Marcha de protesta contra a embaixada dos EUA en Bos Aires, en defensa da República Bolivariana

Atán Rego – TSA

Unha fronte solidaria coa República Bolivariana de Venezuela e o seu goberno constitucional, formou dia 18 perante a embaixada dos EUA no centro de Bos Aires para denunciar o novo intento de golpe de Estado imperial, montado nunha falsa intervención humanitaria, contra o gabinete de Nicolás Maduro en Venezuela. A marcha foi convocada por partidos democráticos, movimentos sociais e sindicatos.


O pobo traballador arxentino protesta contra o cerco imperial a Venezuela.

Na concentración escoitáronse letras e retrousos contra o que foi definido como ameaza militar contra Venezuela, que recibe do goberno de Washington o mal nome de intervención humanitaria. A declaración conxunta identificou un intento de golpe de Estado clásico de parte do imperialismo co obxectivo de roubar os recursos naturais da República Bolivariana, someter ao pobo, desmontar as institucións de goberno e presentar a rapina ao mundo coma unha operación de caridade. Os problemas que os EUA están a publicitar intensamentee en todo o planeta coma agresións contra o sistema democrático en Venezuela, procedentes do propio goberno, están na realidade provocados pola intervención de Trump contra a economia e o comercio do pais caribeño.

A importante marcha de protesta alarmou sobre a fabricación dun pretexto humanitario para dar cobertura e pretexto a unha invasión e deixou o seguinte resume da razón real detrás de millóns de telexornais retoricamente humanitarios: “a axuda humanitaria coa que os afervoados salvadores do norte petan nas portas de Venezuela, non pasa de ser calderilla a beira dos graves danos humanitarios provocados pola criminal política de cerco de Trump”.

O manifesto acolle a Iniciativa de Montevideo como unha solución para romper o bloqueo trazado polo goberno de Wasington contra a República Bolivariana.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *