Axencias – TSA
“Comezarei recordando que en Gaza están a executar un xenocidio neste intre. Isto sucede a pouco máis de dous mil quilómetros daquí. En nome de Cuba, condenamos resoltamente a marea de violencia e terror desatada contra as persoas que habitan esa beira da Palestina ocupada”. O presidente de Cuba comezou con estas palabras a súa intervención no Cume de Acción Climática, COP28, en Dubái, Emiratos Árabes Unidos. A Asemblea vai estudar o Primeiro Avance Mundial sobre o seguimento do Acordo de París que o presidente cualificóu de “oportunidade única para sancionar a importancia real dos esforzos colectivos contra do cambio climático”.
Mentres o presidente abría o seu discurso coa condena da criminal ofensiva bélica contra a poboación de Gaza, o Ministerio de Asuntos Exteriores e Expatriados da Autoridade Palestina denunciaba nun comunicado ao goberno de Israel pola guerra “que xa ten causado a morte de máis de 15.000 persoas e feridas a outras 37.000 dende 7 de Outubro”.