“Cuba non ameaza nin desexa a guerra: os EUA multiplican problemas para nos agrediren”

Granma – Cuba

Cuba defende a paz e prepárase para enfrontar a agresión externa en lexítimo exercicio do dereito á defensa que recoñece a Carta das Nacións Unidas. Sen razón nin dereito, o goberno dos EUA constrúe, día tras día, un expediente mentireiro para xustificar unha guerra económica inclemente contra o pobo cubano e unha eventual agresión militar». Bruno Rodrigez Parrilla, membro do Buró Político e ministro de Relacións Exteriores de Cuba, subliña o dereito a se defenderen da agresión imperialista anunciada polos EUA e coreada por medios de prensa específicos, serviles ao iperialismo que promoven calumnias e multiplican mentiras do propio goberno estadounidense».

Martirena (Granma)

“Cuba nin ameaza nin desexa a guerra” dixo o ministro de Estado de Cuba quen recordou o compromiso cubano coa paz, a convivencia e a solidaridade internacional .

Carlos Fernández de Cossío, viceministro de Relacións Exteriores, denunciou a progresión imperialista de acusacións a cada máis lonxe da realidade de parte dos EUA e os seus aliados na multiplicación de falsos pretexto para xustificaren unha agresión militar contra Cuba. “O pais agresor -engadiu- son os EUA; Cuba é o pais agredido e legalmente amparado polo principio de lexítima defensa».

Desde xaneiro de 2026 –con dúas ordes executivas que declaran Cuba unha ameaza insólita e de excepcional gravedade para os EUA– lanzaron contra a illa unha fervenza de medidas ilegais para atrancaren comercio, finanzas e intervencións solidariaas co único obxectivo de elevaren ao límite o bloqueo económico, comercial e financeiro imposto á nación caribeña por máis de 60 anos, ao que se suma o recente cerco petroleiro. O coro de mentiras, procura agravar necesidades materiais e atribuir ao governo de Cuba a responsabilidade dos problemas provocados polo imperialismo, en busca dunha revolta que xustifique a intervención militar da Casa Branca. Unha trapela intermiente na historia da illa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *