Render contas, diálogo, abordar problemas enquistados e dar información, propostas de Diaz-Canel para o novo governo

Cubadebate –Terra Sen Amos

Rendición de contas, debate e diálogo permanente co povo, abordar primeiro os problemas enquistados e dar información. Eis as catro caracteristicas que deben definir ao novo governo de Cuba, na opinión do presidente cubano Miguel Diaz-Canel nunha conversa coa xornalista Patricia Villegas para a rede Telesur. O entrevistado cualificou de imprescindibel o diálogo honrado e transparente na procura de solucións para os problemas e de explicación para aqueles casos entrampullados. “Problemas aos que non lles vexamos avío, poden ser abordados para evitarmos que vaian a máis, mentres iniciamos unha dinámica de solución; outros conflitos poden ter ben remedio se dependen só dunha decisión burocrática.”

Diaz-Canel dixo que aprendera moito da xuventude dende os seus tempos de dirixente da UJC. Dous mozos seguen a súa entrevista en Telesur

O presidente anunciou unha relación mellorada entre Governo central e governos territoriais e locais, un labor que estará da man da primeira vice-presidencia, quen dispón de medios para se relacionar cos estamentos responsábeis de provincias e concellos e atender a incidencias. Neste obxectivo, salientou a importancia que vai dar a nova Constitución a autonomía dos concellos.

Diaz-Canel recordou a prioridade da nova Política de Comunicación Social en pleno desenvolvemento no pais e dixo que, para alén dos medios, a teima era espallar recursos electrónicos, para contactar co povo e para usalo na toma de decisións.

Sobre as críticas aos media públicos, Díaz-Canel asegurou que a prensa de Cuba soubo defender a Revolución con profesionalidade e eficiencia en pleno bloqueo, mália nesa dificil situación apareceren transixencias para a acción de governo e silenzo fronte determinados problemas. Propuxo facer coincidir a axenda pública coa axenda mediática e producir contidos positivos nun mundo no que prevalecen as plataformas neo-colonizadoras e desmobilizadoras. Dixo que o uso das redes sociais e a provisión de espazos para difundir as ideas de Cuba eran unha necesidade da Revolución.

Falando de desafíos, o presidente identificou o bloqueo do goberno de EUA como principal obstáculo para o desenvolvemento do país, ao que chamou prática brutal, que persigue condenar ao povo a morrer de necesidade. A política hostil dos EUA contra Cuba dende hai máis de medio século, explicou, recrudeceuse coa administración de Trump o que causou maiores atrancos para os investimento cara Cuba.

A entrevistadora inquire se por acaso os problemas internos esperando solución en Cuba, non servirán de maior atraso ca o bloqueo. Diaz-Canel di que non poucas pexas subxectivas proceden dunha actitude defensiva fronte o bloqueo, que embaralla decisións polo medo a dar un paso que poida prexudicar o país ou favorecer a estratexia inimiga.“Non somos ameaza para ninguén: o noso fito é construirmos un pais mellor, un mundo mellor”, engadiu o presidente.

Falando do debate constitucional, o entrevistado salientou o recoñecimento popular da proposta e notou que xa estaban esgotadas tres edicións de copias do texto postas en venda. Como participante en seis asambleas de debate, recorda aos reunidos bradindo súas copias inzadas de notas e sinala: “O texto constitucional sairá mellorado deste debate popular”

A seguir, contou dun obreiro que se declarou partidario de cambiar un parágrafo concreto. O presidente reparou en que a proposta estaba contemplada noutro artigo ao que o intervinte respondeu: “Concordo co que dixo o presidente e quero retirar a miña moción”. O presidente retrucou que era mellor conservala porque unha dúbida pode servirnos de aviso”. Ao dia seguinte en Cubadebate, unha carta gababa o exercicio de diálogo.

Preguntado sobre a ausencia do termo comunismo na proposta constitucional, Díaz-Canel responde: “no marxismo clásico, o modo de produción ao que aspiramos é o comunismo. Comunismo e socialismo están íntimamente relacionados. Se queres construir o socialismo é porque quieres chegar ao comunismo”.

“Non o vexo coma unha renuncia –engadiu-. Coido que calquera dos dous termos (comunismo e socialismo) implica ao outro. Procuramos unha Constitución que estea obxectivamente máis próxima do posibel e que non deixa de ser unha Constitución socialista. Coidamos que hoxe estamos más próximos da construción do Socialismo. Para atinxir o comunismo, non dependemos só do noso país, senón da construción das súas bases a nível  internacional”. A seguir ironizou co feito de ser os máis preocupados se mostran polo termo comunismo os mesmos que dende o exterior non deixaron de cuestionar a Revolución Cubana pola súa proxección internacional.

Sobre a existencia dun partido único, comentou que “o papel dirixente do Partido, apoiado pola maioría, responde a condicións  históricas; non renunciamo a él. O Partido Comunista, nas condicións de Cuba, non é eleitoral”.

“José Martí –comentou o entrevistado- funda o Partido Revolucionario Cubano, base do que hoxe é o Partido Comunista de Cuba, instrumento para a Revolución; un Partido aberto e democrático para incluir os intereses da maioría e conseguir a unidade sen dar lugar a rupturas. Os reveses na nosa historia sempre chegaron das divisións e da creba da unidade”.

RESUME ORIXINAL E VIDEO EN CUBADEBATE  http://www.cubadebate.cu/noticias/2018/09/17/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *