![](https://terrasenamos.org/wp-content/uploads/2019/01/f0128215.jpg)
Raúl Antonio Capote – Granma
A meirande parte das operacións de propaganda da Central Intelligence Agency (CIA) en América Latina durante os anos 60 tiveran como albo a Revolución Cubana e Fidel Castro. “Non máis Cubas” era unha divisa concreta da CIA. Que é o que cambiou, en materia de manipulación da opinión pública, dende a Operación Verdade para acá, dende as primeiras campañas de intervención soterrada? Que cambiou desde as ilegais radio e tv Martí? Esencialmente dúas cousas: a irrupción de internet e o avance das novas tecnoloxías. Miles de materiais audiovisuais, libros, enciclopedias, sitios electrónicos, realizan esta tarefa sen descanso, emitindo as súas mensaxes falsas.
O memorando presidencial de seguridade nacional do 16 de
xuño de 2017 do Presidente Trump, “Afortalamento da política dos EUA cara a
Cuba”, para promover no internet “corrente de información libre e non regulada”
, resultou na creación da Axencia de Internet para Cuba (GTIC).
As fake news ou
novas mentireiras contra Cuba, cociñadas e inzadas nas redes sociais e nas poderosas
plataformas tecnolóxicas da comunicación, de masivo seguimento, son arestora o
gume de ataque contra a Revolución, na súa teima por inventar e reiterar
mentiras contra as defensas ideolóxicas e facernos vulnerábeis.
Malia as limitacións financeiras do noso país, e do Bloqueo
económico, financeiro e tecnolóxico que o Goberno dos EUA mantén contra Cuba,
continúa a creación e mellora da infraestrutura tecnolóxica.
Cuba ten dispoñibles máis de 1.200 sitios públicos con sinal de internet e 670
salas de navegación para un 1.900.000 contas permanentes de navegación e case
tres millóns de contas a de acceso permanente de navegación internacional
@nauta.cu; a conexión dende as casas cobre 67.000 fogares, en 155 municipios da
Illa.
O dia mesmo que comezou o acceso a internet dende os móbiles
en Cuba, aplicaron as estratexias de información
contempladas nos orzamentos dos anos fiscais 2018 e 2019 da Xunta de
Gobernadores de Radiodifusión dos EUA, onde se recomenda usar contas cubanas de
facebook orixinadas na illa e sen sen
marca, para difundir contido creado polo Goberno dos EUA, sen dar conta diso aos
usuarios cubanos de facebook.
Un dos obxectivos a cumprir por esta axencia é promover os
chamados sitios independentes da
internet en Cuba e crear contas e perfís falsos en diferentes redes sociais,
entre elas twitter, para difundir
contido anticubano.
Cal é a resposta da Revolución Cubana perante os novos retos?
Hai importantes servizos para a poboación incorporados á rede, en materia de saúde, educación e rexistros públicos, como o civil e as unidades notariais. Todas as universidades están conectadas por fibra óptica, para fornecer acceso a internet do 90 % dos profesores e estudantes de ensino superior, segundo dados do Ministerio de Comunicacións a la ANPP, en decembro pasado.
O Goberno Electrónico en construción, vai permitir a interacción
integral das institucións do Goberno co pobo e unha maior participación deste a
través das novas canles de comunicación que brindan as novas tecnoloxías.
A incorporación da dirección do Goberno revolucionario ás redes sociais, a
participación activa nas mesmas do Presidente Díaz-Canel, dos deputados da
Asemblea Nacional do Poder Popular, ministros e directivos das institucións
estatais, a beira do pobo e levando a verdade de Cuba ao mundo, enfrontando a
campaña de mentiras e manipulacións da realidade, confire unha nova dimensión á
batalla histórica que libra a Revolución por facer prevalecer a verdade sobre a
mentira e a manipulación.
A Operación Verdade
Na relación entre Cuba e Estados Unidos, a mentira foi un
recurso bélico usado polo Imperio para alcanzar seus obxectivos de dominio
sobre a Illa. A verdade é a primeira vítima, sempre que unha nación poderosa pretende
violentar a liberdade doutra.
Ao ataque racista e manipulador dos xornais dos EUA The Manufactures e The Evening Post, Martí respondera coa Vindicación de Cuba, 25 de marzo de 1889. Dezasete de febreiro de
1957, a entrevista de Fidel a Herbert Matthews, do diario The New York Times, na Sierra Maestra, desmentia o conto, espallado
pola tiranía, da morte do líder do Exército Rebelde.
Os EUA levantaran unha rabiosa campaña de falsidades contra Cuba.
Grandes medios de prensa, entre eles as axencias Associated Press, United
Press, a Sociedade Interamericana de
Prensa, revistas como Life, Newsweek,
Us News and World Report, teimaron en mostrar ao mundo unha Cuba maltratadora.
De porparte, cumprindo tres semanas do trunfo da Revolución Cubana, 21 e 22 de
xaneiro de 1959, uns 400 xornalistas de diferentes nacións xuntáranse no Habana Riviera. Fidel explicou: “Os
comunicados de prensa non paran de mentir e insisten en que os partidarios de
Batista gañan terreo. Parecen imparciais, pero empregan determinadas palabras e
sutilezas, como mestres que son da intriga”.
Figuras do goberno de Eisenhower e numerosos congresistas presentáron como “actos
de barbarie” os xuízos dos tribunais revolucionarios contra os máis connotados
criminais de guerra da ditadura de Batista. A Revolución traballou de forma
rápida para reunir á maior cantidade posible de xornalistas e figuras
destacadas da intelectualidade naquela altura.
Cuba invitou xornalistas de Estados Unidos, América Latina e
Europa para viaxaren a Habana e ver, cos seus propios ollos, a verdade do que
ocorría na Illa.Á convocatoria responderon personalidades como Adan Clayton
Powell, líder do movemento dos Dereitos Civís e deputado negro por Harlem;
Charles O Porter, senador portorriqueño e presidente da Asociación da Prensa
daquel país, Gabriel García Márquez, Jorge Ricardo Masetti, e o uruguayo Carlos
María Gutiérrez, entre outros. Celia Sánchez actuou como coordinadora.
Dos EUA asistiron profesionais da prensa de 20 cidades e
medios de grande circulación como a Broadcasting
Corporation, Baltimore Sun,
Cincinnati Enquirer, Washington Daily News e Miami News. Tamén chegaron xornalistas do Daily Mail, de Londres; de Jours
de France, de Paris; do Nacional,
Novedades e Excelsior, de México, e El
Mundo e El Imparcial, de Porto
Rico.
O pobo reuniuse fronte ao Palacio Presidencial 21 de xaneiro
para escoitar Fidel explicar con detalles a campaña que se realizaba contra a
Revolución e a formalidade dos xuízos celebrados contra os esbirros da ditadura
de Fulgencio Batista.
Dirixíndose aos xornalistas presentes na concentración, que
reuniu a máis dun millón de cubanos, o Lider da Revolución dixo: “Maxinade un
xurado dun millón de homes e mulleres de todas as clases sociais, de todas as
crenzas relixiosas, de todas as ideas políticas. Eu vou facer unha pregunta a
ese xurado: Os que estean de acordo coa xustiza que se está aplicando, os que
estean de acordo con que os esbirros sexan fusilados, que levanten a man.A
resposta non se fixo esperar: un mar de mans alzáronse e Fidel expresou: “¡O
xurado dun millón de cubanos de todas as ideas e de todas as clases sociais,
votou!”.
Outro momento trascendente do evento foi o encontro que se prolongou varias horas, de Fidel cos xornalistas estranxeiros e cubanos no salón Copa Room do Habana Riviera.
Coa Operación Verdade a Revolución triunfante librou unha das súas grandes batallas contra a desinformación e a manipulación. Non sería a última, pero sentou pauta, demostrou unha vez máis a transparencia do proceso revolucionario, a fe na verdade e na forza das ideas.
A nosa Operación Verdade, a de hoxe, gáñase con máis cubanos participando nas redes sociais, con máis revolucionarios defendendo a Cuba, como o fixo Fidel en xaneiro de 1959, coa verdade.