Todalas entradas de Terrasenamos

Colòmbia será pais convidado na XXXI Féira Internacional do Livro da Havana que comezará 9 de fevereiro

Axencias –TSA

Colòmbia será pais convidado na XXXI edição da Féira Internacional do Livro de Havana que abrirá portas vindeiro 9 de fevereiro.  Cuba é para esta ocasião um viveiro cultural com a leitura como epicentro, para o qual cerca de 4,2 milhões (4.200.000) de exemplares, arredor de 4.200 títulos e mais de 1.200 publicações digitais estarão disponíveis para compartilhar na XXXI Feira. «A capital cubana será sede da maior celebração da literatura na Ilha maior das Antilhas; os locais serão a habitual Fortaleza San Carlos de la Cabaña e o centro histórico da cidade. Além disso, o evento terá 12 sedes alternas onde o público poderá desfrutar de um amplo programa literário, acompanhado de outros eventos artísticos», explicou à imprensa Juan Rodríguez Cabrera, presidente do Instituto do Livro Cubano (ICL) e do Comitê Organizador da Feira.

A XXX Féira Internacional do Livro da Havana tivera Mèxico como país convidado e bateu todos indices de asisténcia, a pesar da pandémia terminal.

Esta edição, cujo tema será a leitura inclusiva, será dedicada à bibliógrafa Araceli García Carranza e ao Prêmio Nacional de Literatura de 2021, Julio Travieso Serrano. No ano de seu centenário, Fina García Marruz e Antonio Núñez Jiménez, figuras exemplares da cultura cubana, também serão lembrados.

O feito de o país convidado de honra asignado a Colômbia, será uma ocasião que Patricia Ariza, dramaturga e ministra da Cultura do governo de Bogotá considera “uma excelente oportunidade para fortalecer os laços de amizade que já existem entre os dois países e que foram construídos por homens e mulheres de cultura, coma nosso grande escritor Gabriel García Márquez”.

A Feira, uma vez terminada a primeira etapa, será estendida para o resto do oeste do país, entre 2 e 5 de março, e, a partir do 9 e até 12, na zona central. Rematará no leste, de 16 a 19 do mesmo mês.

A ciencia internacional celebra a eficacia das vacinas cubanas contra a Covid mentres Washington estorba o aval da OMS

Liz Conde Sánchez – Granma

Por volta dun ano de inmunización masiva anti-COVID-19 en Cuba, a experiencia coas vacinas contra a pandemia elaboradas polos laboratorios públicos do Estado Socialista amosa seguridade, eficacia e utilidade comprobada contra a epidemia, mesmo fronte ás novas variantes altamente contaxiosas do virus que foran aparecendo no mundo. O control sostido da incidencia da enfermidade na Illa é un feito contrastado; o progresivo recoñecemento internacional das vacinas cubanas é evidencia probada. Ao tempo avanza o proceso de recoñecemento pola Organización Mundial da Saúde (OMS) mentres o bloqueo dos EUA dificulta o proceso de avaliación da axencia dos medicamentos da ONU.

A comunidade científica mundial premia a fazaña da ciencia e o Estado Socialista contra a Covid, mentres o bloqueo dos EUA procura retrasar a avaliación da OMS

O doutor Eduardo Martínez Díaz, presidente do grupo empresarial BioCubaFarma sinala que logo de decenas de millóns de doses aplicadas, en Cuba e noutros países, puido observarse que os eventos adversos foron leves e cunha frecuencia moi baixa, mesmo en poboación pediátrica de 2 a 18 anos. Esta experiencia é única no mundo até a data e tanto a propia natureza das plataformas tecnolóxicas empregadas como o deseño das vacinas proban que non se trata de resultados fortuitos. A maiores, as vacinas cubanas teñen unha alta termo-estabilidade. A diferenza doutras que requiren condicións especiais para o seu almacenamento, a temperaturas de conxelación. “As producidas en cuba poden ser almacenadas entre 2 e 8 graos centígrados e manteñen as súas características de calidade a temperaturas superiores aos 30 graos, como mínimo durante unha semana”.  Estas características son de alta utilidade en paises nos que existen dificultades para manter vacinas en cadea de frío.

