Silvio Rodriguez cantou para os picariños nunha escola pública coruñesa

Terra Sen Amos – Segunda Cita

Silvio Rodríguez (La Habana, 1946) actuou dia 8 no Coliseo da Coruña, onde veu presentar seu novo disco ‘Amoríos’ e recrear algúns dos clásicos da súa extensa obra. Na súa páxina electrónica “Segunda Cita”,  Silvio conta a súa visita á escola pública Sanjurjo de Carricarte, o mesmo día do concerto, na praza de San Xosé de A Coruña. “Onte invitáronnos a unha escola primária en A Coruña -di o compositor e co-fundador de A Nova Trova- e de certo pasámolo moi ben: recibiunos unha entusiasta directora e vários mestres, mais no percorrido polas aulas foi a rapazada quen nos levou da man. No primeiro fomos visitar aos máis cativos e conmoveume o mesmo arrecendo de lápis e gomas de borrar daquela escola pública número 5 de San Antonio de los Baños, que me acollera hai un mundo de tempo”.

Nenas e nenos da escola pública Sanjurjo de Carricarte, antenden a trova de Silvio Rodríguez.
Nenas e nenos da escola pública Sanjurjo de Carricarte, antenden a trova de Silvio Rodríguez.

“Lembrei as imaxes que Víctor Casaus filmara mentres eu cantaba “Pioneros” (adiantados) aos cativos da miña escola. Non puiden cantarlles esa peza aos galeguiños porque non che me acordaba, mais lanceime con “El reparador de sueños” xa que, ao cabo, os reparadores de soños sonvos a mesma tropa en toda parte. Para miña sorpresa, mentes cantaba, observei que un dos cativos, entoaba moi baixiño cada verso. Duas raparigas gabábanse de levar o meu apelido, e eu os delas. Tamén reparei que un dos rapaces máis bulidor e contento era de orixe árabe.”

“Onte foi unha desas ocasións preciosas, nas que sentímonos premiados pola maravilla e a naturalidade.”

“Grazas picariños; grazas Coruña.”

“E agora imos para o concerto.”

Silvio Rodriguez engade na súa páxina desta data unha coda sobre Ana Belén Montes: “A presa que mencionéi onte, non é cubana senón portorriqueña. Chámase Ana Belén Montes e foi oficial de alto raango dos servizos secretos estadounidenses. Cuando sabía que estaban a preparar algo malo para Cuba, pasábanos información. Por iso a castigan agora con unha chea de anos de cadea. Hai anos copie aqui coma entrada o seu alegato de autodefensa. Ana Belén Montes. Safounos de moito mal. Liberdade para ela.”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *