Terra Sen Amos – Redacción
Os presidentes das Asembleas Provinciais do Poder Popular reuníronse na Habana para preparar o IV proceso de rendición de contas, do que se espera un diagnóstico completo da sociedade e a economía de Cuba. Na sesión convocada por Esteban Lazo, presidente da Asemblea Nacional do Poder Popular (ANPP) os responsábeis de cada delegación informaron da situación das demandas da poboación que non puideron consignarse no Plano Económico de 2016 e que por motivos diversos levan retraso. A presidencia deu un prazo para entrega dunha proposta de resolución de cada problema ou de explicación publica abonda se o caso non tiver remedio a prazo.
Seguir lendo O Poder Popular censará os problemas de Cuba no IV Proceso de Rendición de Contas