Terra Sen Amos Cuba, un pais de once millóns de habitantes con recursos escasos e bloqueado polos Estados Unidos dende hai 54 anos, demostra máis resolución e compromiso contra o Ébola ca os paises ricos. O xornal The Washington Post recoñece a cualidade e importancia da axuda médica de Cuba aos países africanos castigados polo andacio depois dunha equipa de 165 profisionais da asistencia chegar a Freetown, en Serra Leona.
Os primeiros integrantes da equipa de 165 médicos e médicas cubanos, descargan medicamentos e material recén chegados a Freetown para axudaren na loita contra o Ébola, na Serra Leona
A revista semestral Galega Tempo exterior convoca no seu último número voces de Cuba para analisar o proceso de reformas promovido polo Partido Comunista e aprobado no seu VI Congreso, logo dun intenso debate de base que comprometeu toda a illa. O artigo inicial é de Juan Valdés Paz, sociólogo estrela da revista Pensamiento Crítico e do Centro de Estudios Sobre América.
Fernando González Llort, heroe da República de Cuba e vice-presidente do Instituto Cubano de Amistad con los Pueblos (ICAP), dirixiuse na súa primeira visita ao Estado, a activa solidariedade de Galiza cos Cinco Cubanos. Fernando entregou a unha delegación da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, desprazada a Madrid para un encontro de homenaxe aos Cinco, o seguinte texto: “Aos amigos de Galiza: un saúdo agradecido e o compromiso de loitar até ver de regreso a Gerardo, a Ramón e a Toni”.
Coral Prieto e Gustavo Luca, da “Francisco Villamil”, con Fernando Gonzalez Llort
A primeira vacina terapéutica contra o cancro de pulmón xa foi aprobada en Cuba. Os especialistas estudan agora o uso do fármaco no tratamento doutras doenzas oncológicas.
Vintecinco anos investiu o Centro de Inmunoloxía Molecular da Habana no afinado da vacina CimaVax-EGF, un preparado semellante do EGF, factor de crecimento epidermico necesario para a vida e propagación das celas canceríxenas. Co fármaco, o sistema inmunolóxico do organismo ataca as celas que producen o EGF e, deste xeito, o tumor redúcese. Seguir lendo Aprobada en Cuba a primeira vacina contra o cancro de pulmón→
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"