Facendo balance dun ano de conversas con Cuba, Obama salienta os pasos dados nas viaxes e na comunicación bilateral e anuncia un aumento da opinión contra o Bloqueo na maioría republicana da Cámara, no que se apoia para prever que o cerco será historia nunha data non lonxana. Nunha entrevista de aniversário concedida a axéncia de prensa de Yahoo, o presidente declárase satisfeito do restablecimento de embaixadas, despois de 54 anos de belixeráncia unilateral, das viaxes a Cuba e das visitas á illa do chanceler John Kerry, da ministra de Comercio Penny Pritzker e do ministro de Agricultura Tom Vilsak.
Un ano depois de reiniciar o diálogo con Cuba, Obama anuncia que o Bloqueo non durará.
Iroel Sánchez – Al Mayadeen Hai ben de países nos que o parlamento está controlado por unha maioría opositora ao governo. Non recordo esa circunstancia ter desatado unha campaña de prensa global, mobilizado o governo de EEUU, seus aliados, líderes políticos e ex presidentes, como temos visto nas eleccións recén celebradas en Venezuela para a Asemblea Nacional.
Maduro, coma Obama, vai governar sen maioría no lexislativo.
Nacendo a República de Cuba eivada e maltreita polos Estados Unidos, entre xurdíos parlamentos pronunciados na Habana, vinte de maio de 1902, salientan dúas frases de William Jennings Bryan, populista do Partido Demócrata e membro (xunto a Mark Twain) da entón chamada Liga Antimperialista: “Fíxonos Deus veciños: fáganos amigos a Xustiza”. Como César Vallejo escribira nun poema famoso, isto non foi posible. Ondea hoxe na Habana a bandeira de Estados Unidos e, por primeira vez na historia de ambos países, ábrese a posibilidade real dun futuro de boa veciñanza. Tanto en maio de 1902 como en xullo de 2015, a clave do fracaso ou éxito desas relacións, é a Xustiza. Mal que o recache a poderosa prensa occidental, Cuba obrigou Estados Unidos a negociar. Ese diálogo en igualdade, atinxido a un prezo tan alto e sacrificado para o pobo cubano, é unha vitoria inédita na historia das Américas. Un dos obxectivos do bloqueo fora evitar justamente o que agora sucede: o diálogo en bases soberanas. No pasado, cando Estados Unidos e seus aliados falaban de “diálogo” con Cuba, o que de verdade querían, era impor as condicións da capitulación cubana, que queiras que non. Nisto fracasaron.
O restablecemento da embaixada de Cuba en Washington, foi acollido con mostras de apoio,
A presidencia norteamericana di que o Bloqueo é absurdo, e ao tempo eleva a máximos históricos as multas por comerciar con Cuba. Todas as forzas comprometidas no remate do inhumano e interminábel cerco contra o povo cubano, denuncian a incoheréncia mentres os republicanos de Washington ven no dobre discurso de Obama un recurso do presidente contra a maioría do Congreso, contraria á apertura con Cuba. A Casa Branca procura mover a opinión dos grupos de presión mediante un aumento extraordinário de sancións contra empresas de todo o mundo por comerciaren con Cuba. A banca francesa BNP Paribas foi obrigada a pagar 6.500 millóns de euros a Estados Unidos por ter servido de intermediaria financeira coa administración cubana; de a pouco, o banco Crédit Agricole recibiu unha sanción de 694 millóns de euros por admitir un pago en dólares dende Cuba. O peso da Lei Helms-Burton caeu tamén sobre Banca Morgan, por unha imputación semellante e contra innúmeros provedores. Tres meses antes do histórico anuncio de 17 de nadal de 2014, o presidente estadounidense renovara a inxeréncia contra Cuba ao amparo da Lei de Comercio co Inimigo, de 1917. Obama repite de feito un esquema clásico da coerción imperial norteamericana no que obriga a convivir a reconciliación formal coa dilación, a escalada e o ultimato, como sucedeu por acaso cos criminais Bombardeos de Nadal contra Vietnam do Norte en 1972, cando xa o FNL fora invitado ao diálogo constructivo. Disparando con multas contra os grupos de capital da maioría republicana do Congreso, Obama agrava o Bloqueo e agranda o aillamento de EUA denunciado por Kerry, que presuntamente debería remediar o cambio da política para Cuba.
Raúl anúncia na TV Cubana o restablecemento de relacións diplomáticas cos EUA, decembro de 2014.
O chanceler Bruno Rodríguez afirmou hoje que apesar das medidas anunciadas pelo presidente Barack Obama, nos últimos anos se recrudesceu o bloqueio econômico, comercial e financeiro dos Estados Unidos contra Cuba. “Apesar das medidas anunciadas pelo presidente Barack Obama em 17 de dezembro de 2014, e sua declarada disposição em envolver-se em um debate com o Congresso para suspender o bloqueio, as leis e regulamentações que sustentam esta política continuam vigentes e são aplicadas com todo rigor pelas agências do governo dos Estados Unidos”, indicou Rodríguez em coletiva de imprensa.
Cubanos residentes en Washington, acompañados de homes e mulleres de Arxentina, Brasil, Canadá, Colombia, Salvador, Perú, Porto Rico, Timor Leste e República Dominicana, manifestáranse perante o Capitolio de Washington contra o Bloqueo e visitaron 30 oficinas de membros da Cámara de Representantes.