O dominio do capital privado sobre os medios, a mediatización da política por mor dos grupos de presión, as políticas de comunicación como sistema de censura e a importancia da dereita nas redes de Internet, ocuparon os primeiros debates do XXIV Foro de São Paulo reunido na Habana. No obradoiro de Medios de Comunicación, Raúl Garcés, profesor de comunicación da universidade da Habana, dixo que o poder non se pode criticar só en termos económicos e políticos senón tamén, polo protagonismo do poder simbólico que está a determinar a configuración dos gobernos e dos sistemas políticos nas sociedades contemporáneas.
O Foro pediu a liberdade para Lula, secuestrado por orde do FMI.
O xornalismo cubano pode vencer nos novos espazos mediáticos, traballando sen temores, creativamente, á ofensiva, con talento e criatividade revolucionária para superar as vantaxes tecnolóxicas das plataformas colonizadoras, propuxo Diaz-Canel na clausura do X Congreso da Unión de Periodistas de Cuba. O presidente de Cuba veu dicer que con máis de medio século de experiéncia anti-imperialista, o socialismo pode contestar a ofensiva privatizadora e denunciar a falsidade dun xornalismo invasivo que se presenta coma opción de esquerda mália estar pagado polo capital.
Ricardo Ronquillo, novo presidente da UPEC, a beira de compañeiros e compañeiras da directiva recén electa: Rosa Miriam Elizalde, Raúl Garcés, Ariel Terrero e Jorge Legañoa (Foto de Ladyirene Pérez/Cubadebate)
A Fundación Konrad Adenauer ( Konrad Adenauer Stiftung, ou KAS) quere intervir no goberno de Cuba, sen que lle preocupe contar coa opinión do pobo cubano. Non se sabe quen lle conferiu autoridade e esta fundación rexistrada en Alemaña e colaboradora da National Endowment of Democracy (NED), instituida por Ronald Reagan para operaciones ocultas da CIA. A KAS identifícase como “fundación política independiente”, mália recoñecer o seu compromiso coa Democracia Cristiana, e asegura ser “non gobernamental“ o que non se corresponde cun orzamento anual de máis de 100 millóns de Euros que proceden do goberno federal, ao que rende contas.
A Fundación Konrad Adenauer recibe cartos dos que bloquean Cuba e assegura que o seu obxectivo é mellorar a vida da illa.
A familia Castro de Láncara, cedeu a casa na que nacera Ánxo Castro Arxiz, pai de Fidel e Raúl, na parroquia de Armea, á asociación local de Amizade e Solidariedade con Cuba, que ten o proxecto de constituir no solar dos Castro unha casa-museo que honre o herdo da Revolución Cubana, serva de canle para informar sobre o invaluábel património cultural e político da Cuba actual e ao mesmo tempo cumpra unha función de arquivo da grande emigración americana de Galiza e en particular das biografias de nacidos en Láncara e da súa descendencia que fixeran historia en todo o Caribe e especialmente en Cuba.
Familiares de Anxo Castro cederon ante notario a casa de Armea a Asociaciacion de Solidariedade con Cuba
Conseguir que Cuba viva da súa produción agrícola, sen esperar axudas externas, foi unha das recomendacións de José Ramón Machado, dirixente do Partido Comunista de Cuba, ao VII Pleno da Asociación Nacional de Agricultores Pequeños (ANAP) celebrado en Artemisa. Dentro das medidas da Reforma Económica, fugira en primeiro lugar un aumento da produción que afortala a soberanía e a independencia do pais, mentres o pago de tributos é un aporte preciso para para a seguridade nacional, nun intre no que EUA pretende incrementar o Bloqueo, depois da reposición de embaixadas.
A reintegración da mocidade ao traballo no campo, e un dos obxestivos da reforma da agricultura cubana