Farruco Sesto – Mar de Leva –Correo del Orinoco
Resistindo heroicamente o asedio das divisións alemanas, a cidade de Stalingrado non estaba soia. O espírito do antifascismo do mundo enteiro, revivia moralmente na loita contra a insania expansionista dos exercitos nazistas.
Pasaba o mesmo no Viet Nam, cando a agresión norteamericana, pois os combatentes do Vietcong representaban a resistencia contra os imperios da humanidade toda. Digan quen, que non tiver a súa alma vendida ao diaño, podia estar cos EUA naquela vergoñenta aventura, unha máis das que sempre fan. Ninguén. O espírito do mundo, vala a metáfora, recoñecía e acompañaba a valentía e afouteza do pobo vietnamita.
O mesmo que a Cuba da dignidade e a honra que leva 61 anos de resistencia acompañada da simpatía solidario de moitedumes de todo o planeta. Canda ela, resiste todo un movimento humano. Podemos aseguralo, non só por a última resolución da ONU contra o bloqueo contar co apoio de 187 paises, senón por Cuba representar, en si propia, a probabilidade real e moral de construirmos ese outro mundo mellor e posíbel. Dalgún xeito, iso faise presente mália o pouco que se recoñece de alta voz.
E que dicer da Palestina que non se rende? E da República Saharahui? Pobos en loita pola súa emancipación definitiva que é sagrada, tanto coma a terra que lles pertence. Pobos que non se entregan nin se entregarán, vir o que quixer vir e por moito que fosen abandonados polo resto do mundo. Que non será, porque millóns de corazóns latexan con eles.
Deste xeito, cando Venezuela resiste, non é só unha loita do noso pobo en unidade cívico-militar e do noso goberno bolivariano contra a agresión imperial. É ao mesmo tempo, en todos sensos, unha resistencia da liberdade contra a opresión, da verdade contra o engano, da razón amorosa contra o desprezo e a exclusión, da fraternide contra a guerra, da dignidade contra a aldraxe e da rebeldía contra a inxustiza. É unha resistencia que representa e simboliza o soño milenario de todos os pobos por construir en paz e prosperidade o seu propio destino nun mundo de igualdade e respecto. Por iso non está soia. Non estamos sós.