White River, Sudáfrica – Prensa Latina
Agresións, desafíos e ameazas do imperio dos EUA deberìan ocupar lugar de preferéncia na conciencia da humanidade, dixo o presidente do Instituto Cubano de Amizade cos Pobos (ICAP) na apertura do VII Encontro Continental Africano de Solidariedade con Cuba, en White River, Sudáfrica. Fernando González Llort, Heroe da República de Cuba e responsábel do ICAP, coida que o progreso da solidariedade e a conciendas dos pobos permiten afrontar o imperialimo no seu obxectivo de guerra e depredación.
Recordou que que a cita solidaria volvía nun contexto internacional de desafio e ameaza da guerra cun efecto arrasador para a economía mundial, o quecemento global, o cambio climático e as enfermidades e epidemias.
Nesas circunstancias, destacou González Llort, os pobos do mundo, mobilizados en apoio a Palestina, esixen o cesamento da brutal agresión contra un Estado que defende o seu dereito a existir na terra de seu e a gobernala sen interferencias; a resposta do sionismo e o imperialismo “foi deixar caer a súa máscara para mostrar ao mundo o seu verdadeiro rostro criminal e xenocida”.
Ante máis de 230 delegados duns 25 países, dixo que Cuba “expresa o seu apoio á solicitude de Sudáfrica de iniciar un procedemento contra Israel no Tribunal Internacional de Xustiza (CIJ), en relación coas violacións por parte dese país das súas obrigas en virtude da Convención para a Prevención e a Sanción do Delito de Xenocidio.
Logo de pedir aos asistentes a súa asinatura na demanda de Sudáfrica na CIJ, dixo que era preciso que os pobos do mundo xuntasen a súa voz para frear de contado o exterminio indiscriminado de nenas, nenos, mulleres e poboación civil palestina.
González Llort lembrou que África para os cubanos é moito máis que outro continente, “é parte da nosa historia, da nosa cultura, está presente na nosa vida diaria, nos homes e mulleres que defenderon no século XIX a independencia de Cuba e defenden hoxe a súa Revolución”.
Lembrou a celebración recente do 60 aniversario do inicio da cooperación cubana en África, co envío en 1963 da primeira misión de axuda médica a Alxeria.
Dende aquela, un mundo de cubanas e cubanos cooperaron en África como combatentes, mestres, doutores, traballadores da construción ou educadores alí onde foren precisos mentres milleiros de alumnos e alumnas de Africa formáronse en diversas carreiras en institucións cubanas. “En África existen 102 asociacións de amizade con Cuba en 43 países, mentres a nivel internacional a solidariedade con Cuba esténdese a 150 nacións a medio de 1.649 organizacións”.
González Llort denunciou o bloqueo económico, comercial e financeiro imposto contra Cuba polos EUA instituido co propósito de producir asfixia económica. O presidente do ICAP dixo que incluir Cuba arbitrariamente na lista de países patrocinadores do terrorismo é a sanción ilegal dos EUA que máis afecta a economía da illa ao levar a moitas institucións bancarias e financeiras a recusar ou evitar relacións por mor do ilegal veto. “Con todo, o pobo de Cuba está resolto a resistir o bloqueo imperialista os anos que sexan necesarios e vencer”.
“Co exemplo do presidente Nelson Mandela e do líder histórico da Revolución cubana, Comandante en Xefe Fidel Castro, e o doutros líderes africanos que nos mostraran o camiño, sabemos canto se pode facer dende a solidariedade, como se pode loitar, resistir e vencer».
A ministra de Estado e Cooperación de Sudáfrica Naledi Pandor, fixo unha panorámica histórica da colaboración cubana coas nacións de África e recordou que, dende 1994, Sudáfrica estivo sempre xunto a Cuba, na denuncia do bloqueo económico, comercial e financeiro imposto por EUA que persigue o comercio preciso de alimentos, medicinas e equipo para a illa e impide o acceso ás divisas para adquirilos,