“Honra eterna a Cuba e aos seus líderes históricos!” (memoria do triunfo histórico da Revolución, por Atilio Borón)

atilioboron.com.ar – TSA

Celebramos o 65 aniversario do triunfo da Revolución cubana, anuncio dun feito histórico. Cuba resistiu con heroísmo, pagando por iso un custe inmenso: a máis prolongada agresión endexamais lanzada por un gran imperio sobre calquera pobo que tivese a ousadía de resistirse aos afáns de dominio. Ningún, absolutamente ningún imperio, nin o Exipcio, aredor del 3000 a. C., nin o Acadio, que dominara grande parte da Mesopotamia, 2400 anos a. C; os imperios Shang e Zhou, ambos en China, entre 1500 e 770 a. C. nin o de Roma ou o xigantesco imperio Mongol, ou os múltiples califatos e sultanatos do mundo islámico e o imperio otomán; os imperios español, portugués, francés e ruso, e o imperio británico, o máis extenso de toda a historia universal; ningún, repito, absolutamente ningún destes imperios asañouse con tanta brutalidade e durante tanto tempo no bloqueo dun pobo como vén facendo o imperio estadounidense dende o intre no que triunfa o Movemento 26 de Julio en Cuba. Non houbo pobo sometido a cerco integral —que se pretende ocultar baixo o aséptico vocábulo embargo— coma o que padece Cuba, agravado co perverso agravamento infame durante a emerxencia da pandemia do Covid-19. Cuba resistiu en pé firme unha agresión atróz á cal non foi sometido ningún outro país no mundo. Honra eterna a ese pobo e aos seus líderes históricos, Martí e Fidel!

Permítaseme engadir a esta nota o recordo persoal sobre este día, o día do triunfo do Movemento 26 de Julio, extraído das miñas memorias reconstruídas “a catro mans” no libro A contramano. Una biografía dialogada. Edicións Akal, 2023, pp. 78-79

“Antes da vitoria o 1 de xaneiro de 1959, na Arxentina sabíase moi pouco do 26 de Julio; o que chegaba eran reflexos parciais da entrevista que Herbert Matthews fixéralle a Fidel na Serra Mestra para o New York Times. O que se divulgaba era a imaxe, case diría idílica, dun heroe popular en loita contra un ditador infame, torturador, corrupto, ao que a prensa arxentina asimilaba impúdicamente a Perón. De todos os xeitos, os diarios non informaban demasiado, porque desconfiaban daqueles barbudos armados loitando na serra. A dereita é aguda e ten bos reflexos, aprendidos pola súa longa historia. En todo caso, os dous principais diarios da época falaban pouco ou nada da guerrilla do 26 de xullo, aínda que algunhas noticias apareceran antes do triunfo da Revolución.

E como souben eu dá vitoria histórica? Estaba cos meus pais no Mar del Plata, onde chegaramos a pouco do Nadal. Aloxámonos nun hotel típico de clase media que á hora do xantar e a cea sintonizaba un programa de radio (hoxe fano coa TV) e con altoparlantes transmitíanllo aos comensais. Dominaban os programas musicais, interrompidos polos  noticieiros cada hora. Acórdome coma se fose hoxe que estabamos no xantar e de súbito interrompeuse a transmisión cun anuncio dun locutor que, aos berros, dicía: ‘Cable de último momento, cable de último momento: o ditador Fulgencio Batista acaba de fuxir de Cuba e o Movemento 26 de Julio goberna a illa toda’. A sorpresa foi que todo o salón (80 ou 90 persoas reaccionou de consuno e puxéronse posto en pé berrou ‘Viva Fidel, viva Cuba, viva a Revolución cubana!’ Seguiron brindes interminabeis por Fidel e os seus. Eu nese momento tiña pouco máis de 15 anos e fiquei abraiado. Non era un asunto do que falaramos na casa. Conservo un recordo indelébel da emoción da xente!”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *