Cubarte, Portal de la Cultura Cubana
A revista Cubarte entrevista a Luis Toledo Sande, poeta e ensaista cubano co gallo do rencontro da cultura de EUA coa cubana, logo de cinco décadas de Bloqueo. “A cultura dos nosos pobos latinoamericanos e caribeños -di o Premio Nacional da Crítica- meteuse na nación do Norde, quen o dubida, a de Cuba entre elas. Recoñecendo a importante aportación do exilio cubano na política, os negocios, a cultura e os deportes dos EUA, Obama declárase o 17 de decembro disposto a revertir o abismo construido en máis medio século”. Toledo refírese ao legado “dun dos grandes revolucionarios estadounidenses do XIX: José Martí que viveu case os seus últimos quince anos nos EUA e gabou as que coidaba virtudes fundamentais do Norte: traballo personal e método. Virtudes que recomendaba aos nosos pobos a condición de non perderen por iso o amor reverente e o coñecimento pola terra matricial. Martí, crítico agudo das chatas da sociedade estadounidense, identificouse cos grandes disidentes daquel sistema e propuxo erguer en Cuba una revolución que frease as pretensións expansionistas do poderoso veciño”. Endebén, o entrevistado chama a atención sobre o feito de o nacionalismo revolucionario fortalecido en Cuba como resposta a agresividad imperial, no medio dunha Revolución antimperialista por definición, non dar impedido “entre outras maravillas photoservices, snack bars ou o dólar como centro do idioma monetário. Nos nosos aeroportos e billetes aéreos, incluso para viaxes domésticas, a capital do pais chámase Havana“.
Todo isto sucede sobre o que o escritor chama efectos do Bloqueo, e unha dose nada despreciábel de pérdida de memoria. “Haille ben anécdotas para calzarmos o dito: nun ómnibus, persoas coa humildade material impresa na súa apariencia, e mesmo na súa maneira de expresarse, esbarafundaban sobre o ben que vivían antes da Revolución, sobre a cantidade de comida que levaban a casa, pois poucos cartos abondaban para moito e diñeiro non escaseaba, polo visto. Habería analfabetos en Cuba cando triunfóu a Revolución? Morrerían acaso cativos por falta de atención médica elemental? Máis preguntas comprirían mais esas dúas son abondo importantes”.
“Lonxe daqueles afervoados contertúlios -segue a relatar Toledo- tocoume baixar do ómnibus á beira dun pasaxeiro mestizo ao que se lle podía supor discriminación nos primeiros anos de vida”. E o entrevistado pregúntalle: “Faga favor, vostede que viveu máis ca min e que ha lembrar máis do que eu podo lembrar, podería explicarme cómo puido triunfar en Cuba unha Revolución en defensa dos pobres, se non había pobres? O home matinóu antes de respostar: Sí, pobres había, e logo dun receso, engadiu subindo a voz Mais non tantos coma agora. Omito a miña resposta”.
Noutra parte da conversa, o escritor coida que o anti-terrorismo ocupa, no de hoxe, o lugar do anti-comunismo activo en Cuba na altura do 59. “Un anti-terrorismo que mal esconde a vontade de satanizar todo o que poida cheirar a rebeldía popular, a loita pola defensa dos dereitos nacionais, a rebelión dos oprimidos. Hai unha guerra cultural tan forte coma a máis fría e coma a máis quente. Dous exemplos: as invasións de Irak e de Libia por forzas da OTAN, do imperio, adoitan presentarse coma actos democratizadores, mentres o iraquí e o libio, revoltados contra o opresor extranxeiro, son chamados crimináis e terroristas. No idioma do imperio, un non terrorista pode equivaler a desmobilizado, tanto na política como na ideoloxía e na cultura. A loita dun león contra un mono, e co mono amarrado ou anestesiado. A nova formulación xeopolítica da Nosa América, resúmese en realidades coma o ALBA e a CELAC. Fronte a elas, o imperio e os seus servidores non cesan de actuar para revertilas, ben se pode ver en operacións contra a Venezuela bolivariana, o Ecuador da Revolución Ciudadana e a Bolivia do Movimiento al Socialismo, por citarmos tres exemplos”.
Ao abordaren a nova convivencia entre Cuba e EUA, Toledo argumenta que no fondo ético da visión da realidade non deben ficar dúbidas sobre quen debe suspender a agresividade e arriar o Bloqueo. “Que nós saibamos, Cuba non bloqueou aos Estados Unidos, nin lanzou unha invasión armada contra esa potencia. Si que se veu atinxida na Crise de Outubro, que noutros lares chaman tamén a Crise dos Miseis, mais aquelo sucedeu polo cerco do império”. Tamén alude o entrevistado a outro asunto crítico. “Unha cuestión que sería de moita ledicia para o império, isto é, que nun extremado sentido da disciplina, e en nome da razón de Estado, a prensa cubana dese silenciado o que debería dicer ou continuar dicindo sobre os Estados Unidos e os seus gobernantes, mesmo no medio da normalización de relacións entre os dous paises, e con relacións diplomáticas normalizadas. Os medios de prensa cubanos non poden verse impedidos de dar cabida ao que deba decirse dunha potencia que guerrea en todo o mundo e non deixa de axexar a países cos que ten relacións diplomáticas, coma Rusia e coma a Venezuela Bolivariana, por botar man de dous casos próximos. Querendo que tal non aconteza, se os medios existentes fosen impedidos de cumprir esa función, o país tería que apurarse en crear os precisos no ámbito privado e daren o espazo necesário para expresar a conciencia crítica con responsabilidade revolucionária, sen inxeréncias e sen o excesivo sentido de comenéncia e oportunidade que por veces veces minguóu a nosa prensa. Preciso, para máis claridade: minguóu a nosa prensa, no só nin fundamentalmente a xornalistas levados a seguir liñas informativas erráticas, e a termar de tal xeito que mal puideron contra eles chamamentos e resolucións da dirección revolucionária para transformalas. Era ben estas angueiras seren anuladas por una realidade prolífica, mais nin un chisco debemos transixir en asuntos de tanta importáncia”.