Celia López Amoedo – Terra Sen Amos
Vinteseis de Xullo e como ven sendo tradicional, a Asociacion de Amizada Galego- Cubana Francisco Villamil, convocou, aos pes da estatua de Jose Martí nos xardins de Uxío Montero Rios, á cidadania viguesa e aos sectores sindicais socias, politicos e veciñais activos na cidade para celebrar o 71 aniversario dos asaltos ao cuartel de Moncada en Santiago de Cuba e ao de Carlos Manuel de Céspedes en Bayamo, que marcaron o arranque do proceso armado que levaria ao remate da ditadura de Batista e ao abrente do triunfo revolucionario.
O acto, dirixido por Luisa Cuevas, comezou coa intervención de Erea del Rio, presidenta da Villamil, quen deu paso á consul de Cuba Ingrid Izquierdo. Tanto a xove diplomática cubana como a presidenta da Villamil, salientaron o crime de lesa humanidade e contra os DDHH que representa o criminal bloqueo que padece a illa dende hai mais de 60 anos de parte da administracion estadounidense e lembraron os estreitos lazos que unen a Galiza con Cuba dende os tempos en que non poucos galegos ( entre eles Francisco Villamil) asumiran a defensa de Cuba a prol da súa independencia do reino de España. Ingrid Izquierdo recordou a emocionada cita de Fidel sobre o “cento de galegos” voluntarios no Moncada.
Logo da lectura dun manifesto de apoio ao proceso revolucionario cubano, as irmans Laura e Marina Quintillan interpretaron o Himno Galego ao violino coma colofón do acto.
Na véspera da cita do 26 en Vigo, Sexta feira, a Francisco Villamil acompañou a convocatoria do Dia da Patria nas rúas de Compostela e nos programas do Festigal, coa denuncia do infame bloqueo e o recordo vivo de galegas e galegos que tomaran parte na longa guerra da independencia de Cuba. Nunha choupana aberta toda a xornada, libros e información sobre a actualidade de Cuba pasaron de man acompañados de café e azucre cubanos para recordar que o mundo solidario realiza dereitos que a prensa venal denigra a diario.