Os himnos nacionais de Cuba e Portugal resoaron na céntrica avenida Fontes Pereira de Melo de Lisboa ao receber na entrada da Embaixada de Cuba, no número 19, un galano floral de cravos vermellos e brancos en recordo de Adriana Corcho Calleja e Efrén Montegudo Jiménez, diplomáticos que perderon a súa vida no atentado terrorista de 22 de abril de 1976. Unha placa conmemorativa recorda na porta da legación aos dous diplomáticos asasinados en plena mocidade. A onda de máis de 150 atentados contra misións diplomáticas e obxectivos cubanos en máis de 20 países sucedera entre 1975 e 1976, con ataques terroristas contra as Embaixadas de Cuba en Perú e México e outras legacións, entre elas a de Nova York.
A embaixadora de Cuba en Lisboa recorda a Adriana Corcho Calleja e Efrén Montegudo Jiménez, diplomáticos que perderon a súa vida no atentado terrorista de 22 de abril de 1976.
O Departamento de Estado dos EUA publicou 13 de abril o seu informe de dereitos humanos no mundo en 2015 no que, como xa ten por norma, evita mencionar a súa própia realidade. Facendo uso de datos contrastados, procedentes da estatística norteamericana e de organismos internacionais, a Oficina de Información do Consello de Estado de China, publica un completo informe sobre os dereitos humanos nos EUA no que salienta abuso da autoridade sobre a poboación, en especial sobre afro-americanos e latino-americanos; prevaléncia da clase adiñeirada sobre o sistema electoral e de governo; maltrato crecente de menores, ascenso das mortes causadas polo sistema de libre acceso ás armas, a poboación carcerária máis alta do mundo e degradación en aumento das cadeas, en maioria entregadas a interese privados; detidos sen instrucción nin xuizo xusto e inxerencia armada arbitrária con danos de lesa humanidade en paises terceiros aos que negan calquera dereito, incluidos o de defensa e reclamación ante instancias internacionais.
O facho das liberdades pratica o desprezo sistemático dos Dereitos Humanos en todo o planeta.
O Parlamento de Galiza volveu condenar o Bloqueo norteamericano contra Cuba. A votación produciuse no pleno de mércores 13, nesta ocasión por unanimidade, ao sumarse a maioría do PP na cámara a un texto de recusación da inxerencia na liña do que fora aprobado pola maioría de esquerdas 23 de setembro de 2008. O novo pronunciamento celebra o restablecemento de embaixadas entre Cuba e EUA, recorda o clamor da Asemblea da ONU a prol de respectar o dereito internacional na illa e cualifica de “inhumano embargo” o cerco político, social e económico criticado polo mesmo presidente Obama. A asociación Haydee Santamaria promoveu a declaración lida polo presidente do Parlamento.
O cónsul xeral de Cuba en Galicia, José Antonio Solana segue a sesión do Parlamento, acompañado polo secretario xeral de Emigración da Xunta, Antonio Rodríguez Miranda.
Silvio Rodríguez (La Habana, 1946) actuou dia 8 no Coliseo da Coruña, onde veu presentar seu novo disco ‘Amoríos’ e recrear algúns dos clásicos da súa extensa obra. Na súa páxina electrónica “Segunda Cita”, Silvio conta a súa visita á escola pública Sanjurjo de Carricarte, o mesmo día do concerto, na praza de San Xosé de A Coruña. “Onte invitáronnos a unha escola primária en A Coruña -di o compositor e co-fundador de A Nova Trova- e de certo pasámolo moi ben: recibiunos unha entusiasta directora e vários mestres, mais no percorrido polas aulas foi a rapazada quen nos levou da man. No primeiro fomos visitar aos máis cativos e conmoveume o mesmo arrecendo de lápis e gomas de borrar daquela escola pública número 5 de San Antonio de los Baños, que me acollera hai un mundo de tempo”.
Nenas e nenos da escola pública Sanjurjo de Carricarte, antenden a trova de Silvio Rodríguez.
Representantes da cultura e a política dirixiron a Mesa do Parlamento unha carta na que reclaman a declaración do pleno sobre a necesidade do fin do Bloqueo. Da sanción deste escrito pola cámara, pode resultar unha contribución expresiva da condena manifestada pola maioria do País contra o ilegal inxerencismo político, económico e comercial dos Estados Unidos contra a Revolución Cubana, causante dende 1961 de derramas materiais cifradas nun billón de dólares e graves consecuencias para a sociedade da illa. A orixe do escrito é unha carta promovida pola asociación “Haydee Santamaría”, encabezada polo premio Nobel da Paz, Adolfo Pérez Esquivel, o voceiro de AGE Xosé Manuel Beiras e o ex-voceiro do BNG Xavier Vence.
A maioria de esquerda do Parlamento de Galiza aprobara en 2008 outra moción contra o Bloqueo.