“Compre pechar Guantánamo e restituilo aos seus propietarios lexítimos”, di Amy Goodman

Amy Goodman-Denis Moynihan
Democracy Now!

Cúmprense este mes xaneiro trece anos da chegada dos primeiros presos tralo atentado do 11 de setembro de 2001 á cadea da Badía Guantánamo, o cárcere máis tristemente nomeado do planeta. Arrepiante aniversario na altura de restablecermos relacións diplomáticas sobre o canal da Bahama, recordatorio do necesario que é pechar definitivamente este cagarrón e volverlle o territorio ao seu propietario lídimo: o Povo Cubano. É hora de rematar este capítulo escuro da historia estadounidense.

Tortura sobre persoas secuestradas e nunha terra roubada.
Tortura sobre persoas secuestradas e nunha terra roubada.

“Pecharemos o centro de detención de Guantánamo para individuos contemplados nesta orde executiva, tan logo sexa posibel”, dixo Barack Obama anunciando hai case seis anos una das súas primeiras ordes executivas, 22 de xaneiro de 2009. A cadea, con todo, permanece con 127 prisioneiros, logo de que Kazajstán aceitar cinco presos que foron postos en liberdade 30 de decembro. Dende 2002 meteron na cadea 779 presos e algún deles permaneceron detidos por máis de dez anos sen lles teren presentado cargos nin asinalado xuizo. Grazas a WikiLeaks e á súa presunta fonte, Chelsea Manning, sabemos a maioría dos seus nomes.

Morris Davis foi fiscal xeral de Guantánamo entre 2005 e 2007 e presentou a súa renuncia depois dun un funcionario nomeado por George W. Bush anular a súa decisión de prohibir o uso das probas obtidas baixo tortura. Nunha entrevista, Davis díxome: “Coidara que non celebrariamos xuizos xustos e abertos, e que predominaría o teatro político máis que a xustiza”. Obama nomeou un enviado para clausurar  Guantánamo, aínda que a persoa que máis recientemente ocupou o cargo, Cliff Sloan, renunciou abruptamente fins de decembro, sen dar motivos. Nun artigo recente, Sloan escribiu: “Como me dixo unha vez un funcionario de seguridade de alto rango dun dos nosos máis firmes aliados na loita contra o terrorismo (non de Europa): ‘A mellor medida que pode tomar Estados Unidos para loitar contra o terrorismo é pechar Guantánamo’.

EUA impuxo un bloqueo esmagador a Cuba hai máis de medio século, co pretexto de castigar a forma de goberno do pequeno país. Que tipo de alternativa mostrámos aos cubanos nese recanto da súa illa controlada por EUA? Unha cade militar infernal, fóra do alcance das leis de Estados Unidos, onde centos de homes foron retidos, a maioría sen cargos, moitos deles golpeados e torturados.

O presidente Obama critica con toda razón Exipto por ter detido tres xornalistas de AlJazeera: Peter Greste, Mohamed Fahmy e Baher Mohamed. ” De xeito público e privado expresamos con total claridade que debían seren liberados”. Así falo o presidente Obama á prensa o pasado mes de agosto. Con todo, e por desgraza, abonda con que Exipto mire a Estados Unidos para determinar cal é o tratamento aceptable dos xornalistas de AlJazeera. Sami a ElHajj, camarógrafo desta cadea de noticias cobría a invasión estadounidense de Afganistán en 2001 cando militares paquistaníes o entregaron ás forzas estadounidenses. Cabo de dezasete días no inferno na Base Aérea de Bagram, foi trasladado a Guantánamo, e encerrado  sen cargos durante máis de seis anos. Foi torturado, golpeado e humillado. ElHajj iniciou unha folga de fame de 480 días e foi sometido a alimentación forzada a través de tubos nasales. Puxéronno en liberdade en maio de 2008.

En decembro de 2012 estiven con Sami ElHajj na sé de AlJazeera en Doha, Qatar, onde dirixía a oficina de Dereitos Humanos e Liberdades Públicas da emisora. Díxome que durante o tempo que permaneceu en Guantánamo, Estados Unidos presionouno para convertelo en espía:
“Ofrecéronme a nacionalidade estadounidense e coidar da miña familia si traballaba para eles na CIA mentres continuaba co meu traballo de xornalista para AlJazeera. Querían información sobre o vínculo entre AlJazeera e Alcaida e outros grupos terroristas e algunhas persoas no medio Oriente. Por suposto, negueime. Díxenlles: ‘Son xornalista, e morrerei sendo xornalista'”.

Estados Unidos sabía que Sami ElHajj era inocente pero interesáballe que espiase AlJazeera. Sometérono a anos de presión ao límite nun intento de crebalo.

EUA ocupou unha parte da Badía de Guantánamo pola forza en 1898 durante a Guerra hispano-estadounidense e forzou a cesión e usufructo indefinido da propiedade en 1903. Volver a Badía de Guantánamo a Cuba significaría comezar a remediar máis dun século de agravios perpetrados polo goberno de Estados Unidos contra Cuba. E máis importante aínda: se reintegran a base naval e a prisión da Bahía de Guantánamo será máis difícil que futuros criminais de guerra, quer da Casa Branca, do Pentágono ou da CIA , o amigos seus no Congreso, usen  Guantánamo coma cadea fortificada e remota para inflixir tortura e terrorismo a secuestrados, lonxe dos ollos do povo estadounidense e lonxe do alcance da xustiza.

Amy Goodman dirixe Democracy Now!, noticieiro emitido a diario por máis de 800 emisoras de Radio e TV en Inglés e Español. É co-autora de “Os que loitan contra o sistema: heroes ordinarios en tempos extraordinarios nos EUA”, editado por Le Monde Diplomatique Cono Sur.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *