“Vivimos o remate do imperialismo e o inicio dunha nova etapa da humanidade” (Atilio Borón na Feira do Libro da Habana)

YAIMI RAVELO – CUBA EN RESUMEN

Nin Marx nin Engels puideran asistir a consolidación imperialista do capitalismo entre 1898 e 1900 que asomou na xeopolítica imposta polas guerras mundiais do século XX. A interpretación que Lenin fixera de Marx permanece non só vixente senón dotada dunha  precisión e complexidade que nos permite identificar o renacer do fascismo na plena descomposición do capitalismo.  Con este anuncio, comezóu o intelectual arrxentino Atilio Borón a súa refrexión sobre a política internacional contemporánea na Casa das Américas, dentro do programa da XXXII Feira Internacional do Libro da Habana. Abel Prieto dixo de Borón que era coma unha estrela de rock das ciencias sociais, pola súa capacidade de orientar a mocidade dixitalizada.

A mocidade asiste a cambios acelerados que non se produciran en 500 anos. Un cambio positivo, segundo dixo Atilio Borón na súa intervención na XXXII Feira Internacional do Libro da Habana, por tratarse do demorado ocaso da dominación de Occidente sobre o sistema internacional.

Vivimos en primeira fila o remate do imperialismo e o inicio dunha nova etapa da historia da humanidade; a mocidade asiste a cambios acelerados que non se produciran en 500 anos. Un cambio positivo, segundo o profesor arxentino,  por ser o prolongado ocaso da dominación de Occidente sobre o sistema internacional. “O predominio de Occidente parecía algo absolutamente inamovibel nos meus anos de formación, e agora asistimos a unha aceleración histórica que Marx predicira con certeza”.

A decadencia dos EUA non é unha mutación reductora do seu protagonismo senón que claramente xa non pode impoñer os seus intereses tal coma fixeran no remate da Segunda Guerra Mundial. Na desaparición da URSS, moitos aseguraron que o XXI sería o século dos EUA e o triunfo da democracia liberal nos primeiros mercados do mundo. En menos de 20 anos todo iso véuselles abaixo.

Estorbado aínda polo misterio e o segredismo, o derrube da Torres Xemelgas de Manhatan fora precedido pola caida dunha terceira torre, que malia estar censurada tiña enorme importancia.  A chamada Torre VII encerraba algunhas das máis importantes oficinas do goberno federal dos EUA e acubillaba o cerne dos servizos secretos e dos arquivos da CIA, que habían esborrallar ás 4:30 da tarde. Non esfragou contra ela avión ningún. No informe sobre os atentados do 2001 que realizara o Tribunal Supremo dos EUA, case que non reparan na Torre VII. Un fenómeno que marca perceptibelmente a declinación dos EUA coma imperio.

Interpretacións fundadas comparan o debalo do imperio dos EUA coa toma de terra violenta dun avión. Entrada en pista con grande balbordo entre desafíos e guerras coma as que estamos a ver nestes días: “Con dúas frontes de guerra moi moi fortes no plano global e outras menores que non merecen moita atención da grande prensa controlada e a  ameaza dun choque superior en Taiwan. Os EUA consideraran China adversario mais agora é inimigo principal; unha transición especial porque non comparten lingua, tradicións políticas nin relixión. Quer dicer: unha transición moito máis avesa e bruta.

Crises anteriores, nomeadamente a da hexemonía británica internacional, déranse entre paises de características culturais e políticas relativamente próximas a diferenza dos universos culturais que chocan hoxe, e non só no caso de China. As guerras de hoxe son produto da necesidade dos EUA de preservar pola forza unha situación de predominio a nivel internacional que xa non poden soster. Cal é a diferenza? Os EUA baseaban a súa superioridade nun conxunto de factores que foron desaparecendo. A guerra contra Rusia ten por obxectivo conservar a capacidade de control do sistema, a beira dunha UE en decadencia. Algo que acontece mentre os EUA perden a carreira económica con China. “China é o experimento de crecemento económico máis extraordinario na historia da humanidade”.

A nova China non só cambiou a economía mundial, tamén a distribución de recursos no mundo e a xeopolítica. China coa súa estratexia é a gran socia de 144 países. Aparece no escenario internacional a India que era potencia industrial no século XIX e fora esmagada por Inglaterra polo colonialismo, polas armas, a tortura e o xenocidio. A India hoxe está entre as primeiras economías e estase transformando no que moitos aseguran que para o ano 2030 será a terceira potencia económica do mundo.

Neste cadro, os EUA provocaron a guerra en Ucraína e alentron a masacre de Gaza, con armas e fondos, e deron medios ao que hoxe con toda certeza e con toda precisión pódese caracterizar coma un réxime neo-nazi dirixido a aniquilar á poboación orixinaria desa rexión. “Sen a intervención ou a mediación de parte dos países hexemónicos de Occidente, dos EUA e os seus aliados, non podería realizarse esa política de exterminio que pretende acabar cos palestinos e botalos de Gaza”.

Sobre a crise económica dos EUA, Borón recomendou analizar a débeda pública superior ao 125% do produto bruto nacional o que significa que para pagar esa débeda, durante un ano o cidadán de EEUU non podería comer, comprar, ir ao médico, nin facer nada. Ese proceso dura o que dure mundialmente a confianza no Dólar, que cae a diario como moeda de cambio no comercio internacional. Séguese aínda utilizando como moeda de reserva mais a cada menos.

O eixo da transición pode ideenttificarse no conxunto dos BRICS que hoxe en día comezan a intercambiar seus produtos con moedas locais. “Os BRICS hoxe teñen 10 membros á parte dos cinco fundadores, convidaran tamén a Arxentina. Pero una desas tremendas fatalidades que temos en Arxentina este personaxe sinistro, unha especie de bufón supersticioso que fala con cans mortos, Arxentina rexeitou ingresar aos BRICS” malia seren moito máis importantes que os países do G7 e conttaren coa vinculación de China”.

Dixo que nesta altura estabamos a loitar cun exército de millóns de creadores de contidos e entene que compre dar esa batalla, crear contidos, facelos circular polas redes sociais, porque hoxe os medios tradicionais perderon eficacia; o traballador aínda o máis humilde infórmase mirando o celular nas redes sociais e non serve entregarlle unha voandeira na na porta da fábrica como nos anos 60 e 70.

“Non podemos cansar ou como dicía Fidel: cansar é aínda máis bochornoso que declararse rendido. Non cansemos nin abandonemos a loita: sigamos na batalla con toda forza e até a vitoria sempre!”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *