“O imperio e o sionismo amosan ao mundo seu verdadeiro rostro criminal e xenocida” (González Llort  no VII Encontro Cubano- Africano)

White River, Sudáfrica – Prensa Latina

Agresións, desafíos e ameazas do imperio dos EUA deberìan ocupar lugar de preferéncia na conciencia da humanidade, dixo o presidente do Instituto Cubano de Amizade cos Pobos (ICAP) na apertura do VII Encontro Continental Africano de Solidariedade con Cuba, en White River, Sudáfrica.  Fernando González Llort,  Heroe da República de Cuba  e responsábel do ICAP, coida que o progreso da solidariedade e a conciendas dos pobos permiten  afrontar o imperialimo no seu obxectivo de guerra e depredación.

O VII Encontro Continental Africano de Solidariedade convoca 230 delegados de todo o continente en White River (Sudáfrica)

Recordou que que a cita solidaria volvía nun contexto internacional de desafio e ameaza da guerra cun efecto arrasador para a economía mundial, o quecemento global, o cambio climático e as enfermidades e epidemias.

Nesas circunstancias, destacou González Llort, os pobos do mundo, mobilizados en apoio a Palestina, esixen o cesamento da brutal agresión contra un Estado que defende o seu dereito a existir na terra de seu e a gobernala sen interferencias;  a resposta do sionismo e o imperialismo “foi deixar caer a súa máscara para mostrar ao mundo o seu verdadeiro rostro criminal e xenocida”.

Ante máis de 230 delegados duns 25 países, dixo que Cuba “expresa o seu apoio á solicitude de Sudáfrica de iniciar un procedemento contra Israel no Tribunal Internacional de Xustiza (CIJ), en relación coas violacións por parte dese país das súas obrigas en virtude da Convención para a Prevención e a Sanción do Delito de Xenocidio.

Logo de pedir  aos asistentes a súa asinatura na demanda de Sudáfrica na CIJ, dixo que era preciso que os pobos do mundo xuntasen a súa voz para frear de contado o exterminio indiscriminado de nenas, nenos, mulleres e poboación civil palestina.

González Llort lembrou que África para os cubanos é moito máis que outro continente, “é parte da nosa historia, da nosa cultura, está presente na nosa vida diaria, nos homes e mulleres que defenderon no século XIX a independencia de Cuba e defenden hoxe a súa Revolución”.

Lembrou a celebración recente do 60 aniversario do inicio da cooperación cubana en África, co envío en 1963 da primeira misión de axuda médica  a Alxeria.

Dende aquela, un mundo de cubanas e cubanos cooperaron en África como combatentes, mestres, doutores, traballadores da construción ou educadores alí onde foren precisos mentres milleiros de alumnos e alumnas de Africa formáronse en diversas carreiras en institucións cubanas. “En África existen 102 asociacións de amizade con Cuba en 43 países, mentres a nivel internacional a solidariedade con Cuba esténdese a 150 nacións a medio de 1.649 organizacións”.

González Llort denunciou o bloqueo económico, comercial e financeiro imposto contra Cuba polos EUA instituido co propósito de producir asfixia económica. O presidente do ICAP dixo que incluir Cuba arbitrariamente na lista de países patrocinadores do terrorismo é a sanción ilegal dos EUA que máis afecta a economía da illa ao levar a moitas institucións bancarias e financeiras a recusar ou evitar relacións por mor do ilegal veto. “Con todo, o pobo de Cuba está resolto a resistir o bloqueo imperialista os anos que sexan necesarios e vencer”.

“Co exemplo do presidente Nelson Mandela e do líder histórico da Revolución cubana, Comandante en Xefe Fidel Castro, e o doutros líderes africanos que nos mostraran o camiño, sabemos canto se pode facer dende a solidariedade, como se pode loitar, resistir e vencer».

A ministra de Estado e Cooperación de Sudáfrica Naledi Pandor, fixo unha panorámica histórica da colaboración cubana coas nacións de África e recordou que, dende 1994, Sudáfrica estivo sempre xunto a Cuba, na denuncia do bloqueo económico, comercial e financeiro imposto por EUA que persigue o comercio preciso de alimentos, medicinas e equipo para a illa e impide o acceso ás divisas para adquirilos,

Biden anota Cuba nunha nova lista de castigo por entender que non respecta a liberdade relixiosa

Áurea Amil – TSA

Cuba, xa incluida arbitrariamente nas listas unilaterales de promoción do terrorismo e de violación de dereitos humanos polo governo dos EUA, ven de ingresar por decisión de Biden no purgatorio de paises que non respectan a libertade relixiosa. Máis un recurso de Washington para gastar a paciencia da poboación sen a malicia do Imperio brillar nos titulares. Sesenta e un anos de bloqueo deixan de ser noticia e aumenta de xeito manipulador e mentireiro a presunta ameaza de Cuba para o mundo. Non importa que a solidaria asistencia cubana contra os andacios, a Pandemia e os meteoros sexa honrada por todo o planeta, e  que, nin durante o papado do reaccionario Woytila (que visitara a illa entre aplausos da poboación) ousara a igrexa de Roma pór en dúbida a plena liberdade de crencias de Cuba. Na aclamación de o dereito de Cuba a vivir sen bloqueo, vota o mundo enteiro dende hai 19 anos na Asemblea Xeral da ONU e nese coro participan todas as crenzas do mundo coas únicas excepcións da capital do Imperio e do seu  probador-comprador de armas primeiro da lista, incurso en Apartheid e xenocidio armado e en disparar contra mulleres e homes que rezan (naturalmente desarmados) no templo de Al Aqsa. Para os EUA, ese socio nin parece terrorista nin ameaza a liberdade relixiosa.

En Xullo de 2019, Mike Pompeo, ministro de Estado de Trump, anunciou un programa para promover a liberdade de culto.

O ministro de Relacións Exteriores de Cuba recordou con admirábel serenidade, que sucesivos governos dos EUA teiman en proclamar que no lugar principal do Indice está o governo cubano por promover o terrorismo, aldraxar a Declaración Universal de  Dereitos Humanos e, agora, por impedir a liberdade relixiosa e que esta inclusión arbitraria ten por único obxectivo servir de pretexto para as medidas inhumanas de bloqueo e guerra económica contra a illa.

O governo de Washington inaugurou 2024 coa ascensión de Cuba e Nicaragua a lista dos “paises que participan ou permiten violacións particularmente graves da liberdade relixiosa”. Nese cadro de herexes figuran en observación Alxeria, Vietnam, as Illas Comores, A República Centroafricana e O Acerbaixán.

O vicechanceler cubano Carlos Fernández de Cossío denunciou a hipocrisía de acusar Cuba de violar liberdades relixiosas e de o goberno acusador ter “as mans manchadas de sangue pola súa complicidade racista e criminal no xenocidio de Israel contra Palestina”.

A fundación Ayuda a la Iglesia Necesitada de obediencia romana informaba hai pouco que Cuba é un dos seis únicos países del mundo nos que mellora a liberdade de culto mentres que en 82 dos 196 países relacionados recúa a libertad religiosa. Ao tratar en concreto de Cuba, o informe nota que, habendo de feito liberdade de culto, “o Estado non deixa de estorbar o libre camiño das almas para seguir a luz católica” porque entre outros impedimentos, non permite o ensino privado.

A Constitución Cubana garante o dereito a profesar todos os credos e tamén a escoller a opción do ateismo. A Igrexa Católica ten máis de 600 lugares de culto abertos e algúns asilos. Coa Revolución, aumentou na illa a presenza de ordes católicas que conviven con igrexas protestantes (54) e con outros 912 templos ortodoxos, islámicos, xudeos e masónicos.

“Honra eterna a Cuba e aos seus líderes históricos!” (memoria do triunfo histórico da Revolución, por Atilio Borón)

atilioboron.com.ar – TSA

Celebramos o 65 aniversario do triunfo da Revolución cubana, anuncio dun feito histórico. Cuba resistiu con heroísmo, pagando por iso un custe inmenso: a máis prolongada agresión endexamais lanzada por un gran imperio sobre calquera pobo que tivese a ousadía de resistirse aos afáns de dominio. Ningún, absolutamente ningún imperio, nin o Exipcio, aredor del 3000 a. C., nin o Acadio, que dominara grande parte da Mesopotamia, 2400 anos a. C; os imperios Shang e Zhou, ambos en China, entre 1500 e 770 a. C. nin o de Roma ou o xigantesco imperio Mongol, ou os múltiples califatos e sultanatos do mundo islámico e o imperio otomán; os imperios español, portugués, francés e ruso, e o imperio británico, o máis extenso de toda a historia universal; ningún, repito, absolutamente ningún destes imperios asañouse con tanta brutalidade e durante tanto tempo no bloqueo dun pobo como vén facendo o imperio estadounidense dende o intre no que triunfa o Movemento 26 de Julio en Cuba. Non houbo pobo sometido a cerco integral —que se pretende ocultar baixo o aséptico vocábulo embargo— coma o que padece Cuba, agravado co perverso agravamento infame durante a emerxencia da pandemia do Covid-19. Cuba resistiu en pé firme unha agresión atróz á cal non foi sometido ningún outro país no mundo. Honra eterna a ese pobo e aos seus líderes históricos, Martí e Fidel!

Permítaseme engadir a esta nota o recordo persoal sobre este día, o día do triunfo do Movemento 26 de Julio, extraído das miñas memorias reconstruídas “a catro mans” no libro A contramano. Una biografía dialogada. Edicións Akal, 2023, pp. 78-79

“Antes da vitoria o 1 de xaneiro de 1959, na Arxentina sabíase moi pouco do 26 de Julio; o que chegaba eran reflexos parciais da entrevista que Herbert Matthews fixéralle a Fidel na Serra Mestra para o New York Times. O que se divulgaba era a imaxe, case diría idílica, dun heroe popular en loita contra un ditador infame, torturador, corrupto, ao que a prensa arxentina asimilaba impúdicamente a Perón. De todos os xeitos, os diarios non informaban demasiado, porque desconfiaban daqueles barbudos armados loitando na serra. A dereita é aguda e ten bos reflexos, aprendidos pola súa longa historia. En todo caso, os dous principais diarios da época falaban pouco ou nada da guerrilla do 26 de xullo, aínda que algunhas noticias apareceran antes do triunfo da Revolución.

E como souben eu dá vitoria histórica? Estaba cos meus pais no Mar del Plata, onde chegaramos a pouco do Nadal. Aloxámonos nun hotel típico de clase media que á hora do xantar e a cea sintonizaba un programa de radio (hoxe fano coa TV) e con altoparlantes transmitíanllo aos comensais. Dominaban os programas musicais, interrompidos polos  noticieiros cada hora. Acórdome coma se fose hoxe que estabamos no xantar e de súbito interrompeuse a transmisión cun anuncio dun locutor que, aos berros, dicía: ‘Cable de último momento, cable de último momento: o ditador Fulgencio Batista acaba de fuxir de Cuba e o Movemento 26 de Julio goberna a illa toda’. A sorpresa foi que todo o salón (80 ou 90 persoas reaccionou de consuno e puxéronse posto en pé berrou ‘Viva Fidel, viva Cuba, viva a Revolución cubana!’ Seguiron brindes interminabeis por Fidel e os seus. Eu nese momento tiña pouco máis de 15 anos e fiquei abraiado. Non era un asunto do que falaramos na casa. Conservo un recordo indelébel da emoción da xente!”.

“Ao 2024, coa paixón e alegría que merece o alto obxectivo de cambiar todo o que deba ser cambiado” (mensaxe de Diaz-Canel)

Cubadebate – TSA

Rematado 2023, superamos por camiños enfestos unha montaña empolicada. Como tantas veces a longo de 65 anos, a subida foi ardua e por momentos houberamos de  retroceder. Pero chegamos. Chegar é vencer, conscientes de que cada meta é un novo punto de partida. Eis o camiño do ideal socialista, como nos ensinaron Fidel e Raúl.

Celebrando o 65 aniversario da Revolución Cubana, é miña vontade facerlles chegar unha aperta agradecida por cada paso dado contra os desafíos de seis décadas de bloqueo económico e pola superación dos erros provocados pola incesante procura de saídas contra o cerco brutal.

Tan longos anos aturando o criminal peso dunha alevosa ofensiva de cercos e sancións que parece infinita na súa crueldade, fan que os atrancos parezan recrecidos, mais os revolucionarios non chegamos até este 65 aniversario para render e entregar bandeiras.

A xeración histórica que, contra os presaxios dos agoreiros da adversidade, foi quen de traer a Revolución até este día, acompáñanos aínda e transmítenos a certeza de que si se pode.

Dende a Demajagua alzada até os nosos días, o segredo da Revolución para termar fronte adversidades, é a participación popular nunha historia única de resistencia e creatividade, cun liderado firme e unha presada de principios como base.

Eis a historia que nos inspira a convidalos hoxe, en vésperas doutro Aninovo desafiante, a entrarlle ao 2024 coa paixón e alegría que precisa e merece o alto obxectivo de cambiar todo o que deba ser cambiado.

A forza de creatividade esnaquizamos cada lastro de bloqueo que nos lanzan e facémolo con plena conciencia de que ninguén o vai facer por nós.

A Revolución non é obra dun día, dun ano, nin sequera de 65 anos. É unha idea, unha vontade.

Eis a Revolución: realizábel, de ninguén en solitario e de todos  nós xuntos, vencendo imposíbeis!

Patria ou Morte: venceremos!

Elena Llana Castro recibe o Premio Nacional de Literatura de Cuba 2023 e Miguel Barnet o de Patrimonio Cultural

Axencias – TSA

Figuras da cultura mereceron onte os recoñecementos que distinguen a continuidade do labor e as aportacións concretas ao patrimonio das letras e do pensamento cubano. O Premio Nacional de Literatura 2023, que entrega o Instituto Cubano del Libro (ICL) foi para a escritora e xornalista María Elena Llana Castro; o de Ciencias Sociais e Humanísticas e o Nacional de Edición, ambos tamén do ICL, foron, respectivamente, para o antropólogo Jesús Guanche Pérez e o editor e escritor Enrique Pérez Díaz. Pola súa banda, o Premio Nacional de Patrimonio Cultural 2023, que outorga o Consello Nacional de Patrimonio Cultural, foi para o etnólogo e narrador Miguel Barnet Lanza.

Un xurado encabezado pola poeta Nancy Morejón recoñeceu na autora de Casas del Vedado e Tras la quinta puerta, entre outros elementos, “a precursora orixinalidade dunha escrita ricáz na que brilla a orixinalidade e a profusión temática”.

Llana, dixo sentirse satisfeita, pola extensa nómina de narradores e narradoras que expresaran a súa confianza neste premio.

O xurado que votou por Guanche, salientou que “os seus estudos dos compoñentes étnicos da nación cubana son notabeis e mostran a profundidade do seu pensamento”, á vez que lle recoñeceu a incorporación “de aspectos novos e pouco estudados da cultura popular cubana, tanto nas orixes hispanas como africanas».

A acta do xurado asinada por un grupo de editores encabezados por Virgilio López Lemus, identificou a Enrique Pérez Díaz como editor excelente “e moi notabel xestor e líder do mundo editorial cubano, que exerceu de director editorial e salientou na promoción do libro e a leitura”. Pérez Díaz aceptou o recoñecemento “por fidelidade e por manter sempre o anceio de a xente poder ler o mellor”.

O xurado do Premio Nacional de Patrimonio Cultural 2023, distingue en Barnet unha vida consagrada ao resgate, investigación, preservación e promoción de aspectos cardinais na formación da identidade cubana.

Cando a presidenta do Consejo Nacional de Patrimonio Cultural, Sonia Virgen Pérez Mojena, deu a noticia ao autor de GallegoBiografía de un cimarrón, acudiron á memoria do premiado os nomes de aqueles que deitaran as bases do pensamento cubano, dende José Agustín Caballero e Félix Varela até José Martí e Fernando Ortiz. Evocou a Argeliers León, un dos seus mentores, e ecoaron nos seus oídos os toques, rezos e cantos dos practicantes de relixións populares e rumberos que de neno escoitara nun solar do Vedado.  Miguel Barnet, labora no seu prezado anceio vital de erguer e coidar a diario o tesouro patrimonial da nación dende a Fundación Fernando Ortiz, fundada e presidida por el.

Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"

Visit Us On TwitterVisit Us On Facebook