Raúl Zibechi – Naiz Eus
Latinoamérica pode repetir o seu condanado papel histórico de fornecedora de materias o que compromete a opción dun desenvolvemento industrial a longo prazo. Eis o que parecen anunciar as negociacións en curso entre a Unión Europea e o Mercosur, comezadas hai 18 anos, atrabancadas durante os gobernos de Kirchner e Lula e inzadas polo monetarista Macri na Arxentina e o golpista Temer no Brasil. O principal atranco son as exportacións agropecuarias, noameadamente as de carne. A UE aceita receber 99 mil toneladas de carne do Mercosur o que vai representar só o 1% do consumo europeo.
A asinatura do acordo terá efectos moi negativos para Latinoamericana, en tres aspectos principais. O primeiro, porque consolidará a tendencia á desindustrialización e confirmará un patrón de relacións internacionais asentado nunha ferreña división do traballo: o Sul exporta materias primas e importa bens manufacturados. A apertura dunha pequena fiestra para exportar carne, produtos agropecuarios e etanol a Europa, será a costa da libre importación de produtos manufacturados que derramarán a feble industria local.
A Unión Industrial Arxentina e a Confederación Nacional da Industria do Brasil, redactaron unha declaración que foi endosada polas cámaras de comercio de Paraguai e Uruguai, na que aseguran que a proposta da Unión Europea de outubro de 2017 fai boa a que recusaran no ano 2004, e representa un certificado de defunción para moitos sectores industriais» (Página 12, 25 de febreiro de 2018).
O economista Raúl Delatorre, sostén que estamos ante unha insólita manifestación unitaria dos empresarios, que logo de deliberaren en Asunción (Paraguay esixen «transparencia nas negociacións, prazos e condicións para os sectores afectados negativamente polo tratado de libre comercio poder transformarse e continuar activos no novo escenario, e un acordo equilibrado que honre as diferenzas no nivel de desenvolvemento entre as partes».
Os industriais que apoiaron o ascenso de Mauricio Macri ao goberno arxentino e a destitución ilexítima de Dilma Rousseff no Brasil, reclaman agora unha «cláusula de desenvolvemento industrial» e a preservación de diversos instrumentos de protección para a produción e o emprego «fundamentais para o funcionamento actual e futuro do Mercosur». Estes sectores, distantes do progresismo, alármanse fronte un acordo que os prexudica e que, asemade, destruirá o único sector con capacidade de xerar emprego de seu, con contratos de longa duración e acceso á seguridade social.
Por iso Delatorre considera que o acordo en portas «asina un destino de reprimarización» das industrias dos catro países, «xa que cede todas as vantaxes no intercambio comercial á máis poderosa industria europea, por un nivel mínimo de participación dos produtos agro-gandeiros propios no mercado europeo» (Página 12, 25 de febreiro de 2018).
O sector industrial de Arxentina e Brasil, poderoso noutro tempo, non significa no de hoxe nin un 10% do PIB. Pola súa banda, a UE esixe arancel cero ás súas exportacións, pero subvenciona industrias como a láctea e non abre os seus mercados, o que consolida diferenzas entre as dúas partes do trato.
O segundo argumento, é que o obxectivo de integración rexional afástase até o punto de se perder a mediano prazo. Os procesos de integración rexional están seriamente derramados dende a viraxe á dereita de 2013-2014 en toda a rexión, e as institucións que se crearon na primeira década do século (a UNASUR e a CELAC), que non incluían a EEUU e Canadá, perden pulso.
A traba importante para a integración das economías latinoamericano e que non son complementarias. Mentres os países que integran a Unión Europea teñen un potente comercio intrazona (que por veces reborda o 60% das exportacións de varios países), en Latinoamérica o groso das exportacións (por encima do 90%) van ao Norte ou ao mercado chinés. Sudamérica exporta minerais e produtos agropecuarios (sobre todo soia), sen procesar e os catro países do Mercosur (Arxentina, Brasil, Paraguai e Uruguai) compiten polos mesmos mercados.
A caída da industria arxentina comezou na década neoliberal de 1990 e o resto dos países (agás México) sempre tiveron industrias raquíticas. Brasil é o único país da rexión que realizaba importacións de produtos industrializados dos seus veciños. Boa parte da industria automotriz arxentina, exporta vehículos e auto-partes a Brasil, así como as industrias alimentares do Uruguai.
A viraxe de Michel Temer, enterra a proxección de Brasil como engado de importacións semi-industrializadas e, polo tanto, compromete o seu papel como promotor da integración.
As consecuencias ambientais e sociais do modelo extractivo, que xa son enormemente destrutivas, remontarian varios banzos. Unha recente declaración de organizacións ecoloxistas e sociais de América Latina e do Estado Español, redactado por Alianza Biodiversidad e apoiado por decenas de colectivos, describe doce razóns para oporse ao acordo. Escollemos entre as máis a deforestación, a expulsión de traballadores e traballadoras do rural, a contaminación por agrotóxicos, a destrución das economías rexionais, a perda de soberanía alimentar e unha crecente vulnerabilidade alimentaria. Engaden que «o modelo imposto polo Acordo impulsa o control territorial por parte do agro-negocio e profundará a violencia, criminalización e perseguizón que hoxe sofren as comunidades campesiñas en toda a rexión».
Canto a propiedade intelectual, os acordos impiden o intercambio e libre circulación das sementes do campesiñado, que xa están sendo criminalizados nos países que asinaron TLCs con EEUU, como é o caso de Colombia. En canto ás patentes, a industria farmacéutica global é a gran beneficiada, mentres as empresas europeas poderán acceder ás licitacións públicas co que desprazarán ás empresas privadas e estatais locais.
O problema de fondo é que recobran vixencia as relacións coloniales establecidas cinco séculos atrás. Un neo-colonialismo paliado en parte nas décadas de 1940 a 1960, ao medrar unha industria local de sustitución de importacións e debalar as vellas oligarquías agro-exportadoras que encarnaban a alianza da terra, a igrexa e os militares.
Co triunfo do neoliberalismo en todo o mundo, a produción agropecuaria retornou dacabalo de empresas como Monsanto. As consecuencias ambientais son moi graves e as sociais non son menores pois representan a exclusión da metade da poboación dos seus dereitos básicos: emprego digno, saúde, vivenda, educación. Volve o canon da Conquista, e negros, indios, mestizos, mocidade, en especial femenina, levan coma sempre a parte peor
O uruguaio Raúl Zubechi, é analista internacional do semanario Brecha de Montevideo, docente e sociólogo. Publicou este artigo, en Español, en naiz.eus.