Belarmino Vázquez-Terra Sen Amos
Algúns apurados enterradores do bloqueo de EUA contra Cuba, levan a súa impaciencia a culpar a Revolución de falla de decisión e de tentación autárquica, logo de pretenderen que EUA agasallounos cun novo trato por cordiallidade democrática. Por exemplo “A Cuba post-bloqueo: nostalxia ou esperanza”, do suplemento “A Fondo” de Sermos Galiza de 12.03.15, trata a situación de Cuba depois de EUA propor o restablecimento de embaixadas. O argumento inicial ou proposta editorial do monográfico, que leva o lema “en profundidade” é que Cuba precisa “repensar o modelo” e “innovar para subsistir”, un desafío que Xulio Rios, autor do texto, chama “difícil tesitura para a supervivencia” con recomendacións que non deixan espazo para a dúbida: “buscar a eficiencia e a asunción social de responsabilidades poñendo fin ao paternalismo” ou “asumir a necesidade de experimentar fórmulas que permitan avanzar cos tempos”. A mundialmente recoñecida orixinalidade dunha Cuba pobre e sitiada, a súa capacidade para manter independenza (o Goberno Revolucionario conserva intocada a dirección do Estado e da economía dende 1959) e o seu manifesto éxito diplomático fronte un adversario armado, rico e decidido a acabar a illa por fame, son recoñecidas nun breve consello a “non perder de vista o valor das experiencias propias”, mentres encarécenlle aprender “dos procesos de transformación doutras economías planificadas”. Tratamos de identificar as oportunidades presuntamente ofrecidas a Cuba no tempo actual: por exemplo a citada “afirmación dunha orde multipolar” configuradora “da emerxencia de novos actores que poxan polo recoñecemento da diversidade”. Se por acaso refírese á defensa da independencia da RBV, por exemplo, o dereito a se gobernar en Democracia élle negado por EUA, con claro desprezo a 19 consultas, e apenas ten menos importancia a presión imperial sobre a República Arxentina e o Brasil, paises ricos en recursos e nada a ver con Cuba á que “A Fondo” recomenda “habilidade e atrevemento a todos os níveis”. A proposta de “transcender o numantinismo” (sic) suxire unha Cuba voltada para a autarquía para se defender do fin do bloqueo, á que chaman “tentación de odisea autárquica”, cando é máis certa a permanencia concreta do bloqueo, como proba a execución en 13.03.15 dunha sanción ilegal de EUA de 1.710 millones de dólares ao Comerzbank alemán por “violación das sancións sobre transacciones con Cuba e outros países tamén bloqueados. É argumento da Prensa conservadora española (un sistema de información reaccionario e sen crítica de difusión semellante) que a teimosa Cuba socialista ven de recibir unha lección de apertura da democrática EUA, cando a realidade é plenamente inversa: Cuba con infinitamente menos medios ca o Imperio, defendeu a súa independencia con graza, intelixencia e valor. Tal descreben, por exemplo Nelson Mandela, Salim Lamrani, Ángela Diez, Helen Yaffe, Steve Ludlam, Itsván Meszaros, Ignacio Ramonet, Fernando Martínez Heredia, Don Fitz ou Piero Gleijeses entre outros, que suman o seu criterio ao da maioría da Asemblea da ONU. Autores, personalidades e institucións que ponderan a inventiva, habilidade diplomática e valentía de Cuba e do seu pobo para non seren colonizados e salvar o seu proxecto de goberno soberano en paz e igualdade.
Arquivo da etiqueta: Don Fitz
ENCONTRO DO EMBAIXADOR DE CUBA COA FRANCISCO VILLAMIL EN COMPOSTELA
“Os cambios que está a facer Cuba na súa economía, diríxense a reforzar o socialismo e teñen como límite o equilibrio social”, dixo Eugenio Martínez Enríquez, embaixador de Cuba, nunha reunión en Santiago coa xunta directiva e socios da Asociacion de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”. Eugenio Martínez foi presentado polo cónsul xeral, José Antonio Solana.
O Embaixador acudiu a Galiza para ultimar co presidente da Autonomia o programa da visita institucional a Cuba, decembro vindeiro, e deu conta á Asociación das importantes transferencias de xestión previstas para 2014, centradas nun aumento importante da cooperativización e do comercio privado, a realizar sobre a propiedade socialista dos medios de produción que vai ser preservada. Seguir lendo ENCONTRO DO EMBAIXADOR DE CUBA COA FRANCISCO VILLAMIL EN COMPOSTELA