Arquivo da etiqueta: Toledo Sande

Preguntas de Toledo Sande sobre o rencontro da cultura de EUA coa de Cuba

Cubarte, Portal de la Cultura Cubana

A revista Cubarte entrevista a Luis Toledo Sande, poeta e ensaista cubano co gallo do rencontro da cultura de EUA coa cubana, logo de cinco décadas de Bloqueo. “A cultura dos nosos pobos latinoamericanos e caribeños -di o Premio Nacional da Crítica- meteuse na nación do Norde, quen o dubida, a de Cuba entre elas. Recoñecendo a importante aportación do exilio cubano na política, os negocios, a cultura e os deportes dos EUA, Obama declárase o 17 de decembro disposto a revertir o abismo construido en máis medio século”. Toledo refírese ao legado “dun dos grandes revolucionarios estadounidenses do XIX: José Martí que viveu case os seus últimos quince anos nos EUA e gabou as que coidaba virtudes fundamentais do Norte: traballo personal e método. Virtudes que recomendaba aos nosos pobos a condición de non perderen por iso o amor reverente e o coñecimento pola terra matricial. Martí, crítico agudo das chatas da sociedade estadounidense, identificouse cos grandes disidentes daquel sistema e propuxo erguer en Cuba una revolución que frease as pretensións expansionistas do poderoso veciño”. Endebén, o entrevistado chama a atención sobre o feito de o nacionalismo revolucionario fortalecido en Cuba como resposta a agresividad imperial, no medio dunha Revolución antimperialista por definición, non dar impedido “entre outras maravillas photoservices, snack bars ou o dólar como centro do idioma monetário. Nos nosos aeroportos e billetes aéreos, incluso para viaxes domésticas, a capital do pais chámase Havana“.

Toledo Sande critica na súa entrevista o uso da versión norteamericana do nome da capital
Toledo Sande critica na súa entrevista o permisivo uso en Cuba da versión norteamericana do nome da capital

Seguir lendo Preguntas de Toledo Sande sobre o rencontro da cultura de EUA coa de Cuba