Todalas entradas de Terrasenamos

Cuba, unha Revolución de Solidariedade que non está soa (manifesto do MESC contra o Bloqueo)

O MESC (Movemento Estatal de Solidariedade con Cuba) reafirma 7 de maio de 2022, nun acto celebrado na Embaixada de Cuba en Madrid, o compromiso de solidariedade internacionalista coa Revolución Cubana e a defensa da súa soberanía ante todo tipo de agresións, nomeadamente o bloqueo económico, comercial e financeiro no que terman os EUA dende hai máis de 60 anos, e a manipulación mediática que enzaramalla a realidade do país co propósito de interferir as leis e a paz da nación.

A tan só unha semana dunha nova mostra de resistencia creativa e digna do pobo de Cuba, que marchou coa clase traballadora na avangarda por toda a illa nunha xornada histórica en memoria do 1 de maio, o noso compromiso é defender a soberana vontade de Cuba decidir o seu futuro sen intervención allea nin presión de ningún xénero. Neste sentido, sumámonos á campaña internacional que esixe ao goberno dos EUA presidido por Biden o levantamiento do bloqueo a Cuba, e seguiremos loitando até conseguir a súa eliminación.

Proclamamos que Cuba vive e aadianta tras superar grandes dificultades e atrancos nestes meses marcados pola crise mundial da pandemia do COVID19; polo encarnizado e dañino cerco dos EUA contra a illa e por toda unha campaña de agresións infames acompañadas de propaganda mentireira e agresión política e diplomática, organizadas e pagadas pola mafia de Miami co apoio da dereita internacional, o goberno de Washington e os seus aliados.

Grazas á heroica resistencia do pobo cubano, á vontade política do goberno e á calidade do compromiso humanista da clase traballadora cubana, a Historia recordará que a ciencia de Cuba asumiu o desafío da Covid19 e logrou unha vitoria en toda liña, mal que fose silenciada pola gran prensa corporativa, con 5 candidatos vacinais que permitiron inmunizar á súa poboación, incluída a vacina pediátrica para maiores de 2 anos, e compartila con outros pobos. Merecen mención asemade os milleiros de profesionais sanitarios do Contingente Henry Reeve que axudaron en decenas de países aos gobernos locais na súa batalla contra a pandemia.

O bloqueo é unha violación masiva, flagrante e sistemática dos dereitos humanos de todas as cubanas e cubanos. En razón do seu manifesto propósito e a vista dos alicerces políticos, legais e administrativos nos que se sustenta, estas sancións son un acto de xenocidio a teor da Convención para a Prevención e Sanción do Delito de Xenocidio, de 1948, e coma Acto de Guerra Económica, na letra do establecido na Conferencia Naval de Londres, de 1909. Josep Biden, actual presidente dos EUA non modificou ren desta política criminal contra todo un pobo, malia terse comprometido durante a súa campaña electoral. Máis ben quixo aproveitar a pandemia para agravar o cerco e tentar acabar coa Revolución Cubana. O fracaso é, máis unha vez, evidente a vista da dignidade e a resistencia creativa dun pobo consciente e soberano.

O goberno dos EUA non deixa de usar a Organización de Estados Americanos (OEA) coma seu Ministerio das Colonias, e pretende evitar a participación de Cuba, Venezuela e Nicaragua do próximo Cume da OEA, unha nova manobra  que está a ser contestada pola solidariedade internacional dos países membros da CELAC, CARICOM e O GRUPO DE PUEBLA. A ilegal iniciativa dos EUA pon en risco o propio Cume e evidencia o servilismo vergoñento desta caduca e desacreditada organización . Dende o MESC denunciamos esta nova agresión e esiximos respecto a Cuba como pobo digno e revolución soberana no poder. Como expresou o presidente de Cuba Miguel Diaz- Canel “os grandes retos da humanidade non se solucionan coa confrontación e a violencia, senón mediante a solidariedade e cooperación”.

Cuba é un referente para o Mundo. En 23 de xuño de 2021 recibiu a aclamación da comunidade internacional en Nacións Unidas que condenou e esixiu a eliminación do bloqueo dos EUA. A Unión Europea non tivo máis remedio que volver pronunciarse en contra desta política criminal que viola os Dereitos Humanos de todo o pobo cubano. Pola súa banda, o presidente cubano expresou que o bloqueo é o “sistema de sancións económicas máis invasivo e prolongado que se ten aplicado xamais contra país algún”, e que constitúe “o principal atranco para o desenvolvemento do país”. Os EUA terman neste aldraxante argumento imperialista contra Cuba, impedimento definitivo da normalización entre os dous países. Cuba ten pleno dereito a recusar a antigua pretensión dos gobernos de Washington de intervir nos asuntos internos da illa. O proceso de actualización do sistema económico cubano está encamiñado a normalizar o socialismo e conta co consenso maioritario e a participación do pobo de Cuba, como proban as repetidas consultas e o debate e participación nos barrios a medio das organizacións cubanas de base.

Cuba non está soa. O movemento de solidariedade mundial, e a comunidade cubana emigrada patriota, expresaron seu firme compromiso de defender a soberanía contra o criminal bloqueo a través dun intenso activismo que denuncia os efectos do cerco e asiste a Cuba fronte ás agresións con envíos de toneladas de material sanitario e escolar, manifestacións públicas, declaracións de institucións e personalidades, mesas redondas e ciber-accións para sensibilizar ao conxunto da sociedade. Eis algúns exemplos das actividades realizadas en apoio da illa máis solidaria do mundo que está a probar que outro mundo mellor é posibel ante a crise sistémica mundial.

O MESC, composto por 58 organizacións do Estado español, reafirma seu compromiso na loita contra o ilegal bloqueo dos EUA, na defensa de soberanía cubana e no propósito de acompañar a Revolución Cubana na construción do socialismo!

Cuba non está soa!
Abaixo o Bloqueo!
A solidariedade non se pode bloquear!
Cuba vive e avanza!
Viva a Revolución Cubana!

Emitido polo MESC en 7 de maio de 2022

O Movemento de Solidariedade con Cuba está integrado por:

1. Asociación Almeriense solidaria con el pueblo Cubano

2. Asociación Andalucía – Cuba (puente de cooperación para el Desarrollo Sostenible)

3. Asociación Camilo Cienfuegos Cuba-Aragón

4. Asociación Cultural Cubano Andaluza La Avellaneda

5. Asociación de amistad Canario-Cubana José Martí

6. Asociación de amistad con Cuba Camilo Cienfuegos de Denia

7. Asociación de Amistad con Cuba Miguel Hernández de Alicante

8. Asociación de Amistad Hispano Cubana Bartolomé de las Casas de Madrid

9. Asociación de Amistad Hispano Cubana Bartolomé de las Casas de Sevilla

10.Asociación de Amistad Hispano Cubana de Málaga

11. Asociación de Amistad Hispano-Cubana Julio Antonio Mella de Madrid

12.Asociación de Amistad Rioja Cuba

13.Asociación de amistad y cooperación con cuba La Gran Piedra de Granada

14.Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil

15.Asociación de Cultura Popular Estrella Roja

16.Asociación de iniciativas solidarias Alhucema de Morón (Sevilla)

17.Asociación de Solidaridad con Cuba Vilma Espín San Lúcar de Barrameda (Cádiz)

18.Asociación de Solidaridad Toledo-Cuba Antonio Maceo

19.Asociación de Solidaridad y Cooperación al Desarrollo Ernesto Guevara de Torrejón de

Ardoz

20.Asociación Hispano Cubana Paz y Amistad de Avilés

21.Asociación Lázaro Cárdenas

22.Asociación Maximiliano Tornet de Huelva

23.Asociación Pablo de la Torriente Brau de Alcobendas-San Sebastián de los Reyes

24.Asociación para la Cooperación Internacional Patrice Lumumba

25.Asociación Provincial de Jaén Amistad con Cuba Indio Naborí

26.Asociación Valenciana de Amistad con Cuba José Martí

27.Associació d’amistat amb Cuba Pep Linares d’Alcoi

28.Casa de Amistad Baleares-Cuba

29.Casal Cubà de Sabadell

30.Casal d’Amistat amb Cuba de Lleida

31.Casal d’Amistat amb Cuba de Badalona

32.Casal d’Amistat amb Cuba de Barcelona

33.CESC de Madrid

34.Colectivo 26 de Julio de Madrid

35.Comité Antiimperialista de Murcia

36.Comité contra el Bloqueo a Cuba de Cádiz

37.Comité de Solidaridad Internacionalista de Zaragoza

38.Comunistes de Catalunya

39.Cosal-Murcia y Entrepueblos Murcia

40.Defensem Cuba

41.Euskadi Cuba

42.Frente Antiimperialista Internacionalista

43.HERMANAMIENTO NOU BARRIS- EL CERRO CUBA

44. Izquierda Unida (IU)

45.Marx Madera

46.MediCuba España

47.Mollet amb Cuba

48.Movimiento Democrático de Mujeres (MDM)

49.ONG AWON IYAAMI

50.Partido Comunista de España (PCE)

51.Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE)

52.PCE (m-l)

53.Plataforma de Solidaridad con el Pueblo Cubano de Granada

54.Red de Solidaridad Canario Cubana

55.Rincón Cubano Granma de Torrelavega (Cantabria)

56.Sociedad Cultural Cubano Andaluza José Martí de Sevilla

57.Sodepaz

58.Sodepaz Andalucía

Coordinacion, mescuba

Tradución ao Galego de Vera Solleiro Amil



Cuba celebra o Primeiro de Maio acompañada pola solidariedade internacional

Axencias – TSA

Mais de mil representantes da rede mundial de solidariedade con Cuba, asistiron a manifestación do Primeiro de Maio na Praza da Revolución da Habana, réplica dunha marea que percorre a illa de cacho a cribo na cita principal da independencia, a que simboliza a vontade de preservar a soberanía e o legado de Fidel. Entre as bandeiras de sesenta nacións solidarias, figuraba a da Galiza, representada por unha delegación da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil.

A solidariedade internacional vive con Cuba a data maior da Revolución.

«Bon dia, Cuba. Chegou Primeiro de Maio, festa de traballadoras e traballadores, marcha dos homes e mulleres que fan Patria. Vémonos a beira de Martí, o lugar no que tantas veces acompañáramos a Fidel e onde estaremos con Raúl”.  A este saúdo do presidente Diaz Canel, respondeu unha inmensa marcha popular, a representación internacional presente e os parabéns de todas as nacións do mundo que nunca permitiron que Cuba estivese soia, nin en momentos coma o presente, nos que a máquina da propaganda imperialista non permite que as novas de Cuba circulen no mundo. Dende hai sesenta anos, a predicación imperial das liberdades consiste basicamente nun exercicio de censura.

O ministro de Estado dixo que a cita era a demostración dun pobo traballador que non dobrega e batalla con vontade creativa contra un bloqueo oportunista e criminal. “Os propósitos do imperialismo fracasarán fronte a resolución de o pobo de Cuba defender súa Revolución».

 Rachele Fruit, candidata a gobernadora por Florida, presente na praza en representación do  Partido Socialista dos Traballadores dixo que a xornada era expresión do apoio popular ao goberno revolucionario. “Temos que aprender de Cuba a solidariedade para estendela a todo o mundo». Fruit di que nos últimos anos viran medrar nos EUA as protestas por condicións de traballo inaceptábeis e en demanda de salarios xustos.

Nicolás Aguilar, da Coordinadora Nacional Peruana de Solidariedade con Cuba, recordou que só a vía do socialismo pode garantir a soberanía do pobo e como exemplo citou o do goberno de Pedro Castillo, cercado por unha oligarquía que conserva o voto do Parlamento. “Cuba é o primeiro país  de América que pode resistir o imperialismo por razón de estar gobernado pola clase obreira”.

Aura Rosa Hernández Moreno, que forma parte dunha numerosa delegación da República Bolivariana de Venezuela, agradece o exemplo que a Revolución Cubana ofrece a todos os pobos do mundo na organización da clase traballadora,  na participación do pobo na solución de problemas comúns e no recurso a anovación científica. “O imperialismo non perdoa a autodeterminación dos pobos, a soberanía, ou a toma de decisións propias”.

A seguir da xornada de domingo, comezou na Habana o Encontro Internacional de Solidariedade con Cuba, no que participan as delegacións de 60 países presentes na marcha popular e 219 organizacións do sindicalismo mundial, instancias solidarias e partidos de esquerda.

O presidente de Cuba, o titular da carteira de Estado (relacións exteriores) e outras representacións, asisten ao encontro acompañados por científicos cubanos que interviran nas equipas  creadoras das vacinas cubanas anti-COVID-19.

“O goberno de Washington negou osíxeno de emerxencia a Cuba en plena pandemia” (Miguel Diaz Canel, entrevistado por Atilio Borón)

Isa Regueiro – Terra Sen Amos

Cuba bloqueada e sometida a unha bátega diaria de aldraxes e mentiras na información dominante, a que nunca ve culpa no imperialismo armado. A visión da resistencia de Cuba contra este infame abuso en tempos de pandemia, é do mesmo presidente Diaz Canel, entrevistado polo xornalista Atilio Borón na Radio Madres AM530 de Bós Aires, que transmite en cadea pola popular Radio Undav e que foi reproducida por outras radios comunitarias de Latinoamérica e Caribe.

O presidente de Cuba dixo que a resistencia da illa contra o cerco máis longo da historia contemporánea, agravado polo gobernoo dos EUA con 243 sancións ilegais do máximo rigor, non fai senón reafirmar a vontade cubana de resistencia, na direción específica de responder ao cerco con criatividade. “Nós non claudicaremos; a nosa vontade é resistir pero sempre seguindo un concepto de resistencia criativa, que é precisamente a nosa maneira de abordarmos a pandemia do COVID 19. Resistimos, mais facémolo con talento, esforzo e intelixencia , o que dá como resultado que podemos medrar e, no medio desa resistencia, sexamos quen de avanzar”.

Diaz Canel respondeu preguntas de Atilio Borón sobre o bloqueo económico, comercial e financeiro do Goberno de Estados Unidos contra o pobo cubano; a batalla contra a COVID-19; os actos vandálicos do 11 de xullo e outros feitos que forman parte do cerco da Casa Branca e a súa rede de intromisión e espionaxe contra Cuba. Dixo que o aumento do bloqueo de parte dos gobernos de Trump e Biden, dispón do reforzo de laboratorios de intoxicación que exercen contra a illa unha agresividade inusitada que procura desacreditar conquistas do goberno socialista, manipular decisións de política interna e deformar a realidade diaria do pais.

Unha Cuba imaxinada nas redes sociais

Facendo mención das campañas que deforman a realidade migratoria, a democracia e os dereitos humanos, mencionou a intromisión da embaixada dos EUA en Cuba que viola groseiramente as normas de respecto das misións diplomáticas sobre a toma de decisións de goberno de cada país. Diaz Canel dixo que a Cuba descrita nas redes sociais non gardaba nin relación coa realidade que vive Cuba, nomeadamente na dignidade do pobo e no seu sentido de resistencia e vocación internacionalista e solidaria.

O presidente de Cuba dixo que confiaban na construción dun mundo mellor, de acordo coa máxima de Fidel e recordou que nas circunstancia actuais é preciso lograr que o mundo virtual se desprenda da banalidade, vulgaridade, odio e mentiras das que ven cargado, que estorban de feito calquera obxectivo de superación.

Diaz Canel recordou que cando descargou a tormenta da Pandemia, o goberno dos EUA aumentou o bloqueo como nunca e multiplicou a súa constante campaña de aldraxes e mentiras. Formalizou de feito o que se coñece coma unha guerra non convencional contra  Cuba seguindo o plano dunha Revolución de Primavera para armar o que eles chaman con impropiedade, un golpe suave  contra Cuba, que non ten ren de suave, por certo”.

Dixo que o goberno dos EUA negou a Cuba osíxeno nos graves momentos en que unha avaría na industria da illa provocara grave escaseza.”Iso foi criminal e, por riba, bloqueounos a compra de ventiladores pulmonares e de equipo clínico e materiais que precisabamos para afrontar a COVID-19».

O presidente falou da fabricación de vacinas propias, realizadas por científicas e científicos de Cuba, que deron como resultado o feito de ser o pais bloqueado un dos tres países con máis poboación vacinada (con polo menos unha dose nun dun 99 por cento. “Cuba está hoxe entre os seis ou sete países con esquema completo de prevención, de tres doses para máis do 89,6 por cento da poboación; e máis do 60 por cento da poboación vacinada con máis outra dose de reforzo”.

Recordou que Cuba foi o primeiro país no mundo que vacinou a poboación infanto-xuveníl por riba de dous anos. “E no medio desta batalla, foi Cuba a que enviou brigadas médicas a varios países para enfrontar a COVID-19, mesmo cando a Pandemia afectou cidades de Europa, como foi o caso de Turín”.


“No medio desta guerra contra a COVID 19 –engadiu Diaz Canel- seguimos perfeccionando os nosos mecanismos de democracia, os nosos mecanismos participativos, os nosos mecanismos de goberno popular e a isto sumamos unha loita polo benestar que abrangue desde a alimentación até a recreación e a procura dunha riqueza espiritual superior”.

O entrevistado enviou no final da conversa unha aperta para todos os pobos latinoamericanos e para os que en diferentes latitudes do mundo e en particular da Nosa América fan de Cuba tamén unha razón das súas vidas e por quen constantemente sentímonos apoiados. “Queremos expresarlle ao pobo de Latinoamérica e o Caribe que a Revolución Cubana seguirá defendendo as súas conquistas e o socialismo e non se renderá nunca: non claudicará. Poden contar con que Cuba sempre estará presente para as causas xustas».



A ONU integra Cuba no cumio da UNICEF, na Comisión da Muller e na de Ciencia e Tecnoloxía

Anna Savio (Nova York) Terra Sen Amos

O Consello Económico e Social (ECOSOC) da ONU anunciou no serán do 13 de abril que acordara integrar Cuba na executiva do Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF) e que interesaba a participación cubana noutras dúas comisións sobranceiras dentro das Nacións Unidas, como son a de Condición Xurídica e Social da Muller e a de Ciencia Tecnoloxía e Investigación. A decisión de incorporar Cuba en tres instancias de tan alto teor internacional, honra a formación e o coidado da infancia en Cuba; a integración da muller que comeza na resistencia e devén realidade na Revolución e unha investigación farmacéutica que converte a Cuba no primeiro pais do Sur  que é quen de pautar e tratar pandemias a partir duns centros de investigación de seu até o extremo de poder axudar países do primeiro mundo en andácio. A  actuación heroica de brigadas cubanas en defensa da vida en circunstancias de catástrofes internacionais, ten gañado a opinión do mundo, mesmo en medios tradicionalmente activos na censura do socialismo cubano.

O bloqueador descobre que o prestixio dos bloqueados progresa, mália os inventores do bloqueo contar coas mellores armas.

Outro tanto sucede coa demanda na ONU para Cuba participar na equipa da Condición Xurídica e Social da Muller. De feito, o pais está a cumprir seu propósito de desempeñar un labor central na promoción dos dereitos da muller e de documentar as circunstancias nas que padecen discriminación mulleres en todo o mundo.  O progreso legal e laboral da muller en Cuba e a participación en todas as instancias de goberno da illa Socialista, recolle o interese da representación de xénero internacional e a demanda de participar en procesos de elaboración de normas en materia de igualdade e empoderamento.

A Comisión de Ciencia Tecnoloxía e Investigación, da que pasa a formar parte Cuba, está integrada no Departamento de Asuntos Económicos e Sociais da ONU, coñecido polo acrónimo ONU DAES. Esta instancia promove a cooperación internacional no eido da ciencia, a política e a sociedade, con actividade seminal de relación e colaboración de todas as ientidade da esfera da ciencia, a tecnoloxía e a apertura de áreas de traballo en común, formuladas coma obxectivo de interese internacional na Conferencia de Río+20 e na Axenda 2030 Para o Desenvolvemento Sostíbel. 

A designación de Cuba sucedeu por aclamación. Dentro da ONU é un feito o prestixio internacional da investigación científica cubana, tratada con sumo interese  por empresas  privadas e públicas de todo o mundo; que este éxito da vontade e do talento das cubanas teña que convivir co infernal Bloqueo que ven de cumprir 60 anos, e maior vergoña para o governo dos EUA e retrato da inmoralidade política dun voto que emana dunha acumulación de capital do exilio que fora antes fuga de capital.

Anna Savio é profesora de socioloxía en Jackson (FL)

Maratón Mediática de Europa por Cuba contra o Bloqueo

SARA ALBA –Terra Sen Amos

 A canle Europa por Cuba acolle esta fin de semana unha MARATÓN MEDIÁTICA para denunciar o Bloqueo estadounidense contra a illa, o mais longo que se recorda na historia contemporánea, con sesenta anos e trece retratos sucesivos de ocupantes da Casa Branca que prometen a anexión de Cuba. O foro acolle opinións de particulares e entidades de varios continentes que expresaron súa vontade de corresponder con Cuba, a irmá solidaria que ten enviado brigadas a todo mundo, incluso ao norte de renda alta, en tempos de emerxencia.

O motivo escollido para esta MARATÓN é o de REPRESENTAR CUBA 24 HORAS SEN BLOQUEO.  O tempo dun dia sen o cerco infernal co que lle estorban a economía, a relación co resto do mundo, a provisións regular de alimentos, enerxía, tecnoloxía e recursos clínicos e farmacéuticos dende hai seis décadas. Se traducimos o custe desa política de asfixia extraterritorial en capacidade de pago del país, só durante 1.440 minutos en que beneficios socioeconómicos se podería expresar?

Escolleremos os sectores de Saúde e Transporte. No informe que Cuba presenta anualmente ante a Asemblea Xeral  da ONU, as afectacións do bloqueo están expresadas de dúas maneiras: a prezos correntes e tomando en conta a depreciación do Dólar con relación ao ouro no mercado internacional.  O prexuizo en danos acumulados durante 57 anos é de 138.843.400.000 $; tomando en conta a depreciación do Dólar norteamericano, os danos acumulados son de 922.630.000.000 $. O custe promedio anual é de 16.186.491.228 $ e o custe promedio diario de 44.346.551 $. O custe diario ven sendo de 12.000.000 $

En saúde: un dia sen bloqueo significaría o tratamento durante cinco anos de 194.371 persoas con diabetes que hai en Cuba;  o  pais podería tratar  durante un ano e catro meses 308.037 persoas doentes de diabetes, cancro, enfermidades hematolóxicas, párkinson e epilepsia.

Para medios colectivos de transporte: un dia sen bloqueo permitiría a compra  de 17 locomotoras; 73 vagóns de pasaxeiros; 173 autobuses articulados ou 351 autobuses de dúas portas.