de Washintong e Tel Aviv.

Un telegrama do Departamento de Estado, publicado pola Axencia Reuters e datado 2 de outubro, revela a estratexia: vincular a resolución sobre o bloqueo coa guerra na Ucraína e presentar Cuba como unha ameaza para a paz rexional. Este documento, distribuído a decenas de embaixadas, require aos diplomáticos estadunidenses presionar aos gobernos que constitúen a Asemblea para opoñerse á Resolución de Cuba. Con este fin argumentan que  entre mil e 5 mil cubanos combaterían xunto ás forzas rusas. “Despois de Corea do Norte, Cuba sería o maior aportador de combatentes estranxeiros”, sostén o texto.

O obxectivo é explícito: obter un recorte dos votos a prol de Cuba na Asemblea Xeral da ONU e mália preferiren o voto negativo, o departamento de Estado do goberno de Trump coida que as abstencións ou a non asistencia tamén lles valen.

O chanceler cubano, Bruno Rodríguez Parrilla ofereceu en roda da prensa unha copia das instrucións de Marco Rubio ás embaixadas e afirmou que membros do Congreso dos EUA de orixe cubana enviaran cartas nas que conminan baixo ameaza a liberdade de voto dos  gobernos representados na Asemblea. Xestos inequívocos dos matóns de barrio.

A ofensiva chega nun contexto de endurecemento de sancións tralo regreso de Trump á Casa Branca, que non tolera que o ano pasado a resolución fose aprobada por 187 votos a favor, con Estados Unidos e Israel en contra e a abstención de Moldavia o que evidencia o aillamento imperial na súa teima de continuar contra Cuba o estado de  sitio máis longo da historia contemporánea.

A resposta da Habana é categórica: Cuba non forma parte do conflito armado en Ucraína nin participa con persoal militar alí nin en ningún outro país. O Ministerio detalla as accións penais por mercenarismo relacionadas con esa fronte: nove procesos (2023-2025) contra 40 acusados; oito xuízos e cinco fallos condenatorios que suman 26 persoas, con penas de cinco a 14 anos; tres causas pendentes de sentenza e outra en proceso. A Chanceleríacillería sostén unha política de tolerancia cero contra o mercenarismo, a trata e a participación de nacionais en conflitos no exterior.

ASASINATOS, OPORTUNISMO, CINISMO

No entanto, o goberno de Washington militarízase baixo o pretexto da loita contra as drogas, asasina tripulantes a bordo de embarcacións, reforza a súa presenza naval e ensaia regras de enfrontamento que elevan a intensidade do uso da forza. A campaña de chantaxe aos gobernos para condicionar a resolución cubana non é un capítulo aparte, senón a cobertura narrativa desa escalada á que se confire a forma oportunista e cínica de xestión diplomática para desviar a atención do profundo sufrimento que o Bloqueo causa ao pobo cubano.

Confirmado como Secretario de Estado (ministro de relacións exteriores) en xaneiro, Marco Rubio situou a Cuba no centro da súa axenda. Entre as súas medidas salienta as restricións intermitentes de visado contra funcionarios estranxeiros aos que acusa de participar no presunto esquema coercitivo de exportación de man de obra das Misións Médicas cubanas. Rubio fixo todas as dilixencias posibeis por criminalizar un dos programas de cooperación da illa máis recoñecidos en  todo o mundo.

Rubio tamén ten recuperado dos arquivos campañas fantásticas coma a das causas externas da chamada Síndrome da Habana que fóron terminantemente descareditadas por avaliacións autorizadas de 2023 e 2025. O contraste entre esa evidencia e a retórica política ilustra o sistema: cargar o clima mediático con alegacións falaces de seguridade nacional para debilitar os apoios á resolución.

Mais a aritmética histórica é túzara. Desde 1992, a Asemblea Xeral aproba por aclamación a necesidade terminante de pór fin ao Bloqueo, e, no 2024, o marcador fora 187-2-1. Con ese precedente, o escenario máis probábel é que a resolución pase desta con maioría sobrada, mesmo que Washington dea rabuñado con chantaxes algunhas abstencións ou ausencias.

Se a historia serve de guía, a prática aclamación da Asemblea volverá repetirse.

Traducido ao Galego para TSA por Anisia Meira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *