Biden anota Cuba nunha nova lista de castigo por entender que non respecta a liberdade relixiosa

Áurea Amil – TSA

Cuba, xa incluida arbitrariamente nas listas unilaterales de promoción do terrorismo e de violación de dereitos humanos polo governo dos EUA, ven de ingresar por decisión de Biden no purgatorio de paises que non respectan a libertade relixiosa. Máis un recurso de Washington para gastar a paciencia da poboación sen a malicia do Imperio brillar nos titulares. Sesenta e un anos de bloqueo deixan de ser noticia e aumenta de xeito manipulador e mentireiro a presunta ameaza de Cuba para o mundo. Non importa que a solidaria asistencia cubana contra os andacios, a Pandemia e os meteoros sexa honrada por todo o planeta, e  que, nin durante o papado do reaccionario Woytila (que visitara a illa entre aplausos da poboación) ousara a igrexa de Roma pór en dúbida a plena liberdade de crencias de Cuba. Na aclamación de o dereito de Cuba a vivir sen bloqueo, vota o mundo enteiro dende hai 19 anos na Asemblea Xeral da ONU e nese coro participan todas as crenzas do mundo coas únicas excepcións da capital do Imperio e do seu  probador-comprador de armas primeiro da lista, incurso en Apartheid e xenocidio armado e en disparar contra mulleres e homes que rezan (naturalmente desarmados) no templo de Al Aqsa. Para os EUA, ese socio nin parece terrorista nin ameaza a liberdade relixiosa.

En Xullo de 2019, Mike Pompeo, ministro de Estado de Trump, anunciou un programa para promover a liberdade de culto.

O ministro de Relacións Exteriores de Cuba recordou con admirábel serenidade, que sucesivos governos dos EUA teiman en proclamar que no lugar principal do Indice está o governo cubano por promover o terrorismo, aldraxar a Declaración Universal de  Dereitos Humanos e, agora, por impedir a liberdade relixiosa e que esta inclusión arbitraria ten por único obxectivo servir de pretexto para as medidas inhumanas de bloqueo e guerra económica contra a illa.

O governo de Washington inaugurou 2024 coa ascensión de Cuba e Nicaragua a lista dos “paises que participan ou permiten violacións particularmente graves da liberdade relixiosa”. Nese cadro de herexes figuran en observación Alxeria, Vietnam, as Illas Comores, A República Centroafricana e O Acerbaixán.

O vicechanceler cubano Carlos Fernández de Cossío denunciou a hipocrisía de acusar Cuba de violar liberdades relixiosas e de o goberno acusador ter “as mans manchadas de sangue pola súa complicidade racista e criminal no xenocidio de Israel contra Palestina”.

A fundación Ayuda a la Iglesia Necesitada de obediencia romana informaba hai pouco que Cuba é un dos seis únicos países del mundo nos que mellora a liberdade de culto mentres que en 82 dos 196 países relacionados recúa a libertad religiosa. Ao tratar en concreto de Cuba, o informe nota que, habendo de feito liberdade de culto, “o Estado non deixa de estorbar o libre camiño das almas para seguir a luz católica” porque entre outros impedimentos, non permite o ensino privado.

A Constitución Cubana garante o dereito a profesar todos os credos e tamén a escoller a opción do ateismo. A Igrexa Católica ten máis de 600 lugares de culto abertos e algúns asilos. Coa Revolución, aumentou na illa a presenza de ordes católicas que conviven con igrexas protestantes (54) e con outros 912 templos ortodoxos, islámicos, xudeos e masónicos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *