Terra Sen Amos – Redacción
Co gallo da Xornada Internacional de Solidariedade cos Cinco e Contra o Terrorismo, volveu entrar en circulacion en todo o mundo o documental de Saúl Landau titulado Por favor, Póñase en Pé o VerdadeiroTerrorista, un extraordinário traballo do documentalista, escritor e xornalista estadounidense, finado en setembro de 2013. O traballo do intelectual californiano denunciou de preferéncia no seu traballo o colonialismo na América Latina do que son mostra estas imaxes sobranceira que ten recibido millóns de entradas en todo o planeta. Saúl Ladau invitara Washington a Orlando Letelier, embaixador de Chile e membro do governo de Unidade Popular depois de este padecer cadea en varios campos de concentración de Pinochet. Polo seu traballo con Landau, Letelier convertiuse na voz da resisténcia chilena. En 21 de setembro do 76, o carro de Orlando Letelier estalou en Sheridan Circle, o que causou tamén a morte do seu axudante Ronni Moffitt, de 25 anos.