Angel Guerra Cabrera – Telesur
Donald Trump derruba boa parte das medidas distensivas de Obama respecto de Cuba, malia seguir en pé o argumento principal do seu antecesor para levalas a cabo: que o bloqueo e a política de hostilidade non produciran o cambio de goberno na illa. A fin de contas, Obama non virara para o socialismo: propuxo ao Congreso levantar a medida xenocida trasmitindo unha idea compartida pola maioría dos estadounidenses e dos cubanos residentes nos EUA. Unha proposta que fora asumida por gran parte da xerarquía de poder, como se aprecia na choiva de críticas desta semana ao anunciaren as medidas anti-cubanas de Trump.
As aldraxes de Trump a Marcos Rubio durante a pre-campaña republicana á presidencia, non lle impediron arreglarse co senador e manter un romance co avellecido núcleo duro da contrarrevolución de Miami, grupo minoritario na comunidade cubana e distante do clima de opinión desta, malia contar co poder económico e político acrecentado na industria do Bloqueo. O presidente entregou a Rubio e a Mario Díaz-Balart unha cota importante do deseño da política dos EUAcara a Cuba e Venezuela. Ao parecer ambos legisladores enténdense directamente co xeneral McMaster -asesor de seguridade nacional e experto en contrainsurxencia- e coa CIA e o Comando Sur.
E no entanto Washington ergue valados contra a relación dos cubanos de ambas beiras, Cuba dá máis pasos para facilitala, dacordo coa política migratoria iniciada o 14 de xaneiro de 2013. Elimina trabas burocráticas, autoriza o ingreso de miles de migrantes que saíron irregularmente e que a partir do 1 de xaneiro de 2018 poderán reunirse cos seus familiares en Cuba; outorga á cidadanía cubana aos fillos nados de emigrantes cubanos residentes noutros países, un importante beneficio no caso de Francia e Alemania, que non lles permiten nacionalizarse.
Dende 2013 viaxaron ao exterior máis de 769 mil 254 cubanos, o 79% deles por primeira vez. No que vai de 2017, o crecemento foi de 28 % comparado con igual periodo do 2016.
En 2016, visitaron Cuba 428 mil cubanos residentes no exterior, deles, 329 mil procedentes de Estados Unidos, mentres que en 2015 chegaran 378 mil cubanos e 285 mil procedentes do veciño do norte. Mantense o incremento dos cubanos residentes no exterior que deciden establecer a súa residencia permanente en Cuba.
A emigración irregular reduciuse ao mínimo despois de Washington eliminar a política de inmigración asistida, específica para as persoas saidas da illa, o que ven dar a razón a Cuba, que sempre a considerou causante desa emigración perigosa e caótica.
O agresivo grupo imperialista que representa Trump non está disposto a aceptar que Estados Unidos non pode seguir exercendo a hexemonía case en solitario coma fixera despois do derrube da Unión Soviética, nin admitir o feito irreversibel da multipolaridad. Non acepta disensións e moito menos de países pequenos.
Mentres Trump renega do acordo con Irán, endebén Teherán cumpra, o Departamento de Estado expulsa case todo o persoal da sua embaixada en Cuba sen explicar por que, agás as vagas alusións a insostibel trapallada do ataque sónico. Deste xeito deixa sen persoal ao consulado co evidente propósito de por atrancos as viaxes á illa dos estadounidenses e dos cubanos residentes nos EUA. Coma se non abondade con obrigalos a se trasladaren a terceiros países en busca da visa.
Dende a súa campaña presidencial, Trump alimenta un clima de odio racial, relixioso e político dentro e fóra de Estados Unidos. Rompeu co Acordo de Paris sobre cambio climático e o mesmo fixo respecto de a UNESCO; negouse a certificar o cumprimento por Irán do acordo nuclear pese a que ninguén nega a observancia máis estrita do compprometido polo país persa. Agora viaxa por Asia para vender armas e botar leña ao lume do conflito con Corea do Norte. Malia ter solución dialogada, os continuos atricos de Trump poden levar a unha guerra nuclear.
https://www.telesurtv.net/bloggers/Trump-Marcos-Rubio-y-la-migracion-cubana-20171109-0004.html