Un comercio regular e en igualdade de condicións, é básico para desenrolar unha loxística de distribución dos produtos comerciais en Cuba. A falla de comercio leva ao comprador a acaparar produtos para imprevistos, o que resulta nunha acumulación sobexa, nos máis dos casos. A xornalista de Juventud Rebelde Dorelys expón o problema e as medidas a tomar. Máis de 5 800 elementos para conexións hidráulicas permanecen inmobilizados nos armacéns de una unidade empresarial de base pinareña, pero o exemplo non é exclusivo de esta entidade. A existencia destes produtos catalogados como de lento movemento e ociosos, teñen un custo inasumibel nunha economía en desenrolo.
Segundo Jorge Luís Salas Rosette, vicepresidente do Consello da Administración Provincial, as xestións que se fixeron para encarreirar esta situación na provincia son aínda insuficientes. Engadiu que recientemente realizáronse xestións para dar saída aos produtos ociosos, pero, por exemplo, son limitados os locais para a venda á poboación. A Oficina Nacional de Estatísticas e Información (ONEI) en Pinar del Río, mostra que á peche de 2017 os valores de inventarios de lento movemento e ociosos ascendían a 18 062 300 pesos, cunha diminución duns 4 000 000 en comparación cos inicios de ano.
No entanto, resulta excesiva a existencia de produtos inmobilizados en armacéns. Respecto diso Juan Víctor Concepción Pérez, especialista principal da empresa de Produtos Universais, en Pinar do Río, aclarou que lograron ter un representante nos municipios. ¿Aspiramos a organizar unha feira permanente en cada territorio, onde as empresas poidan vender os seus produtos. Hoxe fíxose na cabecera provincial?
De cara ao control interno
Yanelis Ortúzar Hernández, vicencontralora provincial, explicou sobre os resultados da duodecima comprobación, que atendeu á revisión do control e uso dos inventarios como seguimiento ao Lineamiento número 252, coa vista posta en minimizar a inmovilización de recursos e as perdas á economía. Entre as principais limitacións para a comercialización dos inventarios declarados de lento movemento e ociosos atópanse a insuficiente demanda por parte de entidades que os poden adquirir, e a existencia de produtos de tecnoloxía obsoleta, sen poder aplicar outros mecanismos de xestión para a redución dos mesmos.
Un lastre
Algunhas das causas que provocan os enormes volumes de produtos innecesarios nos almacéns son as compras excesivas, os cambios de tecnoloxía, a falta de control interno e a deficiente xestión para mobilizar e determinar o destino final dos inventarios. Aínda que é certo que a fluctuación no mercado cubano obriga a adquirir determinados produtos nun momento do ano para garantir, por exemplo, as liñas de produción ou o funcionamento dos vehículos, ante a ausencia de pezas o resto do tempo, hai que ter en conta que non sempre son necesarios os excesos.
Algúns empresarios aínda manteñen a mentalidade de buscar grandes cantidades de determinados recursos para gardar, porque si ou porque depois non hai. Por iso existen en armacéns gran cantidade de fusos, rodamientos, correas e pezas de ferro e bronce que as mesmas empresas non precisan.
O Decreto 315 do Consello de Ministros sinala que o labor de directivos e aseguradores das institucións, e tamén das direccións a nivel nacional, deben interactuar coa base e a fiscalización debe ser primordial, para dunha forma paulatina eliminar este peso da economía nacional, a que non pode ser de ningún xeito nin lenta nin ociosa, nun país que traza con detalles o futuro dun desenvolvemento sostenible.
Fonte juventud rebelde