A eficacia foi superior ao 90% nos estudos clínicos realizados. “A proba fundamental foi que estas vacinas fixeron realidade a diminución da transmisión da enfermidade en Cuba, a partir do mes de outubro de 2021, logo de atinxir un 60% de inmunización da poboación, usando as vacinas Abdala e Soberana». A maiores, é moi alta a súa eficiencia contra fronte á variante Omicron, a máis infecciosa desa enfermidade coñecida até o momento. «As probas epidemiolóxicas demóstrano. En Cuba, a diferenza da maioría dos países no mundo, o pico de contaxios coa variante Omicron e as súas sub-variantes foi inferior ás anteriores, incluído o pico con Delta.

O doutor Martínez Días salienta que a efectividade das vacinas creadas polos nosos científicos contra estas novas cepas do SARS-COV-2 e a estratexia de vacinación dependen en grande medida da experiencia clínica na illa teñen moito que ver con ese comportamento na Illa. “En probas feitas en Cuba e noutras nacións, comprobamos que os anticorpos inducidos polas vacinas cubanas neutralizan a variante Omicron. Mentres outras vacinas atoparon que fronte a variante Omicron perdían até 20 veces a capacidade de neutralizar o SARS-COV-2, respecto á orixinal, as vacinas cubanas só diminúen en dúas veces devandita capacidade de neutralización. Este fenómeno ten a súa explicación na natureza do antíxeno que utilizamos e o propio deseño das nosas vacinas”.

Precisa que as vacinas Abdala e Soberana utilizan o antíxeno RBD, ou sexa, a rexión da proteína espiga (S), que se une ao receptor do virus na célula, e que induce anticorpos neutralizantes contra unha rexión conservada dadevandita proteína entre as diferentes variantes do virus, posiblemente pola importancia de devandita rexión na funcionalidade do mesmo. Isto signiifica que as mutacións nesta zona da proteína non son seleccionadas. Inmunizando coa proteína espiga (S) completa, esta rexión conservada non é inmunodominante; é dicir, indúcen anticorpos preferentemente contra outras zonas da proteína, nas que si existe unha alta taxa de mutacións, e prodúcese un proceso de selección das variantes que escapan ao recoñecemento dos anticorpos neutralizantes.

«A maioría das vacinas actualmente no mercado utilizan como antígeno a proteína espiga (S), o que xerou o fenómeno de picos pandémicos sucesivos produto da aparición de variantes do virus que escapan á inmunidade que xeran devanditas vacinas.

AS VACINAS CUBANAS PODEN SERVIR DE REFORZO UNIVERSAL CONTRA A COVID 19

O presidente do grupo empresarial BioCubaFarma coida que as vacinas baseadas no antígeno RBD poden servir de reforzo universal para o resto das vacinas contra a COVID-19, ao engadiren unha inmunidade protectora contra as diferentes variantes do virus SARS-COV–2, que xa están en circulación ou que puidesen xerarse no futuro. De a pouco, grupos de científicos no mundo publicaron artigos que apoian esta hipótese.

Todos estes resultados fóronse publicando en revistas científicas recoñecidas, a partir de probas realizadas por expertos internacionais, nun proceso de avaliación por pares. Até a data publicáronse máis de 20 artigos científicos en revistas de alto impacto e sábese de outros traballos de análise e divulgación en proceso.

O doutor Martínez Diaz recorda que oito centros internacionais de análise e regulación xa outorgaron o Autorizo de Uso de Emerxencia. De a pouco, comisións de expertos e científicos de prestixiosas institucións dos EUA, o Caribe e África visitaron Cuba e tiveron acceso a toda a información sobre as campañas de vacinación e os resultados obtidos, en encontros con especialistas, médicos, científicos e técnicos, tanto en institucións de Saúde como en instalacións bio-tecnolóxicas. O traballo realizado e a calidade das vacinas cubanas foron obxecto de informes públicos.

Con relación ás probas en marcha para o recoñecemento das vacinas cubanas pola Organización Mundial da Saúde OMS comezadas este ano, séguense os procedementos establecidos e o intercambio de información do expediente da vacina Abdala.  Martínez Diaz sinala que hai demora nun dos compoñentes do proceso de avaliación, o que se refire a visita de expertos da OMS ás plantas nas que se fabrican as vacinas. “Estaban previstas para fins do ano, nas instalacións produtivas do complexo biotecnolóxico CIGB-Mariel, onde estamos a transferir a produción da vacina Abdala, mais a liña de fabricación de recombinantes presenta atrasos por atrancos para podermos facer os pagos á empresa encargada da posta en marcha do equipamento e dos sistemas desa liña de produción. Levamos nove meses tentando realizar eses pagos, que non se materializaron porque varios bancos recusaron facer as transferencias. Temos previsto que o proceso de avaliación pola OMS sexa logo realidade no 2023».

O imperialismo dos EUA non é un problema de Cuba, é un problema da humanidade

Iroel Sánchez – Granma

E nunca esqueceremos que formamos parte deste mundo: que a nosa sorte é a sorte dese mundo, que a nosa vitoria é a vitoria dese mundo contra o imperialismo, e que a derrota dese mundo sería a nosa derrota e a nosa escravitude!

(Fidel Castro, Discurso de clausura do XII Congreso da Central de Traballadores de Cuba, 29 de agosto de 1966)

Alá por marzo de 2014, no albor do que sería o proxecto contrarrevolucionario Cuba Posible, un dos seus contribuíntes, entrevistado por unha xornalista de Miami na Illa, daba consello a Cuba para a relación cos EUA: «é mellor, para o actor máis débil, adoptar cambios para poder entrar nun mapa maior, no que predomine o liderado norteamericano». Láiase o entrevistado de os dirixentes cubanos «non se sentir cómodos co mundo realmente existente e faceren o posíbel por mudalo”.

A relación de Cuba cun veciño que ten 30 veces a súa poboación, o poder económico e militar máis importante do mundo é tan asimétrica que a proposta de cangar semellante xugo, aceptar o mundo tal cal é, renunciar a cambialo e perder a martiana estrela na fronte, poida que gorente aos que pensen máis coma estadounidenses; o plattismo (a situación de dominados pola Enmenda Platt) e o fatalismo xeográfico teñen a súa parte na historia nacional, cousa que se ensina, non nas universidades estadounidenses senón na escola primaria nacional.

A rapazada cubana tamén aprende na escola (malia algúns preferiren esquecer de adultos) que até 1959 Cuba era un país con monocultivo (canabal) en terras de propiedade norteamericana situadas no seu territorio; que exportaba un só produto (zucre) a un só mercado: os EUA. As empresas estadounidenses compraran as mellores terras a  prezo de centavos a caballería (unidad de superficie de Cuba equivalente a 2 e1/2 cuncas de Galiza, ou 133 m2) logo dunha guerra na que o seu Goberno interveu cando os cubanos tiñan acurralado ao maior exército que tivo España en América.

No dealbar da guerra pola independencia de Cuba e Porto Rico, José Martí, o seu principal organizador, deixaría escrito para a posteridade a súa vontade de dirimir asuntos críticos: «É un mundo o que estamos a equilibrar; non son só dúas illas as que imos liberar», e definiría tamén que canto fixo e faría era para «impedir a tempo coa independencia de Cuba que os EUA crucen as Antillas e arrasen as nosas terras de América».

A visiónn de Martí é universal: tratou das loitas dos pobos nas máis diversas contornas. A súa primeira obra literaria (Abdala) sucede no Oriente Medio, e non hai pobo alzado pola súa soberanía que non teña ao seu lado a pluma martiana. De Irlanda a Vietnam, como os pobos orixinarios do que el chamou A Nosa América, tiveron nel a mirada atenta e profunda sobre as súas resistencias, como tamén os obreiros de Chicago que o mundo do traballo honra cada 1ro. de maio.

Martiano exemplar, Fidel comprendeu que limitarse a denuncia das intervencións dos  EUA como criterio para tratar da Revolución no campo internacional, sen á vez tratar de cambiar o contexto, sería suicida para os revolucionarios cubanos. Pola súa visión humanista e universal martiana, pero tamén pola comprensión de que esa enorme asimetría só pode equilibrarse cunha participación activa construtiva no escenario internacional. Por iso sempre  considerou as relacións entre os EUA e Cuba dende unha perspectiva integral  e global e non só como un problema bilateral ou reducilas de bloqueo económico.

Das  nacionalizacións e os Cinco puntos da Crise de Outubro ao Xuramento de Baraguá, pasando polas batallas contra a extraterritorialidade do Título III da Lei Helms-Burton, contra o Plan Bush, polo regreso do neno Elián e a liberdade dos Cinco antiterroristas cubanos illegalmente condenados nos EUA, o Comandante fixo da loita antimperialista un instrumento de cohesión social co pobo como protagonista, unha razón para a mobilización popular en Cuba e na opinión pública internacional para que o custo político ao adversario  fose alto.

Da axuda aos movementos de liberación nacional e a formación masiva de profesionais para o Terceiro Mundo ao envío de brigadas médicas  e a exportación de competitivos produtos bio-tecnolóxicos, incluíndo as recentes e moi efectivas vacinas cubanas contra a COVID-19, o papel de Cuba no mundo foi e é mil veces superior ao esperábel dun pequeno país resistente nas fronteiras do maior imperio da historia.

O imperialismo estadounidense non é un problema de Cuba, é un problema da humanidade. As políticas dos EUA non ameazan só a Cuba, comprometen a supervivencia mesma da especie humana; a emerxencia de novas e crecentes contestacións a esas políticas, recoñecen ese papel que a illa exerceu como símbolo de resistencia a esa pretensión hexemónica.

Iso é o que explica a impresionante, diversa e solidaria recepción que acaba de ter a delegación encabezada polo Presidente cubano Miguel Díaz-Canel en Alxeria, Rusia, Türkie  e China, pouco despois de cumprir tres décadas o rexeitamento humillante ao bloqueo económico dos EUA contra Cuba na ONU, ou a descualificación case unánime dun Cume das Américas con ausencia cuaban. Non é só que eses países apoien Cuba, é tamén que ao apoiala saben que se están apoiando a si mesmos, nunha hora crítica en que as ordes de Washington xa non as obedecen nin en Arabia Saudita. Outra vez resume Martí: «Cuba non vai de pedincha polo mundo, vai de irmá, e ao salvarse salva, e obra con esa autoridade». Sábeno amigos e inimigos, como debemos saber aquí que para manter esa autoridade coa que a palabra Cuba admira ao mundo, o decisivo é o que fagamos con ese apoio, nesta Illa, e alén de nós, quen nos chamamos cubanos e cubanas.

Liberdade para o diplomático venezolano Alex Saab, preso político nos EUA

O país que rexenta a prisión ilegal de Guantánamo, vai xulgar a partir do día 12 de decembro de 2022 ao diplomático venezolano Alex Saab. O seu delito: xestionar a compra de alimentos, medicinas e bens básicos para o pobo de Venezuela durante a crise de abastecemento sufrida a causa do bloqueo económico imposto por Estados Unidos.

O diplomático Alex Saab fotografiado co uniforme de seguridade da cadea Federal de Miami, no momento de ser encerrado ilegalmente polo goberno dos EUA en 2018.

Un decreto do departamento do Tesouro dos EUA estase aplicando en todo o mundo de forma totalmente irregular, pois ese organismo non debería ter xurisdición fóra das fronteiras de EEUU. Ocorre que ao facerse as transaccións internacionais en dólares, poden resultar castigados terceiros estados que realicen intercambios económicos en dólares con Venezuela.

Neste contexto Alex Saab foi nomeado en abril de 2018 diplomatico coa categoría de Enviado Especial do Goberno de Venezuela para xestionar a compra de suministros básicos.

O 12 de xuño de 2020, Alex Saab realiza unha viaxe internacional co encargo do Goberno para a compra de bens de primeira necesidade. O avión de Alex Saab fai escala en Cabo Verde para repostar, e o diplomático é detido sen ningunha  orde de arresto internacional nese momento. A súa detención polo tanto é absolutamente ilegal ao non existir no momento da súa detención en Cabo Verde ningún fundamento legal que a xustifique.

Durante a súa detención sufre torturas por parte de varios axentes da CIA que lle chegaron negar auga e atención médica.

A apertura do procedemento penal aberto nos EUA vulnera o artigo 14b) da Convención de Viena sobre Relacións Diplomáticas de 1961, ao non respectar a inmunidade diplomátic. Pero sobre todo o proceso penal aberto nos EUA é unha resposta á frustración de ver que o Goberno de Venezuela era quen de romper o bloqueo contra a vontade imperialista.

Por todo iso esiximos ao Goberno dos EUA a liberación de Alex Saab, porque este proceso que non solo viola a Convención de Viena de 1961 senon que tamén pretende impoñer a súa lei do “imperio “ en todo o mundo.

Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez

Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil

A estrea en Vigo do documental “Matrioskas”, un memorábel encontro coa historia e o compromiso das “Nenas do Exilio”

Nazario Lores Calanda – TSA

Organizada pola Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil e pola Asemblea Republicana  de Vigo e cunha sá chea de xente, a proxección nos Cines Norte de Vigo do documental Matrioskas da cineasta navarra  Helena Bengoetxea  converteuse  non só nun feito de carácter artístico senón en todo un acontecemento  de vindicación memorialista e de xustiza histórica.

A xornalista Helena Bengoetxea, presenta o seu filme Matrioskas no Festival Internacional de Cortametraxe e Documental de Bilbo (Zinebi)

Durante os 74 minutos que dura o filme,  Helena Bengoetxea achéganos ás historias  de vida de catro mulleres  nonaxenarias que, con doce ou trece anos, tiveron que fuxir das galloupas do fascismo durante a Guerra que comezaran os fascistas contra a legalidade republicana en xullo de 1936 . Teresa, Araceli, Alicia e Xulia, eran catro rapazas dos máis de 34000 nenos e nenas que entre marzo de 1937 e outubro de 1938 saíron dende distintos puntos da España leal para seren acollidos en fogares solidarios doutros paises. Segundo os datos que barallan os expertos, Francia acollería ao redor de 20.000 menores, Bélxica 5.000, Reino Unido 4.000 (a meirande parte vascos)  México  e Suíza  uns 500, Dinamarca  un centenar e a Unión Soviética  perto de 3.000.

Precisamente na Unión Soviética, recalaron Teresa, Araceli, Xulia  e Alicia. Alí viviron a II Guerra Mundial e a invasión nazi, padecendo o terribel cerco de Leningrado, aqueles  872 días en que o exercito alemán someteu a cidade a un bloqueo de fame e bombardeos criminais. Sufriron na URSS unha guerra contra o fascismo á que elas tamén seguramente chamaron Gran Guerra Patria  pero tamén  na URSS se formaron como profesionais e universitarias (medicas ou inxenieiras) e, nomeadamente empoderáronse como mulleres libres, xusto na antítese do que padecían ás mulleres que por se atoparen na  España franquista, foron condenadas a morte civil e á invisibilidade social, laboral e xurídica.

Polas circunstancia do tempo que lles tocou vivir e por un compromiso político, de seu, transladáronse dende a Unión Soviética para trasladarse a Cuba , atendendo a demanda en 1961 do goberno da illa  que precisou  tradutoras de ruso para atender aos técnicos soviéticos que acudiron á illa para afortalar a Revolución e axudar a illa, xa daquela bloqueada polos USA.

Rodada entre marzo e setembro de 2020, cun parón de catro meses pola pandemia e estreada no 2021, asistimos en Matrioskas a un moi competente  traballo  documental que se construe dende a elegancia da impeccábel fotografía de Iñaki Alforja, e onde a realizadora navarra, formada na prestixiosa escola de cine cubana de San Antonio de los Baños, narra  estas catro historia de mulleres  (onde cada unha por separado  conten ou  complementa e amplía a experiencia das outras, por iso é acaido o  titulo de Matrioskas) cunha tenrura que ultrapasa a eficacia dunha narración formalmente impecábel. Dotada dun tempo narrativo e ritmo ben  precisos,  onde nada falta e onde cada plano que centra a intervención  destas admirabeis mulleres  ofrécenos  unha lección de dignidade e compromiso, Matrioskas aporta experienciae evidencias que nas que reencontramos unha parte importante da  historia que o franquismo e o silencio da chamada transición tentou borrar, pero que  o traballo de Helena Bengoetxea  devólvenos agora, con man mestra, rigor e compromiso  admirábel.