Resistindo heroicamente o asedio das divisións alemanas,
a cidade de Stalingrado non estaba soia. O espírito do antifascismo do mundo
enteiro, revivia moralmente na loita contra a insania expansionista dos
exercitos nazistas.
Pasaba o mesmo no Viet Nam, cando a agresión norteamericana,
pois os combatentes do Vietcong representaban a resistencia contra os imperios da
humanidade toda. Digan quen, que non
tiver a súa alma vendida ao diaño, podia estar cos EUA naquela vergoñenta
aventura, unha máis das que sempre fan. Ninguén. O espírito do mundo, vala a
metáfora, recoñecía e acompañaba a
valentía e afouteza do pobo vietnamita.
O mesmo que a Cuba da dignidade e a honra que leva 61
anos de resistencia acompañada da simpatía solidario de moitedumes de todo o
planeta. Canda ela, resiste todo un movimento humano. Podemos aseguralo, non só
por a última resolución da ONU contra o bloqueo contar co apoio de 187 paises,
senón por Cuba representar, en si propia, a probabilidade real e moral de construirmos
ese outro mundo mellor e posíbel. Dalgún xeito, iso faise presente mália o
pouco que se recoñece de alta voz.
E que dicer da Palestina que non se rende? E da República
Saharahui? Pobos en loita pola súa emancipación definitiva que é sagrada, tanto
coma a terra que lles pertence. Pobos que non se entregan nin se entregarán, vir
o que quixer vir e por moito que fosen abandonados polo resto do mundo. Que non
será, porque millóns de corazóns latexan con eles.
Deste xeito, cando Venezuela resiste, non é só unha loita
do noso pobo en unidade cívico-militar e do noso goberno bolivariano contra a
agresión imperial. É ao mesmo tempo, en todos sensos, unha resistencia da
liberdade contra a opresión, da verdade contra o engano, da razón amorosa contra
o desprezo e a exclusión, da fraternide contra a guerra, da dignidade contra a
aldraxe e da rebeldía contra a inxustiza. É unha resistencia que representa e
simboliza o soño milenario de todos os pobos por construir en paz e
prosperidade o seu propio destino nun mundo de igualdade e respecto. Por iso non
está soia. Non estamos sós.
A industria farmacéutica cubana garante a produción de fármacos probados e con alta eficacia, como o Heberon Alfa R, marca comercial do Interferón Alfa 2B Humano Recombinante, amais doutro grupo de medicamentos incluidos no protocolo para atender pacientes con esta enfermidade e as complicaciones que puidesen derivarse. Sen existir ainda no mundo unha vacina para o Covid-19, a experiencia Chinesa recomenda o uso de interferón contra o andacio, a partir dun inquérito no que o específico cubano resulta superior ao catálogo dos poderosos grupos de presión da industria farmacéutica dos EUA e aliados
Imaxe de recente rolda de prensa de Biocubarma para informar dos sobresaintes resultados dos seus específicos contra o andacio manifestado en Wuhan.
Criado nos laboratorios cubanos dende os primeiros 80, e ensaiado con éxito mediante unha terapéutica orixinal, o Interferón foi o medicamento de elección dende a primeira infestación sobrevida en Wuhan (China) do Covid-19. Foi a empresa mixta cubano-chinesa Changchun Heber Biological Technology, situada en Jilin, a que forneceu o fármaco para o estado de emerxénccia de Wuhan que, no de hoxe, utilízase para o tratamento preventivo de persoal vulnerábel e de profisionais da asistencia así como para enfermos de Covid-19 en forma de nebulización, unha vía rápida para chegar aos pulmóns e actuar nas etapas primeiras do contaxio.
Marta Ayala Ávila, vicedirectora do Centro de Ingeniería Xenética e Biotecnología (CIGB) de Cuba, comentou que Cuba dispón de medios e reservas para a aplicación do medicamento, producido na empresa mixta que leva o nome de Innovative Immunotherapy Alliance – Alianza Anovadora de Inmunoterapia, instalada na Zona Especial de Desarrollo de Mariel (ZEDM), nos laboratorios de Biocubafarma e na empesa mixta de Jilin.
A vicedirectora recordou que o Interferón é unha resposta natural do propio organismo ante os ataques virales, como primeira resposta orgánica do sistema inmune para combater a enfermidade, probada con bon resultados contra o SARS no 2002 e o MERS no 2012. Estudos posteriores probaron que estes virus, no canto de inducir a creación de interferón no organismo, diminúen a produción destas moléculas.
Eulogio Pimentel Vázquez, director xeral do CIGB, comentou que Cuba dispón dunha reserva de Interferón equivalente á cantidade necesaria para tratar ao total dos infectados no andacio de China. O medicamento forma parte dos protocolos do Ministerio de Saúde Pública (Minsap) para pacientes de Covid-19 e para atender demandas dos ministerios de saúde de varios países. Nese sentido, Pimentel asegurou que o centro ten capacidade non só para atender a demanda conxuntural do país, senón para satisfacer tamén as 15 solicitudes que até hoxe chegaran a Cuba doutras nacións, tanto de información como de adquisición do produto.
Explicando os resultados do Heberon Alfa-R en China e as perspectivas da industria farmacéutica cubana, Eduardo Martínez Díaz, director de BioCubaFarma, dixo en rolda de prensa que 15% dos medicamentos do listado farmacéutico da illa, están a faltar polos atrancos que a diario inventa o bloqueo para frustrar a compra de materia prima e repostos dos equipos precisos para as liñas de fabricación. O cerco dos EUA contra Cuba rfai que certos provedores resistan a venda de equipos a causa das sancións ilegais coas que o goberno de Washington penaliza contra toda lei este comercio. “De feito –dixo- o bloqueo impídenos dispor dunha importante cantidade de recursos financeiros”.
A primeira empresa mixta cubano-estadounidense está a dar pasos decisivos para a comercialización en todo o mundo de produtos anti-canceríxenos creados polo Estado socialista en Biocubafarma, grupo de Industrias biotecnolóxicas e farmacéuticas. O doutor Luis Herrera, asesor científico da bio-farmacéutica cubana, recordou esa brillante anomalía do bloqueo durante a entrevista co expresidente Rafael Correa, que gobernara Ecuador de 2007 a 2017 e mantén na Radio Televisión Rusa (RT) o programa Conversando con Correa. No curso da entrevista, centrada nos sobresaintes resultados do Interferon cubano, específico de preferencia de China para tratar o Coronavirus contra 35 medicamentos de avangarda de todo o mundo, procedentes na súa maioria das poderosas transnacionais da farmacia, Luis Herrera dixo que o produto cubano contra o cancro está na fase II de ensaio nos EUA con moi bons resultados. A empresa mixta produtora do orixinal fármaco nacera en setembro de 2018 entre Biocubafarma e o centro oncológico Roswell Park dos Estados Unidos, a partir da vacina recombinante ideada e realizada nos laboratorios da Revolución e ensaiada con éxito en Cuba mediante unha terapéutica orixinal. A empresa mixta leva o nome de Innovative Immunotherapy Alliance – Alianza Innovadora de Inmunoterapia e ten o seu centro de produción na Zona Especial de Desarrollo de Mariel (ZEDM)
Luis Herrera, asesor de Biocubafarma, durante unha entrevista con Cubadebate en 2015.
Durante a entrevista con Rafael Correa, o asesor de Biocubafarma expresouse con discreción e
seguridade sobre os resultados positivos do novo medicamento anticanceríxeno cubano
que está a ser ensaiado pola empresa mixta que definiu como “primeiro emprendimento
entre a illa de Cuba e o continente do Norte dende os tempos de Colón”.
A reserva razonábel de Luis Herrera sobre o que xa parece
un avance capital contra o cancro, non pode deixar de recoñecer o salto
atlético da criatividade da Revolución contra un bloqueo imperialista que está
a piques de cumprir 62 anos e que define Cuba coma un perigo para o planeta
mentres procura mediante o bloqueo financeiro, comercial e político, acompañado
dunha marea de información falsa, sublevar a poboación cubana contra o seu
propio goberno. Non será posibel esquecer o sinalado protagonismo dos grupos de
capital da farmacia no bloqueo de Cuba e Venezuela, tan reservados, doutra
parte, coas resonantes contribucións da illa rebelde contra a epidemia do
Coronavirus e o cancro terminal.
Entrevista de Luis Herrera con Rafael Correa na RT
Ernesto Cardenal, grande amigo de Cuba, declarábase revolucionario e non político, estilo de solidariedade sen normas que o levaba a cismar cos seus camaradas naturais baixo o cargo intermitente de traizoaren a esencia da loita. Lonxe de restablecer a política, puña en risco a Revolución. Foi así deica o final, domingo 1 de marzo, con 95 anos, cando ainda prometía un novo e definitivo volume de versos. Gran poeta e convencido odiador da organización, tanto na loita anti-imperialista como na súa condición de crego do Cister. Símbolo da Teoloxia da Liberación, condenaba a xerarquía romana a que acusaba de se deitar coa CIA. A seguir , e pésia súa condición de ministro de Cultura do primeiro goberno Sandinista, fincaba de xeonllos aos pés dun pontífice inimigo a morte da Teoloxía da Liberación. Amigo e admirador da obra de Celso Emilio Ferreiro en cuxa casa de Madrid foi frecuente convidado, Cardenal era herdeiro maior da poesía de Neruda ao que porén acusaba de sectarismo.
Ricardo Alarcón de Quesada impón a Orde de José Martí a Ernesto Cardenal (2003)
Madeleine Sautié recorda en Granma o probado compromiso anti-imperialista do poeta e di que
Cardenal foi para Cuba amigo entrañábel, particularmente para a Casa das
Américas, onde publicara una antoloxía poética e fora xurado do Premio
Literario.
Cardenal recibira a Orden
José Martí, que entrega o Consello de Estado de la República de Cuba por
feitos probados a prol da Paz e a Humanidade, con recoñecimento explícito da
súa lealtade a Revolución. De Cuba dixo: “A miña experiencia en Cuba foi
decisiva, a máis importante da miña vida depois da miña conversión relixiosa
(…) Foi a miña conversión á Revolución. Antes, coidara que debíamos buscar un
terceiro camiño na América Latina, pero en Cuba fun descobrer que o camiña era
o que tomaran eles e que habia que defender a súa Revolución”.
Sautié di que é preciso manter a figura grande do poeta, teólogo
da liberación, amigo dos pobres e da revolución, e recordar a súa obra poética
da que cita como exemplo Somoza inaugura
a estatua de Somoza no estadio de Somoza:
Non é que eu sospeite que foi o pobo quen me chantou este monumento/ pois sei mellor ca vós que fun eu quen o mandou erguer/ nin que teña mentes de pasar con esta estatua a mellor vida/ porque sei ben que o pobo vai tumbala no que o demo frega un ollo/ nin que eu teña a querencia de verme en estatua mentres viva/ nun monumento que vós non me faredes nunca/ A verdade é mandei chantar a miña estatua porque sei que vos repugna !
Roberto Fernández Retamar, falando da entrega da distinción, asinada por Fidel Castro en 2003, dixo que a vida de Ernesto Cardenal fora a cada etapa máis da Revolución e do pobo e recordou un poema seu de 1972 no que fundiu as súas dúas divisas vitais: Comunismo ou reino de Deus na terra, que son a mesma cousa.
A noticia: o antiviral cubano Interferón alfa 2B recombinante (IFNrec) está entre os medicamentos seleccionados por China para tratar o Coronavirus, o andacio que xa causou máis de 2.600 mortos naquel país que aínda non dispón de vacina específica. O feito: o Interferón leva en Cuba 39 anos e o país comezara a experimentar esa proteína con propiedades antivirais no mesmo momento da invención da industria bio-tecnolóxica, en 1981.
O home que sinalara a Fidel o camiño da biotecnoloxía a comezos dos 80, fora Mickey Leland, negro, demócrata e congresista por Texas.
Nese ano, sobraban dedos dunha man para contar os países do chamado Primeiro Mundo a apostar por ese conxunto de técnicas que emprega organismos vivos -ou parte deles- co obxectivo de obter produtos ou modificalos, mellorar plantas ou animais, ou desenvolver sistemas biolóxicos con fins específicos, en particular para o adianto da saúde humana.
Esta
definición da biotecnoloxía descansa nun amplo abano de coñecementos baseados
en disciplinas de elite, como a microbioloxía, a bioloxía celular, a
bioquímica, a xenética, a bioenxeñería e a enxeñería química, a bioloxía
molecular e a inmunoloxía. A combinación destas novas técnicas deu orixe ao
chamado portaavións da ciencia, a enxeñería
xenética, que en Cuba inaugurou o seu primeiro centro en 1986.
Que
pode explicar o fenómeno da biotecnoloxía cubana, xurdida nun país sen
desenvolvemento industrial previo, e baixo o bloqueo obsesivo dos EUA? Como deveu
en poucos anos un recurso económico, ao tempo que melloraba a saúde da
poboación, xeraba produtos e miles de patentes? Por que teimaba Fidel Castro nesta
vía revolucionaria?
O científico Agustín Lage, que fora director do Centro de Inmunoensayo, da Habana -un dos moitos xurdidos trala produción do Interferón alfa e beta en Cuba-, explicaba a procedencia do milagre: un forte investimento en educación e saúde, con garantía de acceso universal e gratuito; a aposta pola biotecnoloxía, mesmo na altura da peor crise que viviu Cuba na década do 90; a propiedade social das institucións que garante a integración librándoas da trampa de competiren entre elas; o deseño das institucións como centros de investigación-produción-comercialización comprometidos no ciclo completo da investigación científica; o feito de na biotecnoloxía, como noutras industrias da chamada economía do coñecemento, a produtividade depender directamente da creatividade dos traballadores, e esta, á súa vez, da motivación; a comprensión de que se fai ciencia real, competitiva, con resultados de primeira orde.
Todo
iso explica por que Cuba conta co programa de vacinación máis amplo do mundo
(recoñecido pola Organización
Panamericana da Saúde e outros organismos internacionais) con cobertura
universal para naipelos con vacinas para 13 enfermidades; vixiáncia epidemiolóxica
co emprego de inmuno-ensaios para máis de 20 enfermidades. Os hospitais
utilizan regularmente medicamentos como o Interferón, os anticorpos mono-clonais,
as citoquinas e outros biofármacos. O Heberprot-P,
unha cura prodixiosa para a úlcera do pé diabético que é de uso terapéutico
común na rede sanitaria cubana, podería salvar a boa parte dos 83.000 pacientes
que cada ano son amputados nos EUA, cuxo goberno nega permiso a comercialización
do medicamento porque vén da illa rebelde.
Nos
altos indicadores de saúde pública interveñen outros factores, pero é non hai
dúbida que a investigación en inmunoloxía e o uso da biotecnoloxía industrial,
contribuíron á redución da mortandade infantil até chegar a 5 por cada 1.000
nacementos e a unha esperanza de vida de 79 anos. A combinación destes factores
permitiu que varias enfermidades infecciosas desaparecesen (poliomielite,
difteria, tétano, tose ferina, sarampelo) e outras controladas ou reducidas na
súa aparición (hepatite B; meningoencefalite).
Por certo, o home que sinalara
a Fidel o camiño da biotecnoloxía a inicios da década do 80 do século pasado,
era negro, demócrata e congresista por Texas: Mickey Leland. El levou á Habana
a un eminente oncólogo de Houston que utilizaba o Interferón no tratamento do
cancro. Leland estaba fondamente magoado pola hostilidade do goberno do seu
país contra Cuba e coidaba que o bloqueo, amáis de contraproducente, era
inconsistente cos valores estadounidenses. “Estados Unidos -declarara- non
debería negar o acceso aos medicamentos de Cuba; as únicas vítimas son os
enfermos e os desvalidos”.Leland, un loitador contra a pobreza en África, morreu
nun accidente en Etiopía, a pouco de pronunciar estas palabras. Outro feito que
esconden as noticias”.
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"