Cubadebate – Terra Sen Amos
O Consello de Estado de Cuba acordou a sustitución das direcións dos ministerios de Industria Alimentaria, Economía e Planificación e Tecnoloxía-Medio Ambiente e Banco Central de Cuba. Os movementos de cadros afectaron aos compañeir@s Alejandro Gil Fernández, Elba Rosa Pérez Montoya e Manuel Santiago Sobrino Martínez. A direción do Banco Central constitúese en responsabilidade de seu.
O novo ministro de Economía será Joaquín Alonso Vázquez, de 60 anos; é licenciado en Finanzas e Créditos, e ten un mestrado en Dirección e Xestión Empresarial así coma probada experiencia de dirección, aquilatada durante o seu tránsito por diferentes responsabilidades dende a base: o Banco Nacional de Cuba, o Banco Popular de Aforro, a Corporación de Comercio e Servizos Cubalse e a Institución Financeira non Bancaria Casas de Cambio S.A. Tamén fora ministro presidente do Banco Central de Cuba e vicepresidente provincial da Asociación de Economistas e Contadores de Cuba.
A responsabilidade do Banco Central de Cuba (BCC) será da compañeira Juana Lilia Delgado Portal, de 57 anos, licenciada en Relacións Económicas Internacionais. Delgado ten asumido diferentes cargos no Banco Nacional de Cuba: os de directora de Operacións e directora xeral de Tesourería; tamén foi viceministra do Ministerio de Economía e Planificación, de onde pasou a se ocupar da Comisión Permanente de Execución e Desenvolvemento. Está en posesión de varias capacitacións complementarias entre elas as de Sistemas de Pago, Contabilidade, Mercados Financeiros, Banca Comercial e Central e Macroeconomía.
O novo ministro de Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente será o doutor C. Eduardo Martínez Díaz, actual presidente do grupo empresarial BioCubaFarma, de 56 anos e licenciado en Bioloxía. É deputado á Asemblea Nacional do Poder Popular. Comezara a súa vida laboral como investigador no Centro de Enxeñería Xenética e Biotecnoloxía (CIGB) onde transitou como xefe de departamento, director de Desenvolvemento Tecnolóxico e vicedirector xeral. No grupo empresarial que dirixe, exercera primeiro como diretor de Política Científica e vicepresidente primeiro. É membro da Academia de Ciencias de Cuba e autor principal da vacina pentavalente cubana. Polo seu labor na loita contra a covid-19, fora distinguido co título de Heroe do Traballo da República de Cuba.
Aos compañeiros liberados dos seus respectivos cargos, recoñecéuselles entrega e labor arreo no desempeño de tan altas responsabilidades e nos próximos días seranlles asignadas novas misións.