“América Latina e o Caribe son a rexión máis desigual do planeta por decreto do goberno de Washington” (Diaz-Canel no Primeiro de Maio)

Sol Lourido ANT – Axencias Cubanas

A estratexia finalista do Imperio por asfixiar Cuba, formulada no Memorando de Mallory de 1960,  e encarnizada arestora pola inquisitoria acusación de terrorismo contra a illa e a abolición do Dereito Internacional polo imperialismo, foron obxecto dun discurso histórico do presidente de Cuba Miguel Diaz-Canel no Primeiro de Maio. Os argumentos de Cuba son os da Revolución definidos por Fidel como expresión da longa loita de Cuba pola independencia e o pleno dereito a relación libre e solidaria co mundo. O presidente gabou aos representantes da solidariedade internacional presentes no acto, fixo mención especial do irreprochábel dereito de Palestina e Sáhara a se defenderen contra da agresión das potencias hexemónicas e aportou información significativa da grave crise económica e política internacional, con evidencias procedentes das institucións gobernadas polo hexemón económico.

Diaz-Canel no remate da súa intervención do Primeiro de Maio.

O presidente dixo que a actual asfixia económica de Cuba procede do  Memorando de Mallory, do 6 de abril de 1960, no que o goberno dos EUA apostaba por unha política de máxima presión para agravar a asfixia da illa, instar o descontento até promover unha onda de protestas que desembocase na crise da Revolución. “Iso nestes tempos encarnizouse cando nos situaron nunha lista de países que presuntamente apoian o terrorismo, que ben saben que non é verdade: Cuba apoia a solidariedade; Cuba non manda forzas armadas nin tropas a ningún país do mundo para agredir; fixémolo en Angola por solicitude dos países africanos e foi para acabar co Apartheid e para Angola lograr a independencia xunto aos africanos deses países; as tropas que enviamos ao mundo son de médicos, mestres e cooperantes internacionalistas! 

AS REDES SOCIAIS BÉLICAS

No que se refire a diaria intoxicación mediática, Diaz-Canel sinalou a ben orquetada campaña do Goberno de Estados Unidos cos medios hexemónicos internacionais, sobre todo nas redes sociais, para desprestixiar á Revolución Cubana; as redes sociais convértense deste xeito nunha gávea de combate, e un móbil, para defendernos nesa trincheira, pode devir un fusil.  Esas redes tráennos alevosía dixital, linchamento virtual, asasinato de reputacións e de heroicos líderes sociais; é todo un capitalismo de vixilancia con ciberacoso, indución á violencia, exacerbación do individualismo e o narcicismo, calumnia, perxurio, difamación, explotación do imaxinario e dos sentimentos das persoas, e, como di un famoso académico brasileiro, non hai usuario das redes sociais que non se converta en man de obra de balde, materia prima gratuíta e finalmente mercadoría, pois todos os nosos datos son vendidos como mercadoría. Chamou a enfrontar estes feitos mediante a educación e uso ético das redes sociais para podermos defender as causas xustas e tamén para promover coñecemento, solidariedade, respecto e cooperación.

Denunciou unha intoxicación mediática que incita ás protestas, manipula a razón da intervención policial, inventa presos políticos, a presenza ominosa de problemas e a presunta indiferencia do goberno nun coro de argumentos falsos para un cambio de sistema de governo.  “Son conceptos da Guerra Non Convencional que aplica o Goberno dos EUA contra Cuba e outros países da área”.

O presidente abordou a gravedade do  momento internacional: “Hai ameazas á paz mundial; a guerra é a linguaxe que usan as potencias hexemónicas para resolveren conflitos; crece a pobreza e cada vez son maiores os impactos do cambio climático; hai esgotamento dos recursos naturais, e a desigualdade entre pobres e ricos medra, o cal explica e expresa o desconcerto crítico da Orde Económica Internacional; compre cambiar esta Orde Económica Internacional dende a unidade e a solidariedade”.

As condicións materiais e políticas de esta hecatombe da orde internacional foron descritas por Diaz Canel nunha relación precisa e alarmante: “No medio do máis colosal desenvolvemento científico-técnico de todos os tempos, o mundo recuóu tres décadas en materia de redución da pobreza extrema, con niveis de fame negra non vistos dende o ano 2005; oitocentos millóns de persoas no mundo pasan fame; 760 millóns de persoas, na súa maioría mulleres, non saben ler nin escreber; o chamado Terceiro Mundo ten máis de 84 millóns de nenos sen escolarizar; hai 660 millóns de persoas sen electricidade, e só o 36 % da poboación utiliza Internet nos países menos adiantados, nas nacións en desenvolvemento sen litoral; as nacións do Sur que acoden aos mercados financeiros, atopan taxas de interese até oito veces superiores ás dos países desenvolvidos; unha quinta parte das economías en desenvolvemento liquidaron máis do 15 % das súas reservas internacionais de divisas para amortecer a presión sobre as moedas nacionais”.

NOVA FORMA DE ESCRAVITUDE

O presidente de Cuba chamou “nova forma de escravitude” ao feito e vinte e cinco nacións en desenvolvemento teren en 2020 que adicar máis dunha quinta parte dos seus ingresos totais ao servizo da débeda pública; só nese ano, o gasto militar mundial, atinxiu a cifra de 2,24 millóns de millóns de dólares. Lograr a participación universal inclusiva na economía dixital requirirá investir nos nosos países, como pouco 428.000 millóns de dólares para o ano 2030.  Esta demanda podería cubrirse con apenas o 19 % do gasto anual en armamento”.

Con relación ao Fondo Monetario Internacional (FMI) denunciou que a axuda para aos países menos adiantados e outros de renda baixa, desde o ano 2016 ata finais de novembro de 2022, non excedía o equivalente ao que gastou a empresa Coca-Cola só na publicidade da súa marca neses oito anos. Chamou a atención de que menos do 2 % da xa deficiente axuda oficial ao desenvolvemento puido ser investida en ciencia, tecnoloxía e innovación nos países do Sur.

Este Primeiro de Maio chega nunha circunstancia de extrema complexidade global: hai ameazas á paz mundial, a guerra é a lingua que usan as potencias hexemónicas para resolveren os conflitos; crece a pobreza; a cada son maiores os impactos do cambio climático; hai esgotamento dos recursos naturais, e unha crecente desigualdade entre pobres e ricos, o cal explica e expresa os límites aos que chegou a actual Orde Económica Internacional que precisamos cambiar dende a unidade e a solidariedade.

No medio do máis colosal desenvolvemento científico-técnico de todos os tempos, o mundo retrocedeu tres décadas en materia de redución da pobreza extrema, con niveis de fame negra non vistos desde o ano 2005. Oitocentos millóns de persoas no mundo padecen fame; 760 millóns de persoas, na súa maioría mulleres, non saben ler nin escribir. O chamado Terceiro Mundo presenta máis de 84 millóns de nenos sen escolarizar; hai máis de 660 millóns de persoas sen electricidade, e só o 36 % da poboación utiliza Internet nos países menos adiantados e nas nacións en desenvolvemento sen litoral.

No ano 2022, vinte e cinco nacións en desenvolvemento tiveron que entregar máis dunha quinta parte dos seus ingresos totais ao servizo da débeda pública, o que equivale a unha nova forma de escravitude.  Só ese ano o gasto militar mundial, como aquí mencionouse, alcanzou a cifra de 2,24 millóns de millóns de dólares.

Lograr a participación universal inclusiva na economía dixital requirirá investir nos nosos países como mínimo 428.000 millóns de dólares para o ano 2030.  Esta demanda podería cubrirse con apenas o 19 % dese gasto anual en armamento.

En 2024, as economías de América Latina e o Caribe continuarán en baixo crecemento e todas medrarán menos que no ano 2023 polo que dixo que América Latina e o Caribe seguirán a ser a rexión máis desigual do planeta. “Somos 183 millóns dos que un 29% están baixo o límite da pobreza e deles, 72 millóns na extrema pobreza. “Magoa profundamente que a metade desas cifras corresponda a nenos e a adolescentes”.

Mentres o imperio describe Cuba coma un caso de miseria producida por malgoberno “a creación de empregos no entorno continental entre 2014 e 2023 foi a máis baixa dende a década de 1950; dos 292 millóns de persoas ocupadas, unha de cada dúas desempeña empregos informais e catro de cada dez teñen ingresos inferiores ao salario mínimo.  Afonda a golada de xénero no emprego e tamén nos ingresos; catro de cada cinco menores de dez anos en América Latina e o Caribe non saben ler nin escribir. Non son datos inventados por Cuba: están no balance preliminar das economías de América Latina e o Caribe publicado en decembro de 2023 no Panorama Social de América Latina e o Caribe da CEPAL; no Informe da Situación e Perspectivas da Economía Mundial de 2024,  da Organización das Nacións Unidas, publicado en xaneiro de 2024; e na Encrucillada da Educación en América Latina e o Caribe, un informe da UNICEF e o Banco Mundial que data de marzo de 2023”.

“Por iso –concluiu Diaz-Canel-  os nosos pobos teñen unha sede histórica de xustiza. Fronte  tanta incerteza e desesperanza despregada polas elites capitalistas, necesitamos certeza e confianza no triunfo das nosas ideas, no triunfo da unidade e no triunfo da solidariedade. Lonxe de globalizar a solidariedade, a amizade e o respecto, o mundo acode á guerra, ás sancións, ás medidas coercitivas, ás presións, aos bloqueos, a levantar muros e, sobre todo, á guerra, ao xenocidio.  Mostra de que o capitalismo non ten ningunha resposta para os problemas actuais da humanidade”.

En relación co xenocidio en Gaza e Cisxordania, dixo que “Todos sinalamos os perigos da impunidade coa que actúa Israel, grazas á complicidade e o apoio do Goberno de Estados Unidos e malia os graves riscos de rexionalización do conflito no Oriente Medio, unha seria ameaza para a paz e a seguridade internacional; só unha mentalidade imperial, un propósito intervencionista, pode negar que a paz e estabilidade nesa rexión dependen, en primeiro termo, dunha solución ampla, xusta e duradeira ao conflito israelí-palestino, que contemple a creación dun Estado Palestino soberano e independente nas fronteiras anteriores a 1967, con Xerusalén Oriental como capital e garantindo o dereito ao retorno dos refuxiados á súa terra. Demandamos o ingreso inmediato do Estado de Palestina como membro de pleno dereito da Organización das Nacións Unidas”

Lembrou que Cuba solidarizárase de  sempre coa causa palestina. “Hoxe no noso país estudan centos de estudantes palestinos, con eles temos un intercambio permanente, con eles o noso pobo desfilou fronte á Embaixada norteamericana en Cuba demandando que cese a agresión a Palestina.  Xunto a eles compartimos conversatorios, debates e tamén manifestacións de expresión pública. A esa mocidade dixémoslles que son fillos tamén de Cuba, e todos os cubanos e cubanas sentímonos pais e nais deses mozos palestinos que estudan connosco, que comparten tamén a cotiandade do pobo cubano.  Facemos todo o posibel por que se forxen como bos profesionais, como bos patriotas, para que sexan no futuro útiles ao seu pobo e á súa causa; en todos eles observamos decisión e compromiso crecente coa causa palestina, e por iso estamos seguros de que dende aquí, dende Cuba, son tamén parte do presente e do futuro de Palestina.  Viva Palestina Libre! E de igual maneira, manifestamos o noso apoio á causa do Pobo Saharauí que pode seguir contando cun amigo fiel e leal en Cuba”.

Diaz-Canel repaarou en que a maioría dos despachos das axencias hexemónicas, manipularan a cifra, o contido e o éxito da convocatoria do Primeiro de Maio en Cuba.  “Algúns deles contaron “miles de cubanos en actos moi pequenos, non tradicionais”. Temos que aclararlles ben aos señores imperialistas, que non participaron miles de cubanos: participaron máis de catro millóns de cubanos!”

O presidente foi interrompido por aplausos no decurso e final da súa importante intervención.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *