Enérxica condena de AGABO aos crimes do mercenario Guaidó e a súa xira europea dirixida polo goberno Trump

O fiscal xeral de Venezuela, Tarek William Saab, presenta imaxes de Guaidó posando con dous narcos paramilitares colombianos, 12 de setembro de 2019.

AGABO fainos chegar a seguinte crítica sobre a procura de apoios do auto-proclamado Guaidó nalgunhas chancelerías da UE, depois do seu fracaso en América Latina.

“Vixente o prolongado bloqueo sobre os recursos da nación e a vida diaria de Venezuela, e mentres o Parlamento Europeo prepara un novo veto hipócrita contra o presidente Maduro, a prensa dos Estado Unidos cualifica de fracaso moral e político a chantaxe utilizada por Trump en todas as frontes do departamento de Estado dos EUA Unidos e particularmente no seu asañamento contra o goberno de Caracas e o pobo da República Bolivariana de Venezuela.

Fracaso das criminais guarimbas mercenarias que buscaban derrocar por asalto o sistema democrático instaurado por Hugo Chávez e revalidado nas urnas por Nicolás Maduro; fracaso da ofensiva militar contra a fronteira de Cúcuta, disfrazada de comando benéfico; fracaso do golpe de Estado do 30 de abril de 2019, que acabou cos seus promotores en fuga mentres o departamento de Estado en Washington cantaba vitoria antes de tempo.

Completo chasco do intento de cambiar ao presidente elixido por un aventureiro da extrema dereita, nunca referendado polas urnas, que na volta de defender durante 360 dias a sabotaxe e o roubo dos bens do Estado de parte do goberno dos Estados Unidos contra o seu propio país, non deu conseguido máis que o desprezo do pobo de Venezuela e nin sequera os votos necesarios dos seus presuntos correlixionarios da dereita para presidir a Asemblea. Guaidó ten o voto de Trump e a amizade da banda

dos Rastrojos, narcotraficantes que sentencian os seus competidores ao forno crematorio; os avais do presidente espantallo, non ignoran que fixo desaparecer cantidades maiores dos fondos asignados ao seu criminal empeño, procedentes do patrimonio do Estado de Venezuela saqueados polo goberno de Washington.

Namentres, o Parlamento Europeo aprobou día 20 unha resolución de apoio ao mercenario Guaidó na súa reivindicación da presidencia da Asemblea Nacional de Venezuela o que dá ocasión para Josep Borrell, responsábel da

diplomacia da UE, defender sancións individualizadas contra Venezuela. Borrell dí que está preocupado pola situación humanitaria de Venezuela, sen citar ao causante do crime.

Dende a Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez (AGABO) reclamamos das forzas políticas representadas no Parlamento Europeo e do goberno do Estado, un trato digno para o Goberno Democrático de Venezuela e a de-manda de procesar ao pretendente Juan Guaidó, financiado polo goberno dos Estados Unidos e reo de latrocinio e crimes contra o Pobo de Venezuela.

Respecto para Venezuela!

Viva Maduro!

Viva Chávez!”

Viva a Revolución Bolivariana!

Galiza, 23 de xaneiro de 2020.

Cubainformación precisa axuda para continuar seu vital labor de comunicación anticapitalista

A dirección de Cubainformación ven de emitir un comunicado emerxente no que recorda a crise económica do seu sistema aberto de emisión de imaxe e noticias en Español sobre a actualidade política de América e a secular batalla contra o imperialismo e e a franquícia do capital transnacional. Os problemas económicos da eficiente axencia multi-media, comprometen igualmente ao seu importante xornal trimestral impreso, editado por suscripcións e coa axuda das asociación de solidariedade con Cuba en todo o Estado, entre elas a da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil. A crise non ten nada a ver coa súa notábel audiéncia, tanto no Estado coma na América, senón coa encirrada campaña do servicio exterior do goberno dos EUA, a medio dunha lexión de ONG subsidiárias, para sentenciar a crítica e a información libre sobre áreas de interese imperialista en todo o mundo. Compre recordar que Cubainformación  foi en varias ocasión alvo de contaminación do seu sistema dixital dende os EUA. O director da axencia, José Manzaneda, ofrece aos intereses de leitores e asociacións, o módulo https://www.cubainformación.tv/campaigns/yotambiensoysoci/donativo ou axudas por transferencia a conta ES10-3035-0134-45-1340044297. Outros xeitos de colaborar aparecen no medio dixital de Cubainformación.

“O abrente de 1959 en Cuba, pechou o tempo da prehistoria na Nosa América” (Atilio Borón)

Atilio Borón – Cubadebate

A recordación e a homenaxe da vitoria popular do 1º de Xaneiro de 1959 contra o imperialismo norteamericano, que acumula sesenta e un anos mordendo furioso o pó da derrota -algo insólito no espazo planetario que domina- prevalecen sobre calquera outro tipo de consideración. Sen menosprezar a nada nin a ninguén, as nosas pequenas historias persoais e mesmo os grandes acontecementos de índole colectiva, fican eclipsados pola luz radiante daquel primeiro abrente de 1959. Daquela, a historia da Grande Nación prevista por Bolívar, ficou marcada por un antes e un depois. Fidel e a mocidade do 26 de Xullo consumaron unha fazaña destinada a durar para sempre e a re-significar nosas seculares loitas pola liberación nacional e social, aliás de outorgar sentido e horizonte novo ás batallas do noso tempo. Pero non foi tan só aquel acontecemento liminar: o pobo e o goberno cubanos tiveron a virtude de soster contra vento e marea, durante máis de seis décadas, aquela vitoria homérica que tirou a Nosa América da prehistoria para que comezase a escribir a súa propia historia.

Dende o abrente de xaneiro de 1959, os EUA fracasan no seu propósito de intervir no goberno de Cuba. Pasaron 61 anos.

Unha historia durísima, de resistencia ante o maior poder do planeta, e de ferreña construción do socialismo. O primeiro, porque o imperialismo nin por un segundo deixou de combater á Revolución Cubana. Unha loita na que o pobo de Cuba gañou o adxectivo de heroico, por resistir a pé firme, cunha vontade inxel sen comparanza na historia do mundo. E construción, diciamos, porque baixo as peores condicións imaxinabeis Cuba comezou a edificar o socialismo e, ao día de hoxe, continúa a tarefa con rexa vontade. A sabotaxe do goberno estadounidense foi persistente, crecente e brutal. Demócratas e republicanos alternáronse na Casa Branca pero todos coincidiron na súa enfermiza obsesión por esmagar á Revolución Cubana e borrar da face da terra un exemplo que demostra que aínda baixo o ataque capital da maior potencia do planeta, un país da periferia pode garantir para toda a poboación saúde, educación, alimentación, seguridade social e unha vida austera mais digna. Dereitos que a Revolución Cubana garante ao povo, mentres no capiptalismo son meras mercadorías ou oportunidades de negocios.

Isto explica o rabioso empeño da Casa Branca por acabar coa Revolución. Que sobreviva baixo condicións tan inmensamente adversas, é proba da superioridade do socialismo, mália os seus problemas, sobre o capitalismo. Si o socialismo frcasóu, como asegura Donald Trump, por que non suprime o bloqueo que morde á illa e lle demanda inmensos esforzos para lograr o que en case todo o mundo obtense sen o menor esforzo? Por exemplo: facilitar as exportacións cubanas, permitir o libre tránsito dos residentes en Estados Unidos para que poidan visitar a illa cando a vontade, recibir remesas dos emigrantes cubanos radicados a norte do estreito da Florida e permitir que Cuba importe o que precise sen aplicar enormes sancións económicas aos terceiros países ou as empresas involucradas nese comercio, favorecer o turismo e pór fin ás innumerabeis restriccións de toda caste impostas á illa rebelde pola súa ousadía.

E para mostra de fracaso, os EUA: un país carcomido pola violencia, con intermitentes asasinatos masivos e indiscriminados en escolas, mercados e igrexas, producidos por suxeitos trastornados por unha sociedade alienada e alienante; un país que alberga decenas de millóns de adictos a narcóticos letais e fomenta no mundo o andacio do narcotráfico [1]; un país riquísimo, polo propio e polo que lle roubou ao resto do mundo, e que, porén, non pode acabar coa pobreza que afecta a un 15 por cento da súa poboación; un país que prostituíu o seu proceso político e que hoxe non é outra cousa que un rexime plutocrático onde só prevalecen os intereses das clases dominantes, opinión sobre a que existe un xeneral acordo dentro do establishment académico.[2] Se o socialismo fracasou, por que a Casa Branca e o poder mafioso (nas súas dúas variantes: corporativo e gangsteril) que aquela representa non deixa a Cuba en paz? Resposta: porque daquela, o exemplo de Cuba, importante como é hoxe, seríao moito máis e os pobos do mundo poderían sentirse tentados a avanzar por esa vía, algo absolutamente inadmísibel para o poder capitalista a escala mundial.

Por iso: grazas Cuba pola túa Revolución,  por nutrir nosas esperanzas, por facer da xustiza, o internacionalismo e a solidariedade as estrelas polares que guían aos pobos na construción dun mundo mellor!

[1] O Addiction Center dos EUA informa que existen nese país polo menos 21 millóns de adictos a diversas drogas e que só un 10 % deles recibe tratamento médico que, por suposto, é case sempre privado e caro.

[2] Próbao un recente estudo realizado polas universidades de Princeton e Northwestern. Verhttps://m.washingtontimes.com/news/2014/apr/21/americas-oligarchy-not-democracy-or-republic-unive/?utm_source=GOOGLE



Designado novo governo da República de Cuba, com Manuel Marrero como Primeiro Ministro

Prensa Latina e agéncias

 Ninguém o esperava a proposta de Diaz-Canel de nomear  Marrero Cruz para o cárrego de primeiro ministro. Na nota de imprensa que anunciaba sua  candidatura para ser sancionada pola Asembleia do Poder Popular, salientam que é persoa modesta e trabalhadora mais o ja referendado jefe de Governo,  foi gerente de hotel, a seguir governou a administração turistica pública de uma província e mais tarde fora promovido a Ministro de Turismo. A Presidéncia asinala que Manuel Marrero «serviu como ministro do Turismo há 16 anos e foi selecionado para essa responsabilidade pelo Comandante-em-chefe, Fidel Castro Ruz”.

Composição gráfica de Granma

Segundo a Terceira Disposição Transitória da Constituição em vigor, «uma vez eleito, o presidente da República, dentro de três meses, propõe à Assembleia Nacional do Poder Popular a nomeação do primeiro-ministro, os vice-primeiros-ministros, o secretário e outros membros do Conselho de Ministros.

Dentro da mesma proposição a Assembleia, a Presidencia selecionou para a responsabilidade de de vice-primeiros ministros ao Comandante da Revolução, Ramiro Valdés Menéndez, a mais de Roberto Morales Ojeda, Inés María Chapman, Jorge Luis Tapia Fonseca, Alejandro Gil Fernandez, Ricardo Cabrisas Ruiz, e como Secretário, a José Amado Cabrera Guerra

Na mesma proposta de Lei foran ratificados como membros do Consello de Ministros, o actual Ministro de Estado e Chanceler, Bruno Rodríguez Parrilla, o General-de-corpo do-exército Leopoldo Cintra Frías, ministro das Forças Armadas Revolucionárias; o Vice-almirante Julio César Gandarilla Bermejo, ministro do Interior; José Ramón Saborido Loidy, ministro do Ensino Superior; Ena Elsa Velázquez Cobiella, ministra da Educação; Meisi Bolaño Weiss, ministra das Finanças e Preços; René Mesa Villafaña, ministro da Construção; Rodrigo Malmierca Díaz, ministro de Comércio Exterior e o Investimento Estrangeiro; Eduardo Rodríguez Dávila, ministro dos Transportes; Elba Rosa Pérez Montoya, ministra da Ciência, Tecnologia e Meio Ambiente; Oscar Manuel Silvera Martínez, ministro da Justiça; Betsy Díaz Velázquez, ministra do Comércio Interno; Elpidio Alonso Grau, ministro da Cultura; Jorge Luis Perdomo, ministro das Comunicações; José Ángel Portal Miranda, ministro da Saúde;Alejandro Gil Fernández, ministro da Economia; Gustavo Rodríguez Rollero, ministro da Agricultura; Antonio Rodríguez Rodríguez, presidente do Instituto Nacional dos Recursos Hidráulicos; Alfonso Noya Martínez, presidente do Instituto Cubano da Rádio e Televisão; Osvaldo Caridad Vento Montiller, presidente do Instituto Nacional dos Esportes; Educação Física e Recreação e o já citado José Amado Ricardo Guerra como responsábel da Secretaria do Consello.

Os novos ministros referendados pola Assembleia, são Martha Elena Feitó Cabrera, ministra do Trabalho e Previdência Social; Juan Carlos García Granda, ministro do Turismo; Marta Sabina Wilson González, ministra-presidenta do Banco Central de Cuba; Manuel Santiago Sobrino Martínez, ministro da Indústria dos Alimentos e Eloy Álvarez Martínez, ministro das Indústrias; Nicolás Arronte Cruz, ministro da Energia e Mineração.

O Nuevo Herald de Florida citou a resolução dá a Assembleia do Poder Popular, com este sucinto comentário: “Miguel Díaz-Canel nomeou ao ministro de Turismo, Manuel Marrero Cruz, como primeiro premiê do país desde 1976, uma nominação confirmada rapidamente pelo Parlamento do país”.

Nicolás Maduro é o home de 2019, por moito que non o vaia proclamar Time

Iroel Sánchez – Cubadebate

Por moito que non o vaia contar a revista Time, Maduro é o home do ano. Dirixiu a resistencia a unha das maiores ofensivas imperialistas da historia: súa foi a iniciativa e mantivo a unidade das forzas revolucionarias internas e as alianzas internacionais a prol do multi-lateralismo, a soberanía e os intereses populares.

O dia 4 de xaneiro de 2019, os gobernos do hoxe en manifesto debalo do Grupo de Lima anunciaban que a partir do 10 dese mesmo mes, – deixarían de recoñecer ao goberno bolivariano como o representante do pobo venezolano. Nesa data, logo de gañar unhas eleccións con participación e maioría superiores ás que obtiveran os líderes que o cuestionaban, Nicolás Maduro sería proclamado Presidente de Venezuela.

A partir dese momento, os ataques,sancións e declaracións contra o goberno de Maduro chegaron de arrebato e sen descanso, de man alzada do goberno dos EUA, nas voces do seu presidente, vicepresidente, secretario de Estado e Conselleiro de Seguridade Nacional.

O recoñecemento, prestado por Washington e un grupo dos seus aliados, a un presidente auto-proclamado en oposición a Maduro, máis as sancións económicas, que implicaron dende a confiscación de fondos do Estado Venezolano depositados nos EUA, Latinoamérica e UE,  por miles de millóns de dólares, até o cerco do comercio e finanzas bolivarianos en todo o mundo; as teimudas conspiracións contra os militares para armar un golpe de Estado, a falsificación por sistema de toda información referida ao pais, conforman un escenario no que se empregaron todas as armas da guerra de cuarta xeración.

O punto culminante foi o plano para violar as fronteiras venezolanas desde Colombia e Brasil combinando o uso da violencia e a presunta entrega dunha axuda humanitaria sen contar coas autoridades do país, a fabricación de incidentes para culpar deles ao goberno bolivariano, un concerto con cabezas das listas comerciais da música latina e a presenza alí de varios presidentes latinoamericanos xunto ao senador cubano-americano Marco Rubio, que tuiteaba alporizado imaxes do descuartizamiento do líder libio Gadaffi. Un mes despois, a sabotaxe ao sistema eléctrico nacional que deixou sen electricidade todo o país durante días.

É pola magnitude deses feitos e desafíos que compre  medir o éxito de Nicolás Maduro:

1. Logrou manter a unión cívico miltar e multiplicar as milicias populares que suman xa tres millóns de membros.

2. A produción petrolera empezou a recuperarse logo de caer a 700 000 barrís diarios, superando o millón cen mil, ao que se suma un incremento substancial nas exportacións de ouro.

3. A oposición atópase hoxe máis dividida que nunca, con varios deputados opositores que acusan de corrupción ao autoproclamado presidente interino. Unha parte importante deles sumouse a un acordo co goberno para estabilizar políticamente o país.

4. A situación de violencia, desabastecimiento, grandes colas e hiperinflación galopante foi superada, e o país, aínda con grandes dificultades, vive nun ambiente de estabilidade.

5. A crise do neoliberalismo sacou ás rúas grandes protestas en Ecuador, Chile e Colombia, países que se sumaron ao cerco liderado por Washington contra Venezuela.

6. O golpe de Estado en Bolivia é una licción para as esquerdas da necesaria unidade das forzas revolucionarias asi como de resistir a tentación de facer ningún xénero de concesións aos peóns de Washington.

7. Dende a celebración en xullo do Foro de Sao Paulo en Caracas, Venezuela lidera un proceso de concertación de forzas de esquerda en Latinoamérica e máis alén, que está rearticulando movementos sociais e forzas progresistas, cuxo máis recente resultado é o lanzamento dunha Universidade Internacional da Comunicación para dotar aos comunicadores de base das ferramentas tecnolóxicas e cognitivas para a loita ideolóxica dos nosos días.



Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"

Visit Us On TwitterVisit Us On Facebook