Kissinger, o verdugo imperialista premiado co Nobel da Paz causante de catro millóns de mortes e de agravar o bloqueo de Cuba

David Brooks – Cubadebate

Greg Grandin, historiador da Universidade de Yale e autor dunha completa biografía de Kissinger, afirma que as iniciativas do Premio Nobel da Paz, durante os oito anos nos que gobernara a política exterior de Nixon e Ford como asesor da seguridade nacional e ministro de exteriores, causaran a morte de catro millóns de persoas no Viet-Nam, Cambodia, Laos, Irán e Latinoamérica. Kissinger prometeu esmagar Cuba baixo unha manta de bombas e minar os portos da illa para elevar o bloqueo a cerco de guerra, logo de saber que a Revolución enviara armas e tropa a África para axudar a ao MPLA e derrotar ao goberno racista de Sudáfrica, obxectivos coroados polo éxito que Kissinger comenta con admiración e rencor contra o servizo exterior doa EUA. Kissinger despediuse con 100 anos sen aparente necesidade de pedir perdón.

O sitio Quora publicara un Búscase de Kissinger ao concedéranlle o Nobel da Paz malia estar implicado en asesinatos masivos en Latinoamérica, no bombardeo de civís noViet-Nam e Cambodia e no golpe de Pinochet en Chile. A lista non estaba completa.

A primeira convocatoria para Cuba e os EUA restableceren relacións diplomáticas, mediados os 70, acabou coa recomendación de Kissinger de “esmagar aos cubanos” por atrevérense a desafiar Washington e enviar tropas en axuda do movemento de liberación en Angola. Isto é o que aparece en documentos oficiais do goberno de dos UEA liberados  en 2014 polo National Security Arquive (Arquivo de Seguridade Nacional),

Os documentos apareceran no libro Back Channel to Cuba, que revela as negociacións diplomáticas entre Washington e Cuba dende fins dos 70.  No norte do Canal da Bahama nunca deron entendido os estadunidenses é que para Cuba eran de superior importancia a solidariedade cos movementos de liberación de África que a relación con Washington, sinalaran os autores do libro Peter Kornbluh e William Leo Grande, en conferencia de prensa celebrada hoxe no hotel Pierre, o mesmo lugar de onde se celebrara a primeira reunión secreta con vistas a normalizar as relacións, 9 de xullo de 1975.

Néstor García, que daquela era primeiro secretario da Misión de Cuba na ONU, quen participou nesa reunión, contou aos autores que William Rogers, secretario adxunto de Estado para Asuntos Interamericanos, que iniciara as negociacións secretas con Cuba por instrucións de Kissinger, díxolle nunha reunión no aeroporto de Washington en xaneiro do 76: “Néstor, perdoa a expresión pero chingaron todo; están en Angola, e chingaron todo”.

Kissinger tiña vontade de negociar coa Habana e enviara notas con esta intención que propiciara un primeiro intercambio breve entre funcionarios estadunidenses e cubanos no aeroporto A Guardia, en Nova York, 11 de xaneiro do 75. Este primeiro encontro dera lugar a unha segunda cita no hotel Pierre onde, entre outras cousas, os estadunidenses previan un encontro a cara de can entre o ministro de Estado cubano e o propio Kissinger.

No segundo tomo das memorias de Kissinger, o autor fachendea de ter cambiado a situación de debilidade dos EUA en Laos e Cambodia, de bombardear Viet-Nam e Irán e de arrasar as posicións de esquerda e nacionalistas de América Latina coa Operación Cóndor, mais cando reconta o resoante éxito cubano contra os intereses racistas na África de británicos, holandeses, alemáns e estadounidenses, o ministro de exteriores dos EUA fai burlas da torpeza de Carter e da incapacidade do servizo exterior de Washington fronte a brillante diplomacia cubana.

Pero a decisión cubana de brindar apoio militar ao Movemento Popular pola LIberación de Angola (MPLA)  en abril de 1975, xunto co apoio ás forzas independistas de Porto Rico puxo a Kissinger de cuñas. En febreiro de 1976 o secretario de Estado comentoulle ao presidente Gerald Ford na Casa Branca: “creo que imos ter que esmagar a (Fidel) Castro e non poderemos facelo antes das eleccións”. Ford dixo  que estaba de acordo”.

Unhas tres semanas despois, Kissinger e Ford abordaron de novo o asunto de Cuba. “Coido que tarde ou cedo imos ter que fender Cuba; debemos humillalos”, comentou Kissinger ao presidente. Unha semana despois, Kissinger convocou a un equipo de seguridade nacional de alto nivel, entre eles o entón secretario de Defensa, Donald Rumsfeld (o mesmo que despois estaría no mesmo posto no goberno de George W. Bush), e ordenoulles preparar unha invasión ou bloqueo naval a Cuba, xunto con posibles accións económicas e políticas.

Non podían permitir que Cuba se metese en África, dixo Kissinger: “se o mundo decátase da nosa febleza a causa do debate interno (referíase á conxuntura pos Vietnam) en cousa de tres anos imos ter unha crise real”. Os planos que foron elaborados ofrecían unha ampla gama de opcións, que incluían minar os portos cubanos e ataques aéreos.

Este é só un dos episodios que Kornbluh, director do proxecto sobre Cuba no National Security Arquive, e LeoGrande, profesor e latinoamericanista da American University, contan no seu novo libro, baseado en centos de documentos secretos desclasificados e entrevistas con boa parte dos participantes nas case sempre secretas negociacións diplomáticas entre Washington e A Habana; ningún presidente dende Kennedy deixou de ter canles privadas coa illa.

Os encontros foron en aeroportos, cafés, hoteis de luxo e até noutros países, como México. Os interlocutores extraoficiais foron de todo tipo, explicaron os autores: dende unha xornalista de ABC News nos 60, un Premio Nobel (Gabriel García Márquez), unha filla de David Rockefeller, até políticos como o ex gobernador Bill Richardson e o ex presidente Jimmy Carter. No decurso destes diálogos discretos, algúns  diplomáticos de ambos os países fixeron amizade.

Revelaron que un dos interlocutores privados foi Paul Austin, o executivo da Coca Cola, enviado persoal do entón presidente Jimmy Carter. Austin viaxou a Cuba varias veces e falou con Fidel, primeiro, en 1978, e despois en 1980, para transmitir a vontade de Carter de mellorar relacións. A finais de 1980, Austin comezou a padecer Alzheimer o que o invalidaba para o papel. Mesmo así, estaba seguro de conseguir a normalización, mais todo se perdeu cando Ronald Reagan gañou as eleccións contra Carter. Os autores subliñaron que parte do propósito deste libro é ofrecer “leccións” a Barack Obama, quen como candidato e despois como presidente indicou que se era precisa unha “nova relación” con Cuba. “Pero se de verdade o creia, ppor que non o fixo?”, comentou Kornbluh. “Tiña oportunidade de logralo, xa que no Cume das Américas de 2015 en Panamá todo indicaba que Cuba, por decisión unánime de América Latina, estaría presente”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *