TSA e Axencias
Febreiro demediado ten cita en Madrid para xuizo oral José Manzaneda, diretor do periódico Cubainformación, por causa dunha querela por inxurias, calumnias e delicto de odio interposta polo presidente da organización Prisoners Defenders (PD) adversaria declarada do goberno lexítimo de Cuba; a PD reclama condena de seis anos de cadea para o xornalista e unha indemnización de 50 mil euros en razón do contido da reportaxe titulada “Crear unha crise sanitária en Cuba: obxectivo da guerra declarada contra a súa cooperación médica”.
Naquel traballo editado en outubro de 2020, Cubainformación declaraba que o labor da organización PD estaba acubillado e finanzado polo Departamento de Estado do Goberno dos EUA, no seu propósito declarado de derramaren os convenios de cooperación médica solidaria de Cuba en numerosos países. Para atinxir este obxectivo, PD procura extender ao sector sanitario o bloqueo económico contra a illa e convertir en obxecto de intervención os ingresos negociados polo Ministerio de Salud Pública con varias nacións. Esta intromisión nos convenios de Cuba con outros governos é contraria a dereito internacional. Asemade, a compensación por servizos médicos prestados dase só con certos gobernos xa que a Habana asume todos os gastos da cooperación no caso dos paises que non teñen con que pagar.
A Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil asume parte do orzamento de edición de Cubainformación dende que foi lanzado o periódicoa súa fundación, dentro dun acordo entre a Asociación Euskadi-Cuba e a rede de solidariade con Cuba no Estado. A activa colaboración voluntaria con Cuba observa con agoiro as ilegais sanción do goberno dos EUA dirixidas a derramaren a modélica medicina pública da Illa e provocar desabastecimiento de medicamentos e material sanitario. Non abraia a ninguén que o sindicato da desinformación celebre con rexouba a demanda de seis anos de cadea para o diretor dun medio de esquerda, internacionalista e solidario que se distribúe de balde.
Autoridades xurídicas e académicas de todo o mundo, non dubidan en darlle nome de acto de guerra ao bloqueo dos EUA. En noviembre de 2023, en Bruxelas, un tribunal constiuido por xuristas de prestixxio internacional deu ao cerco ilegal contra Cuba o nome de Crime contra a Humanidade por ter causado, directa e indirectamente, a perda de numerosas vidas humanas.
Na redación de Cubainformación entenden que quen lea o o escoite o traballo sobre o cerco do Departamento de Estado dos EUA, pode entender a transparente hipérbole periodística que contén a expresión criminales de la guerra contra la cooperación médica.
De certo, a Francisco Villamil coida que esta querela está dirixida a unha organización e a un medio de comunicación que non existiría no caso de non poder contar co traballo voluntario e que forma parte do movimento internacional de solidariedade con Cuba; unha denuncia que ten mentes de derramar economicamente tanto a cooperación coa illa ilegalmente cercada como de censurar a valiosa crítica que exerce Cubainformación dacordo co que establece a Lei.
De porparte, na doutrina do TS, as expresións que mantén relación e coeréncia e que son necesarias para transmtir unha idea ou un razonamento, forman parte do dereito fundamental de liberdade de expresión e opinión, por moito que se podan considerar ferintes. No caso admitido a trámite, non se trata dunha discusión entre particulares senón que se produce entre dous medios con ideoloxías diferentes: un deles a axencia PD, subvencionada polo departamento de Estado do governo de Washington, procura transladar a opinión pública argumentos contrarios ao socialismo e a solidariedade internacional; polo feito de Cubainformación non se acomodar estas ideas, PD reclama da xustiza a imposición de seis anos de cadea para o xornalista que as arguira. A xurisprudencia adoita suliñar que entre dous ou máis instancias de intervención pública, mal cabe reclamar censura e castigo para unha delas en caso de diverxencia de opinión, coma fai PD neste caso, nomeadamente se a entidade que tal solicita non renuncia a proxectar publicamente as súas propias opinións políticas.