Iroel Sánchez – Almayadeen
Unha amiga brasileira, de visita en Cuba como xornalista, comentábame seu asombro de todos os cubanos saber quen é Bolsonaro, quen é Dilma e quen é Lula, o que non lle pasa noutros países latinoamericanos. A atención excepcional coa que seguimos en Cuba a actualidade internacional, é algo moi especial no que non reparamos os que vivimos na Illa. Arestora, as revoltas sociais de Haití, Chile, Panamá e Ecuador, o conflito de poderes en Perú, a represión e os asasinatos de líderes sociais en Honduras e Colombia, a ingobernabilidad herdada que obriga ao goberno de México a liberar un narcotraficante ou a prisión inxusta do líder da esquerda brasileira para impedir a súa segura vitoria electoral, os comicios en Bolivia e Arxentina, as agresións constantes de Estados Unidos contra Venezuela ou o Ucraniagate no que anda sumido Donald Trump, poden ser tema de conversa en calquera lugar de Cuba, dende un cruzamento no que xogan dominó deica un aula universitaria.
![](https://terrasenamos.org/wp-content/uploads/2019/10/cubaurss-2.jpg)
Polo demáis, nesas conversas non están ausentes os atrancos
graves que atravesa a economía cubana contra a que cada semana danse a coñecer
novas sancións do goberno dos EUA, nin as deficiencias nos servizos cos que ten
que lidar a cidadanía, nos que o impacto do bloqueo económico pódese mesturar
coa desidia burocrática e provocar molestias e disgustos. Mais a mestura de
guerra económica con insuficiencias internas non provoca revoltas e cando o
sistema (socialismo de Partido único) pasa a proba das urnas, como no recente
Referendo Constitucional, e os resultados son esmagadoramente favorabeis á
dirección revolucionaria. Todo isto
mália que Washington terme dende hai seis décadas en derrubar o sistema de Cuba
con propaganda arreo, pagada con fartos millóns de dólares e un ben finanzado
comando de intervención, chamado Cuba
Internet Task Force.
Para a maquinaria mediática dominante, Cuba non se rebela a causa da intensa represión do rexime, a
que suman o relaxo cubano. Porén, na na historia de Cuba –dende a Reconcentración
de Weyler á ditadura de Batista, pasando pola de Machado, ningún rexime baseado
na represión deu permanecido á fronte do país por moito tempo, mália promoveren
un relaxo no que a corrupción era a
dinámica de funcionamento da política e a economía a todos os níveis.
Pola contra, se a consulta electoral fose agora, no medio
dun bloqueo recrudecido, a porcentaxe de aprobación superaría con fartura os resultados
de febreiro, e iso sería froito, sen dúbida, da combinación de tres factores coxunturais
e dous estruturais.
Nos coxunturais, compre contar o recrudecimiento da
agresividade do goberno dos EUA, que fortalece o sentimento patriótico e a
unidade nacional. Tamén a eficacia política do goberno cubano, explicando a
xeito de que maneira o aumento da agresión afecta ás provisións do mercado e como
a estratexia para enfrontar as sancións estadounidenses busca minorar o impacto
na vida cotiá do pobo. Acontece isto no marco dunha situación internacional na
que é patente o fracaso das políticas neoliberais e o descrédito das fórmulas
da democracia burguesa.
Son factores estruturais, a cultura política difundida en Cuba durante 60 anos
pola pedagoxía de Fidel Castro, a propósito da natureza do imperialismo e do
proxecto de xustiza social e soberanía nacional da Revolución.
A fluida relación da dirección revolucionaria co pobo,
renovada polo goberno de Miguel Díaz Canel, que reforzou a percepción de o
goberno escoitar ao pobo e traballar para el.
Ningún país latinoamericano dos que agora mesmo combaten con disparos e gases a
protesta social e/ou violan abiertamente as regras da democracia formal que
eles mesmos invocan, foi obxecto de guerra económica nin dunha oposición
artificial pagada con finanzamento multimillonario e moito menos do linchamento
mediático e académico global permanente cara aos seus líderes e o seu proxecto
político e social.
Mália todo iso, compre recoñecer que hai xente insatisfeita en Cuba e a maioría
deses insatisfeitos van para Miami. O desenvolvemento de capacidades educativas
e o estado de saúde propiciados polo socialismo cubano son competitivos fronte
a acumulación de case seis décadas de privilexios migratorios e unha certa
vantaxe fronte o resto das comunidades non nativas de Florida, mais non os
converten en máis libres. Máis dun millón de cubanos nos EUA sofren graves
limitacións para relacionarse coas súas familias en Cuba por causa das medidas
de Trump, mália non haber novas de que iso provoque protestas no exílio.
Tampouco lemos en ningures que esa ausencia pública de desacordo poida deberse á
corrupción e as práticas represivas nada democráticas que a clase dominante na
Illa até 1959 semella ter exportado a Miami depois de tantos anos nesa cidade,
sen por iso desprezar o exemplo edificante que lle está a dar un sistema no que
hoxe compiten en corrupcións Donald Trump e Joe Biden.