Arquivo da etiqueta: Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil

VINTEDÚAS ORGANIZACIONS POLÍTICAS RECLAMAN EN PONTEVEDRA A LIBERDADE DOS CINCO HEROES CUBANOS E O CESE DO BLOQUEO

Varias organizacións políticas e sociais galegas reclamaron onte en Pontevedra a liberdade para os cinco patriotas cubanos presos inxustamente en Estados Unidos.

Reunidas onte na Praza da Peregrina en Pontevedra, vintedúas formacións esixiron a liberación de Antonio Guerrero, Fernando González, Gerardo Hernández, Ramón Labañino e René González. Valentín Alvite Gándara, presidente da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, relatou o caso dos cinco anti-terroristas no intre de cumpriren quince anos de privación de liberdade en cadeas norteamericanas. Seguir lendo VINTEDÚAS ORGANIZACIONS POLÍTICAS RECLAMAN EN PONTEVEDRA A LIBERDADE DOS CINCO HEROES CUBANOS E O CESE DO BLOQUEO

UNHA CONGRESISTA AMIGA DO TERRORISTA ORLANDO BOSCH PIDE INVESTIGAR A MORTE DE OSWALDO PAYÁ

TERRA SEN AMOS.

O 5 de agosto, nas páxinas do diario El Mundo, Ángel Carromero, dirixente do PP de Madrid, acusa os servizos secretos cubanos da morte dos opositores Oswaldo Payá e Harold Cepero. Carromero, condenado en Cuba a 4 anos de prisión por “homicidio imprudente” no accidente no que morreron ditos opositores, afirma agora que ese accidente foi causado por “un vehículo azul que nos embestiu.”

A Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” ven de publicar un comunicado no que contrasta anteriores declaracións do dirixente do PP coa súa actual acusación contra a xudicatura Cubana, gabada pola representación diplomática española polo rigor e trasparencia do proceso que rematara coa condena de Carromeron. Na escrita da “Francisco Villamil” aparecen con toda claridade que as amizades políticas do dirixente do PP, están implicadas en actos terroristas contra o pobo de Cuba. Seguir lendo UNHA CONGRESISTA AMIGA DO TERRORISTA ORLANDO BOSCH PIDE INVESTIGAR A MORTE DE OSWALDO PAYÁ

Directivos da Francisco Villamil reclaman a Obama a liberdade dos Cinco

Valentín Alvite Gándara, presidente da Asociacion de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, e Xosé Manuel Viqueira Sende, ex-presidente da Asociación e actual membro de Xunta Directiva, entregaron no Consulado dos Estados Unidos en Galiza, situado na cidade da Coruña, unha carta dirixida a Barack Obama na que se reclama a liberdade para os Cinco Anti-terroristas inxustamente detidos nos Estados Unidos.

A misiva foi entregada simultaneamente noutras delegacións dos Estados Unidos en todo o Estado, en nome do Comité Estatal pola liberdade dos Cinco Cubanos presos en EE.UU. presos por loitar contra o terrorismo. O Comité recordaba desta maneira a persistencia da inxustiza cometida contra os Cinco, no 15 aniversario da súa detención e proceso, considerados por todo o mundo coma paradigma de inxustiza. Seguir lendo Directivos da Francisco Villamil reclaman a Obama a liberdade dos Cinco

A “Francisco Villamil” participa na homenaxe a Hugo Chávez celebrada no Consulado de Venezuela en Galiza

Dirixentes sindicais, representantes de formacións políticas da esquerda nacionalista e personalidades da cultura, homenaxearon no Consulado Xeral de Venezuela en Vigo ao líder da Revolución Bolivariana Hugo Chávez Frias, falecido en Caracas dia 5.

A Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, entregou unha carta de condolencia asinada polo seu presidente, Valentín Alvite Gándara á Cónsul Xeral de Venezuela en Galiza, Mónica Chacín.

O presidente da “Francisco Villamil sinala no seu escrito que Chávez “cambiou a folla de calendário da arrogante censura imperial contra Cuba e abriu camiño a una política continental de xustiza e solidariedade, sobre a base das mesmas ideas socialistas que os Estados Unidos combaten a ferro e fouce na Nosa América desde a Guerra Fria e nomeadamente a partir da entrada dos Revolucionários na Habana, no aninovo de 1959”. Seguir lendo A “Francisco Villamil” participa na homenaxe a Hugo Chávez celebrada no Consulado de Venezuela en Galiza

Cuba reforma a súa economia para manter os logros da Revolución

A profesora de Economía da Universidade da Habana, doutora Yailenis Mulet Concepción, explicou en senllas conferencias en Vigo e Compostela as reformas estruturais do modelo estatal cubano, dirixidas a manter e ampliar as conquistas da Revolución.

Os cambios na economía de Cuba son continuidade das reformas dos 90, nun contexto nacional e internacional diferente e están encamiñadas ao equilibrio orzamentario sen prexuizo do modelo público da economía. Receben o nome de “nova reforma” ou “actualización” e ten como principais obxectivos unha nova apertura ao traballo por conta propia, a expansións das cooperativas, maior autonomía da empresa estatal, a ampliación e modificación do sistema tributario, cambios no sistema público de protección do paro, a unificación de moedas, a flexibilización dos mercados de oferta e demanda agrícolas, a liberalización de certos intercambios no mercado interno e un aumento da autonomía dos gobernos provinciais e locais. Seguir lendo Cuba reforma a súa economia para manter os logros da Revolución