A Rede Europea de Solidariedade con Venezuela denuncia o golpe de Estado promovido polos EUA para darlle a lexitimidade á figura de Juan Guaidó, que non foi elixido polo pobo, como presidente interino. A medio dun comunicado, as máis de 80 organizacións que conforman a Rede Europea de Solidariedade con Venezuela, recusan a inxerencia imperialista e esixen respecto a soberania do pobo venezuelano polo que sairon este 23 de xaneiro ás ruas en defensa da Venezuela Bolivariana.
A Rede Europea de Solidariedade coa Revolución Bolivariana está conformada por máis de 80 organizacións, entre ela pola Asociación de Amizade Galego-Bolivarianana Hugo Chávez.
“Onte cairon definitivamente todas as caretas –sinalla o comunicado- e o Imperio estadounidense, por
boca do seu vicepresidente, Mike Pence, promove un golpe de Estado en
Venezuela. Pretenden darlle lexitimidade á figura de Juan Guaidó, que non foi
elixido polo pobo, como presidente interino . Todo isto acompañado, outravolta,
por escenarios de violencia organizados por grupos fascistas apoiados polos
Estados Unidos; de chamamentos a militares para romper a orde constitucional e
do cipaios do Grupo de Lima en xira
por países falando de Venezuela, cando o que buscan é tapar as súas propias
realidades. Todo magnificado polo aparato mediático das grandes corporacións”.
“O que agora acontece –sinala a REDE, tráenos a memoria as
Guarimbas de 2014 e, más de perto, as de 2017 onde o maior afectado foi o pobo
de Venezuela, con mortos, feridos, queima de instalacións pública, atentados
contra universidades, garderías, sistemas de transporte, espazos de cultura, servizos
públicos, de reparto de alimentos e medicinas e de disposición de diñeiro en
oficinas bancarias. Vemos de novo como procuran levar a Venezuela a un escenario
de tensión e enfrontamento sen lles importar o pobo, a democracia e as
liberdades, porque realmente son outros os intereses que perseguen. Non podemos
calar perante estas realidades”.
“Dende a Rede Europea de Solidariedade coa Revolución
Bolivariana queremos denunciar, máis unha vez, as manobras dos Estados Unidos da
man dos que promoven un golpe de Estado en Venezuela; a insistencia dende la
Unión Europea por falar de eleccións
libres, cando o pobo venezolano decidiu 20 de mayo de 2018, nas urnas, a
súa vontade coa ratificación de Nicolás Maduro como presidente constitucional”.
“As máis de 80 organizacións que conformamos a REDE, recordamos
que calquera grupo de contacto que poida
crearse dende a Unión Europea, debe acompañar ao pobo venezolano nun proceso de
diálogo e paz, respectando as accións e medidas que só o pobo soberano ten
dereito a decidir, dentro do marco legal”.
“Recusamos a intromisión imperialista e esiximos respecto á soberanía
do pobo”.
Fidel expón a razón de Cuba á corresponsais de todo o mundo na Operación Verdade, 22 de xaneiro de 1959.
Raúl Antonio Capote – Granma
A meirande parte das operacións de propaganda da Central Intelligence Agency (CIA) en América Latina durante os anos 60 tiveran como albo a Revolución Cubana e Fidel Castro. “Non máis Cubas” era unha divisa concreta da CIA. Que é o que cambiou, en materia de manipulación da opinión pública, dende a Operación Verdade para acá, dende as primeiras campañas de intervención soterrada? Que cambiou desde as ilegais radio e tv Martí? Esencialmente dúas cousas: a irrupción de internet e o avance das novas tecnoloxías. Miles de materiais audiovisuais, libros, enciclopedias, sitios electrónicos, realizan esta tarefa sen descanso, emitindo as súas mensaxes falsas.
O memorando presidencial de seguridade nacional do 16 de
xuño de 2017 do Presidente Trump, “Afortalamento da política dos EUA cara a
Cuba”, para promover no internet “corrente de información libre e non regulada”
, resultou na creación da Axencia de Internet para Cuba (GTIC).
As fake news ou
novas mentireiras contra Cuba, cociñadas e inzadas nas redes sociais e nas poderosas
plataformas tecnolóxicas da comunicación, de masivo seguimento, son arestora o
gume de ataque contra a Revolución, na súa teima por inventar e reiterar
mentiras contra as defensas ideolóxicas e facernos vulnerábeis.
Malia as limitacións financeiras do noso país, e do Bloqueo
económico, financeiro e tecnolóxico que o Goberno dos EUA mantén contra Cuba,
continúa a creación e mellora da infraestrutura tecnolóxica.
Cuba ten dispoñibles máis de 1.200 sitios públicos con sinal de internet e 670
salas de navegación para un 1.900.000 contas permanentes de navegación e case
tres millóns de contas a de acceso permanente de navegación internacional
@nauta.cu; a conexión dende as casas cobre 67.000 fogares, en 155 municipios da
Illa.
O dia mesmo que comezou o acceso a internet dende os móbiles
en Cuba, aplicaron as estratexias de información
contempladas nos orzamentos dos anos fiscais 2018 e 2019 da Xunta de
Gobernadores de Radiodifusión dos EUA, onde se recomenda usar contas cubanas de
facebook orixinadas na illa e sen sen
marca, para difundir contido creado polo Goberno dos EUA, sen dar conta diso aos
usuarios cubanos de facebook.
Un dos obxectivos a cumprir por esta axencia é promover os
chamados sitios independentes da
internet en Cuba e crear contas e perfís falsos en diferentes redes sociais,
entre elas twitter, para difundir
contido anticubano.
Cal é a resposta da Revolución Cubana perante os novos retos?
Hai importantes servizos para a poboación incorporados á
rede, en materia de saúde, educación e rexistros públicos, como o civil e as
unidades notariais. Todas as universidades están conectadas por fibra óptica, para
fornecer acceso a internet do 90 % dos profesores e estudantes de ensino
superior, segundo dados do Ministerio de Comunicacións a la ANPP, en decembro
pasado.
O Goberno Electrónico en construción, vai permitir a interacción
integral das institucións do Goberno co pobo e unha maior participación deste a
través das novas canles de comunicación que brindan as novas tecnoloxías.
A incorporación da dirección do Goberno revolucionario ás redes sociais, a
participación activa nas mesmas do Presidente Díaz-Canel, dos deputados da
Asemblea Nacional do Poder Popular, ministros e directivos das institucións
estatais, a beira do pobo e levando a verdade de Cuba ao mundo, enfrontando a
campaña de mentiras e manipulacións da realidade, confire unha nova dimensión á
batalla histórica que libra a Revolución por facer prevalecer a verdade sobre a
mentira e a manipulación.
A Operación Verdade
Na relación entre Cuba e Estados Unidos, a mentira foi un
recurso bélico usado polo Imperio para alcanzar seus obxectivos de dominio
sobre a Illa. A verdade é a primeira vítima, sempre que unha nación poderosa pretende
violentar a liberdade doutra.
Ao ataque racista e manipulador dos xornais dos EUA The Manufactures e The Evening Post, Martí respondera coa Vindicación de Cuba, 25 de marzo de 1889. Dezasete de febreiro de
1957, a entrevista de Fidel a Herbert Matthews, do diario The New York Times, na Sierra Maestra, desmentia o conto, espallado
pola tiranía, da morte do líder do Exército Rebelde.
Os EUA levantaran unha rabiosa campaña de falsidades contra Cuba.
Grandes medios de prensa, entre eles as axencias Associated Press, United
Press, a Sociedade Interamericana de
Prensa, revistas como Life, Newsweek,
Us News and World Report, teimaron en mostrar ao mundo unha Cuba maltratadora.
De porparte, cumprindo tres semanas do trunfo da Revolución Cubana, 21 e 22 de
xaneiro de 1959, uns 400 xornalistas de diferentes nacións xuntáranse no Habana Riviera. Fidel explicou: “Os
comunicados de prensa non paran de mentir e insisten en que os partidarios de
Batista gañan terreo. Parecen imparciais, pero empregan determinadas palabras e
sutilezas, como mestres que son da intriga”.
Figuras do goberno de Eisenhower e numerosos congresistas presentáron como “actos
de barbarie” os xuízos dos tribunais revolucionarios contra os máis connotados
criminais de guerra da ditadura de Batista. A Revolución traballou de forma
rápida para reunir á maior cantidade posible de xornalistas e figuras
destacadas da intelectualidade naquela altura.
Cuba invitou xornalistas de Estados Unidos, América Latina e
Europa para viaxaren a Habana e ver, cos seus propios ollos, a verdade do que
ocorría na Illa.Á convocatoria responderon personalidades como Adan Clayton
Powell, líder do movemento dos Dereitos Civís e deputado negro por Harlem;
Charles O Porter, senador portorriqueño e presidente da Asociación da Prensa
daquel país, Gabriel García Márquez, Jorge Ricardo Masetti, e o uruguayo Carlos
María Gutiérrez, entre outros. Celia Sánchez actuou como coordinadora.
Dos EUA asistiron profesionais da prensa de 20 cidades e
medios de grande circulación como a Broadcasting
Corporation, Baltimore Sun,
Cincinnati Enquirer, Washington Daily News e Miami News. Tamén chegaron xornalistas do Daily Mail, de Londres; de Jours
de France, de Paris; do Nacional,
Novedades e Excelsior, de México, e El
Mundo e El Imparcial, de Porto
Rico.
O pobo reuniuse fronte ao Palacio Presidencial 21 de xaneiro
para escoitar Fidel explicar con detalles a campaña que se realizaba contra a
Revolución e a formalidade dos xuízos celebrados contra os esbirros da ditadura
de Fulgencio Batista.
Dirixíndose aos xornalistas presentes na concentración, que
reuniu a máis dun millón de cubanos, o Lider da Revolución dixo: “Maxinade un
xurado dun millón de homes e mulleres de todas as clases sociais, de todas as
crenzas relixiosas, de todas as ideas políticas. Eu vou facer unha pregunta a
ese xurado: Os que estean de acordo coa xustiza que se está aplicando, os que
estean de acordo con que os esbirros sexan fusilados, que levanten a man.A
resposta non se fixo esperar: un mar de mans alzáronse e Fidel expresou: “¡O
xurado dun millón de cubanos de todas as ideas e de todas as clases sociais,
votou!”.
Outro momento trascendente do evento foi o encontro que se prolongou varias horas, de Fidel cos xornalistas estranxeiros e cubanos no salón Copa Room do Habana Riviera.
Coa Operación Verdade a Revolución triunfante librou unha das súas grandes batallas contra a desinformación e a manipulación. Non sería a última, pero sentou pauta, demostrou unha vez máis a transparencia do proceso revolucionario, a fe na verdade e na forza das ideas.
A nosa Operación Verdade, a de hoxe, gáñase con máis cubanos participando nas redes sociais, con máis revolucionarios defendendo a Cuba, como o fixo Fidel en xaneiro de 1959, coa verdade.
El Gallego Fernandez, finado na Habana dia 7, pasaba dos 95 e fora vice-presidente de Cuba durante todo o periodo especial e ainda máis. Un tempo no que o Bloqueo agravado inzaba Cuba de problemas e emerxencias diarias, mentres os socios da Unión Europea deixábanse querer polos EUA para colaboraren nunha chamada ofensiva derradeira contra a Revolución. Neses anos El Gallego foi embaixador extraordinario na Galiza en trece ocasións, en boa sintonia cos gobernos de coalición na Xunta e excelente con algúns concellos e deputacións. No entanto, a fachenda da Xunta do PP non se correspondia cos votos do partido a prol do cerco a Cuba na Comisión da UE. Difícil tratar con paternalismo a alguén tan circunspecto e prudente coma este Heroe da Revolución que abriu discretamente a porta a unha etapa superior das históricas relacións galego-cubanas.
Cuba recorda a Fernández como “intérprete orixinal e criativo das ideas de Fidel”.
O LX Aniversario da Revolución Cubana é un intre de fondo significado na historia da nosa América e na do mundo enteiro. A capacidade dun pobo e dos seus líderes para erguer con éxito, diante das fauces imperialistas, as bandeiras da liberdade, a independencia, a democracia, o socialismo, o altruismo e o internacionalismo. A partir da derruba da URSS e, como afirmou Raul Castro o primeiro de xaneiro pasado, nun memorabel discurso, “depois de quedarmos sós no medio de Occidente e a 90 millas dos EUA e cando ninguén no mundo tería apostado un can pola supervivencia da Revolución”. O que fora combatente do Moncada e comandante da Segunda Fronte Frank Pais, e depois seria lider da Revolución, contouno nunha emotiva ceremonia de honra do LX aniversario no cemiterio de Santa Ifigenia de Santiago de Cuba, terra venerábel que garda os restos de Martí e Fidel, do pai e a nai da Patria e dos centos de combatentes de Santiago de Cuba caídos na Guerra de Liberación e en misións internacionalistas.
Fidel e Raul na Asemblea do Poder Popular. Foto de Ismael Francisco para Cubadebate.
Na cerimônia central em comemoração do 60º aniversário do triunfo da Revolução, em Santiago de Cuba, Raúl assegurou que o trabalho feito permite vislumbrar um futuro digno e próspero. “Ninguém pode negar que a Revolução que nasceu em primeiro de janeiro não teve, por 60 anos, um minuto de calma: já passaram 12 administrações dos EUA que não pararam no esforço para forçar uma mudança de regime em Cuba usando um ou outro caminho, com mais ou menos agressividade”, sinalou o Secretario do Partido Comunista, expresidente de Cuba e histórico revolucionário, quem recordou tambem a súa confiança em o povo demonstrará no dia 24 de fevereiro nas urnas o apoio majoritário à Revolução e ao Socialismo, ratificando a nova Constituição no 150 aniversário da Primeira Magna Carta de Cuba, aprovada em Guáimaro pelos iniciadores da guerra pela independência. A seguir oferecemos a versão integra das palavras de Raúl.
Instantânea para uma historia de seis décadas: Che, Raul e Fidel.