“O abrente de 1959 en Cuba, pechou o tempo da prehistoria na Nosa América” (Atilio Borón)

Atilio Borón – Cubadebate

A recordación e a homenaxe da vitoria popular do 1º de Xaneiro de 1959 contra o imperialismo norteamericano, que acumula sesenta e un anos mordendo furioso o pó da derrota -algo insólito no espazo planetario que domina- prevalecen sobre calquera outro tipo de consideración. Sen menosprezar a nada nin a ninguén, as nosas pequenas historias persoais e mesmo os grandes acontecementos de índole colectiva, fican eclipsados pola luz radiante daquel primeiro abrente de 1959. Daquela, a historia da Grande Nación prevista por Bolívar, ficou marcada por un antes e un depois. Fidel e a mocidade do 26 de Xullo consumaron unha fazaña destinada a durar para sempre e a re-significar nosas seculares loitas pola liberación nacional e social, aliás de outorgar sentido e horizonte novo ás batallas do noso tempo. Pero non foi tan só aquel acontecemento liminar: o pobo e o goberno cubanos tiveron a virtude de soster contra vento e marea, durante máis de seis décadas, aquela vitoria homérica que tirou a Nosa América da prehistoria para que comezase a escribir a súa propia historia.

Dende o abrente de xaneiro de 1959, os EUA fracasan no seu propósito de intervir no goberno de Cuba. Pasaron 61 anos.

Unha historia durísima, de resistencia ante o maior poder do planeta, e de ferreña construción do socialismo. O primeiro, porque o imperialismo nin por un segundo deixou de combater á Revolución Cubana. Unha loita na que o pobo de Cuba gañou o adxectivo de heroico, por resistir a pé firme, cunha vontade inxel sen comparanza na historia do mundo. E construción, diciamos, porque baixo as peores condicións imaxinabeis Cuba comezou a edificar o socialismo e, ao día de hoxe, continúa a tarefa con rexa vontade. A sabotaxe do goberno estadounidense foi persistente, crecente e brutal. Demócratas e republicanos alternáronse na Casa Branca pero todos coincidiron na súa enfermiza obsesión por esmagar á Revolución Cubana e borrar da face da terra un exemplo que demostra que aínda baixo o ataque capital da maior potencia do planeta, un país da periferia pode garantir para toda a poboación saúde, educación, alimentación, seguridade social e unha vida austera mais digna. Dereitos que a Revolución Cubana garante ao povo, mentres no capiptalismo son meras mercadorías ou oportunidades de negocios.

Isto explica o rabioso empeño da Casa Branca por acabar coa Revolución. Que sobreviva baixo condicións tan inmensamente adversas, é proba da superioridade do socialismo, mália os seus problemas, sobre o capitalismo. Si o socialismo frcasóu, como asegura Donald Trump, por que non suprime o bloqueo que morde á illa e lle demanda inmensos esforzos para lograr o que en case todo o mundo obtense sen o menor esforzo? Por exemplo: facilitar as exportacións cubanas, permitir o libre tránsito dos residentes en Estados Unidos para que poidan visitar a illa cando a vontade, recibir remesas dos emigrantes cubanos radicados a norte do estreito da Florida e permitir que Cuba importe o que precise sen aplicar enormes sancións económicas aos terceiros países ou as empresas involucradas nese comercio, favorecer o turismo e pór fin ás innumerabeis restriccións de toda caste impostas á illa rebelde pola súa ousadía.

E para mostra de fracaso, os EUA: un país carcomido pola violencia, con intermitentes asasinatos masivos e indiscriminados en escolas, mercados e igrexas, producidos por suxeitos trastornados por unha sociedade alienada e alienante; un país que alberga decenas de millóns de adictos a narcóticos letais e fomenta no mundo o andacio do narcotráfico [1]; un país riquísimo, polo propio e polo que lle roubou ao resto do mundo, e que, porén, non pode acabar coa pobreza que afecta a un 15 por cento da súa poboación; un país que prostituíu o seu proceso político e que hoxe non é outra cousa que un rexime plutocrático onde só prevalecen os intereses das clases dominantes, opinión sobre a que existe un xeneral acordo dentro do establishment académico.[2] Se o socialismo fracasou, por que a Casa Branca e o poder mafioso (nas súas dúas variantes: corporativo e gangsteril) que aquela representa non deixa a Cuba en paz? Resposta: porque daquela, o exemplo de Cuba, importante como é hoxe, seríao moito máis e os pobos do mundo poderían sentirse tentados a avanzar por esa vía, algo absolutamente inadmísibel para o poder capitalista a escala mundial.

Por iso: grazas Cuba pola túa Revolución,  por nutrir nosas esperanzas, por facer da xustiza, o internacionalismo e a solidariedade as estrelas polares que guían aos pobos na construción dun mundo mellor!

[1] O Addiction Center dos EUA informa que existen nese país polo menos 21 millóns de adictos a diversas drogas e que só un 10 % deles recibe tratamento médico que, por suposto, é case sempre privado e caro.

[2] Próbao un recente estudo realizado polas universidades de Princeton e Northwestern. Verhttps://m.washingtontimes.com/news/2014/apr/21/americas-oligarchy-not-democracy-or-republic-unive/?utm_source=GOOGLE



Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *